Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • Galicia e o Norte de Portugal apostan pola cooperación transfronteiriza no ámbito da economía azul
    Galicia e o Norte de Portugal defenden a cooperación transfronteiriza en tódolos sectores vinculados ao mar e á actividade marítima. Así o explicou a subdirectora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Graça Fonseca, nunha mesa redonda online con máis de 150 participantes na que incidiu no compromiso da institución coa cooperación no ámbito da economía azul. A mesa redonda celebrouse no marco do Business2Sea 2020, organizado por Fórum Oceano e o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar coa colaboración da AECT da Eurorrexión.
  • España selecciona a candidatura da Ribeira Sacra a reserva da biosfera para elevala ante a Unesco para o seu ditame definitivo
    A candidatura a reserva da biosfera da Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel acaba de superar o último trámite para poder someterse o próximo ano ao ditame definitivo da Unesco. Así o anunciou esta mañá en Chantada a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, pouco despois de que lle comunicaran que o Comité Español do Programa Home e Biosfera (MaB) acababa de darlle o visto bo por unanimidade ao expediente remitido pola Xunta hai un ano.
  • As tres universidades galegas colaborarán coa Xunta e o sector turístico no deseño do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro
    Expertos e expertas das tres universidades galegas están a traballar coa Xunta e o Clúster Turismo de Galicia nas bases do novo Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro, co que o executivo autonómico pretende facer fronte á covid-19 e reactivar o sector turístico. Concretamente o Plan, presentado hoxe en Santiago de Compostela polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, busca recuperar a confianza dos viaxeiros a través dun modelo turístico sustentable e de calidade e que sitúe a Galicia ademais como un destino seguro que ofrece un turismo tranquilo e non masificado.
  • Galicia e o Norte de Portugal apostan pola cooperación transfronteiriza para facer fronte ao escenario poscovid-19
    O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co novo presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), António Cunha, para fomentar a cooperación transfronteiriza co obxectivo de afrontar a nova realidade poscovid-19 a través do traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión e de proxectos conxuntos. Ao encontro tamén asistiu o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.No encontro abordouse a importancia de avanzar na posta en marcha do Plan de Reactivación da Cooperación de Proximidade na Fronteira do Norte de Portugal con Galicia.
  • BioIncubaTech fai de Galicia un polo de atracción biotecnolóxico internacional
    A Comisión de Dirección Operativa de BioIncubatech fixo públicos os nomes das propostas seleccionadas na súa segunda convocatoria para formar parte desta bioincubadora de alta tecnoloxía. Son 21 proxectos ou pemes, doce pertencentes ao sector da saúde e nove ao agroalimentario. En total, recibíronse unha trintena de propostas chegadas de todo o mundo e aprobouse a entrada de seis proxectos internacionais. Dous dos proxectos proceden do Reino Unido, dous de Portugal, un de México e un da República Checa. Algúns proceden de centros de investigación de referencia internacional, como a University College de Londres ou o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía.
  • O Polo Aeroespacial de Galicia acolle as probas finais de voo do Targus, o avión opcionalmente pilotado
    A Xunta e a compañía Indra deron comezo ás probas de voo finais do Targus, o avión opcionalmente pilotado (OPV) civil máis avanzado desenvolto ata a data en España no marco do Polo Aeroespacial de Galicia. A aeronave está preparada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección medioambiental e do territorio e control de usos do solo, entre outras aplicacións. A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, acudiu ao Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas, en Lugo, para comprobar os traballos que se están realizando co dron. Os pasados meses de xuño e xullo, o Targus xa completou unha primeira serie de probas nas que demostrou a súa capacidade para ser pilotado en remoto desde terra e voar de forma autónoma.
  • O XXII Seminario Hispano-Luso de Economía Empresarial reúne on-line a 200 participantes
    Este xoves e venres organízase desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense o XXII Seminario Hispano-Luso de Economía Empresarial, iniciativa do Círculo Ibérico de Economía Empresarial (Cibecem). A cita, que se celebra a través do Campus Remoto da UVigo debido á situación sanitaria provocada pola covid-19, está considerada como punto de encontro anual das e dos investigadores no eido da economía empresarial das universidades da raia lusa e española e conta coa participación de arredor de 200 persoas.
  • Galicia recibiu en setembro case o 5% do turismo estranxeiro que chegou a España
    Galicia recibiu no mes de setembro 56.100 turistas estranxeiros, que representaron un 4,9% do total do turismo procedente doutros países que recibiu o noso país, segundo se recolle no último informe do INE sobre Movementos Turísticos en Fronteira (Frontur). A cifra supón unha contracción de case o 70% na chegada de turistas estranxeiros respecto a setembro de 2019 como consecuencia das limitacións de mobilidade producidas pola pandemia. A menor dependencia deste mercado fixo unha vez máis que o comportamento da demanda turística galega volvera ser mellor ca no conxunto de España.
  • Galicia rexistrou un descenso do 60% nas pernotacións o mes pasado debido á influencia da covid-19 fronte ao 78% do conxunto de España
    O turismo galego resistiu mellor o mes de setembro que o conxunto de España, cun diferencial positivo de 18 puntos nas pernoctacións, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Así, se en Galicia o descenso das noites en establecementos hoteleiros baixou un 60% respecto ao mesmo mes do ano pasado, na media nacional a baixada acadou o 78%. Galicia segue a conter a caída xeneralizada, ao igual que nos meses de xullo e agosto, nos que se situou 24 por debaixo que a nivel nacional. En canto á ocupación hoteleira, a influencia da covid-19 supuxo un descenso interanual de arredor de 27 puntos, pero en España a baixada foi 14 puntos superior ao caer máis dun 40%.
  • A Xunta remite ao Goberno unha proposta de reforma da Lei Orgánica de Saúde para loitar contra a covid-19
    Alberto Núñez Feijóo confirmou na rolda de prensa do Consello que a Xunta vén de remitir ao Executivo central unha proposta de reforma da Lei Orgánica de Saúde para loitar contra a covid-19, e que contará cun catálogo de medidas e os requisitos que se deben dar para poder adoptalas. Durante a súa intervención, incidiu en que as Administracións autonómicas precisan de mecanismos útiles e efectivos para exercer as súas competencias; e ese instrumento non é o estado de alarma, facendo fincapé en que “o estado de alarma é unha medida excepcional e que non resulta adecuado acudir a ela para un control sistemático e diario da epidemia”.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información