Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • O Sergas potenciará o uso da intelixencia artificial para mellorar a saúde dos galegos
    O Sergas potenciará o uso da intelixencia artificial para mellorar a saúde dos galegos, levándoa a novos campos como á imaxe de anatomía patolóxica ou para a detección da retinopatía diabética en tempo real. O vindeiro ano vaise empregar a intelixencia artificial na imaxe de anatomía patolóxica, unha vez que neste ano 2024 xa se adquiriron os escáneres para dixitalizar as mostras, nos que se investiu 4 millóns de euros, xunto coas estacións de diagnóstico, ás que se destinou 1 millón de euros. Tamén se adquiriron un total de 184 ecógrafos ultraportátiles con intelixencia artificial integrada.
  • A comercializadora de RDG venderá o 100% da enerxía en Galicia, con descontos do 50% para os veciños das zonas próximas aos proxectos renovables
    RDG Comercializadora Galega de Enerxía venderá o 100% da enerxía a consumidores galegos, tanto particulares como empresas e industrias, sempre a un prezo máis barato que o prezo de mercado, que se poderán beneficiar dun desconto medio do 50% sobre o prezo do mercado no caso da veciñanza que vive próxima a infraestruturas de xeración renovable. No caso dos particulares, os primeiros beneficiarios destas condicións estarán nun radio próximo a onde estea instalado, por exemplo, un parque eólico, ou mesmo en concellos limítrofes. No que respecta ás empresas e industrias, o obxectivo é democratizar o acceso a un prezo eléctrico máis competitivo, para o cal a comercializadora ofrecerá contratos de compravenda de enerxía a longo prazo (PPA) a todo tipo de empresas.
  • Galicia recibiu este verán máis de 2 millóns de viaxeiros e experimentou un incremento da rendibilidade hoteleira do 8%
    A Comunidade galega rexistrou este verán máis de 2,15 millóns de viaxeiros aloxados, que realizaron 4,8 millóns de noites, mantendo as cifras de viaxeiros doutros anos de xeito cuantitativo, pero sobre todo medrandos de xeito cualitativo, aumentando os días nos que os turistas quedaron en Galicia, repartindo a súa chegada polos concellos galegos e aumentando a rendibilidade do sector hoteleiro. Nalgúns xeodestinos como a Mariña lucense, houbo un aumento de 66.000 viaxeiros no sector hoteleiro e un crecemento do 10%; a Ribeira Sacra, con máis de 41.000 viaxeiros e un crecemento do 27% ou Trevinca-Valdeorras, que medrou un 22%.
  • Avanza a elaboración do novo Plan galego de Investigación e Innovación 2025-2027
    O Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 ten entre os seus obxectivos acadar unha maior eficiencia e impacto das accións impulsadas desde a Administración para o impulso da investigación, a transferencia, a valorización e a innovación en Galicia; a coordinación dos sistemas de I+D+i e dos recursos dispoñibles, favorecendo a colaboración público-privada; a coordinación da Comunidade Autónoma nos plans e programas nacionais e internacionais, o fomento da innovación e da súa xestión e a medición e avaliación dos resultados acadados en relación cos obxectivos propostos.
  • Os hoteis galegos incrementan en agosto un 8,5% a súa rendibilidade e medran por riba da media española
    Os hoteis galegos incrementaron o pasado mes de agosto un 8,5% a súa rendibilidade e acadaron máximos históricos de ingresos hoteleiros, ata chegar aos 81,6M euros nese mes, cifra un 6% superior ao ano pasado. Así se desprende dos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O segmento hoteleiro rexistrou en concreto, preto de 768.000 viaxeiros aloxados e 1,7 millóns de noites, en ambos casos máximos da serie histórica e cifras que superan os valores do mesmo mes do ano pasado nun 6,6% e nun 3,5% respectivamente. Supón tamén que os hoteis e pensións medraron en agosto por riba da media española.
  • O embaixador de España ante a Unesco recibe o primeiro expediente da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, fixo hoxe entrega en París ao embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, do primeiro avance do expediente da candidatura Paisaxe da auga: Ribeira Sacra de cara a acadar en 2026 o recoñecemento como Patrimonio Mundial. Trátase dun trámite necesario para avanzar no futuro do territorio para obter o máximo recoñecemento da Unesco. 'Estamos a dar os pasos precisos e cumprindo cos trámites establecidos para ter este recoñecemento', aseverou o titular de Cultura do Goberno galego, tras o encontro na capital de Francia co embaixador de España ante a Unesco, no que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez.
  • A Coordinadora Galega de Festivais de Cinema e o Galician Film Forum levan o cine galego ao London Spanish Film Festival
    O cinema galego volve contar cunha sección propia no London Spanish Film Festival, denominada Letters from Galicia, para exhibir na capital británica algunhas das producións do cinema galego máis recente. A Xunta de Galicia colabora coa asociación Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, e a plataforma Galician Film Forum nesta segunda edición da iniciativa ao abeiro do certame londiniense, que se desenvolve ata o día 25. Letters from Galicia acollera as proxeccións de O Corno (2023) e o documental Salvaxe, Salvaxe (2024), ademais dunha selección de curtas.
  • Galicia e Portugal conmemoran unha década de cooperación científica e académica
    Como unha experiencia transfronteiriza de éxito e como un exemplo dos froitos que dá fomentar a colaboración internacional no eido do coñecemento. Así se presentou este mércores no campus de Ourense o programa Iacobus, iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-norte de Portugal que fomenta a cooperación científica e o intercambio de persoal docente, investigador e de administración e servizos do ámbito da educación superior galega e portuguesa. Cando se compren dez anos da súa posta en marcha, o programa celebrou en Ourense o seu primeiro congreso reunindo a autoridades e participantes nesta iniciativa.
  • Galicia contará cunha oficina de transferencia de coñecemento para o sector biotecnolóxico
    O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou que a Xunta impulsará a creación da primeira oficina de transferencia de coñecemento -testada como un piloto- centrada no sector biotecnolóxico e compartida por todos os axentes de I+D+i para converter Galicia nunha biorrexión de referencia. Fíxoo durante a clausura do acto de presentación do balance intermedio da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia 2021-2025, co que se busca achegar aos asistentes o traballo realizado neste eido para impulsar o papel da comunidade a nivel internacional.
  • Galicia logra o aval da UE á Lei de administración ambiental como vía para simplificar a tramitación de proxectos enerxéticos e industriais claves
    A Comisión Europea (CE) avala a decisión da Xunta de impulsar a Lei de administración ambiental simplificada de Galicia como un instrumento normativo que reforce a seguridade xurídica tanto desde o punto de vista dos promotores como das administracións públicas e permita axilizar, sempre con plenas garantías medioambientais, a tramitación de novos proxectos de desenvolvemento enerxético e industrial que resulten claves para o futuro da comunidade. Así o anunciaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, logo de que o Consello tomase hoxe razón dos resultados da rolda de contactos que mantivo a semana pasada en Bruxelas a responsable autonómica.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información