Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • Inaugurada a mostra 'Convidadas: dúas miradas de Zuloaga' en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
    A mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga estará aberta ao público ata o vindeiro 23 de febreiro de 2025 na sala cinco do Museo de Belas Artes da Coruña. As obras seleccionadas son dous retratos do artista Ignacio Zuloaga (1870-1945), pintados ambos en París en 1912, que exemplifican o seu amplo labor como retratista. Son dúas figuras femeninas, o Retrato da señora Mlinowska, a Rusa, e A bailaora Antonia, a galega, que ofrecen dúas visións diferentes da maneira de concibir a imaxe da muller por parte de Zuloaga.
  • Galicia reclama que as rexións sigan tendo un papel relevante na planificación e xestión dos fondos europeos
    O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR). Na súa intervención no debate sobre a política de cohesión posterior a 2027, reclamou que as rexións sigan tendo un papel relevante na planificación e xestión dos fondos. Gamallo explicou que Galicia está aberta á simplificación desta política dende un enfoque baseado no rendemento, pero loitará por preservar os programas rexionais dos fondos europeos.
  • A Xunta participa no desenvolvemento dun corredor tecnolóxico transfronteirizo de mobilidade de hidróxeno renovable
    Celebrouse un acto divulgativo sobre o desenvolvemento dun corredor tecnolóxico transfronteirizo de mobilidade de hidróxeno renovable no que colabora o Goberno galego. O obxectivo desta iniciativa que leva por nome Hi MOV é o de impulsar en Galicia e Portugal unha cadea de valor arredor do hidróxeno verde. O acto tivo lugar nas instalacións do Cetmar en Vigo e serviu para que os socios do proxecto compartiran experiencias e propostas. Participan no proxecto o CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia), outros tres centros tecnolóxicos como EnergyLab, PIEP e CEiiA, e as universidades de Santiago de Compostela, Minho e Porto.
  • O Centro Dramático Galego avanza nos proxectos en común coa escena portuguesa na estrea do clásico de Gil Vicente 'Frágua de amor'
    O Centro Dramático Galego participa na estrea en Coímbra de Frágua de amor, a última das novas coproducións previstas para este outono e impulsadas durante este 2024, coincidindo coa celebración 40º aniversario da compañía pública. Na liña de internacionalización que leva desenvolvendo a unidade teatral da Xunta nos últimos anos, a montaxe da peza deste clásico da literatura portuguesa verá a luz no Teatro Académico de Gil Vicente (TAGV), onde permanecerá en cartel ata o sábado día 16. Frágua de amor, de Gil Vicente, está coproducida polo Centro Dramático Galego xunto a seis estruturas culturais lusas: Escola da Noite-Grupo de Teatro de Coímbra, O Bando de Surunyo, Artway, Cendrev-Teatro García de Resende, Teatro Académico de Gil Vicente e Teatro Nacional São João.
  • Ponse en marcha a detección de tres novas enfermidades no cribado neonatal galego, que permite detectar 37 patoloxías conxénicas
    Incorpóranse a adrenoleucodistrofia ligada ao cromosoma X (X-ALD), a mucopolisacaridiose tipo I (MPS I) e a enfermidade de almacenamento de glicóxeno tipo II (Pompe) para poder diagnosticalas e comezar os tratamentos antes de que os síntomas sexan clinicamente evidentes. En particular, a adrenoleucodistrofia ligada ao cromosoma X (X-ALD), cunha prevalencia de 1 caso por cada 17.000 nacementos, pode provocar déficits neuropsiquiátricos e insuficiencia suprarrenal. A mucopolisacaridiose tipo I (MPS I), cuxa prevalencia se estima en 1 caso por cada 50.000 nacementos, pode provocar discapacidade intelectual grave e, sen tratamento, os pacientes falecen antes da primeira década de vida.
  • Galicia busca na WTM London incrementar o mercado internacional que xa supera o 30%
    Turismo de Galicia está presente estes días na World Travel Market (WTM) London cunha proposta de destino diversifIcada, que busca a desestacionalización e atraer máis turismo internacional que, na actualidade, representa o 30% da demanda galega. A WTM London está considerada como unha das feiras de maior repercusión a nivel mundial na que están representados máis de 5.000 destinos. A #WTM London abreu hoxe as súas portas e xa estamos a recibir un amplo volume de visitas. O mercado británico, quinto en visitantes e tamén en peregrinos, interésase polo noso patrimonio, a enogastronomía, o turismo urbano e a paisaxe.
  • Galicia acada niveis históricos en turismo internacional cunha suba do 3,5%
    O sector turístico de Galicia está a rexistrar un crecemento continuo e estable este ano que se traduce nas cifras de visitantes e estadías acadadas desde xaneiro a setembro. Segundo os datos feitos públicos hoxe polo INE, nesta evolución positiva adquire un peso importante o turismo internacional con 2,2 millóns de viaxeiros aloxados, o que supón un incremento do 3,5% con respecto ao ano pasado, rexistrando ademais 3,4 millóns de noites. Ambas cifras supoñen máximos da serie histórica neste período. No que atinxe ao comportamento acumulado, 6 millóns de viaxeiros aloxáronse en Galicia desde xaneiro a setembro, facendo algo máis de 11,3 millóns de noites en establecementos de aloxamento, rexistrando tamén incrementos do 1,9% e 0,7%, respectivamente.
  • Galicia aposta por dar máis voz ás rexións no proceso lexislativo comunitario para que poidan anticiparse aos retos de futuro
    O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na 11ª Conferencia sobre a Subsidiariedade do Comité Europeo das Rexións (CdR), organizada conxuntamente co Grupo Director sobre a Mellora da Lexislación e a Subsidiariedade Activa (BRASS-G), co título Lexislar mellor e subsidiariedade activa: claves para unha UE eficaz. Gamallo defendeu a prospectiva estratéxica como ferramenta diferenciada para lexislar mellor nas rexións. A súa principal diferenza é que profunda nas tendencias a longo prazo, nas incertezas e nos escenarios alternativos. Estes métodos, explicou o director xeral, permiten aos responsables da toma de decisión ir máis alá do horizonte político inmediato e tomar mellores decisións políticas a longo prazo.
  • As universidades do suroeste europeo, a Xunta e NTT Data porán en marcha un Laboratorio TIC en Galicia
    A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE), a Xunta de Galicia e a multinacional tecnolóxica NTT DATA presentaron unha proposta de colaboración para a posta en marcha dun Laboratorio TIC en Galicia, que se constituiría como unha plataforma de servizos avanzados para desenvolver, entre outros, proxectos de dixitalización emblemáticos. O Laboratorio TIC desenvolveríase como Unidade Mixta posta en marcha pola Xunta de Galicia e planéase como un modelo de negocio para o sector turístico de colaboración público-privada e unha plataforma tecnolóxica de servizos avanzados, con acceso a tecnoloxías e capacidades dixitais de vangarda.
  • Os hoteis galegos rexistran en setembro un record de viaxeiros e incrementan a súa rendibilidade un 8,6%
    Os hoteis galegos rexistraron o pasado mes de setembro máis de 632.000 viaxeiros aloxados que fixeron 1,15 millóns de noites, o que supón un incremento do 5,9% e 4,2% respectivamente con respecto a 2023. En canto ao impacto económico, tamén se rexistrou un incremento da rendibilidade hoteleira que sobe 8,6% con respecto ao ano pasado e estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos de 51,6 millóns de euros, un 7,8% en relación co 2023. Así se desprende dos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que indican que Galicia supera en ocupación hoteleira os rexistros previos á pandemia, nun 10,9% e que volve medrar por riba da media española.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información