Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • Galicia pecha a presidencia da comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal, que captou da Unión Europea 163 millóns de euros para a posta en marcha de 85 proxectos
    Galicia, que preside agora este organismo interrexional, pasará nos vindeiros días a testemuña a Portugal. Neste período, a comunidade transfronteiriza traballou no seu obxectivo principal de consolidar a Eurorrexión, pero tamén centrou os seus esforzos na dinamización económica, a cooperación ambiental, a cooperación para o desenvolvemento das infraestruturas e da mobilidade, a cooperación para a proximidade e o desenvolvemento de proxectos conxuntos nas áreas de cultura, educación e turismo.
  • Galicia e as demais comunidades cantábricas avaliarán a proposta de ecoesquemas da PAC que presentará o Ministerio de Agricultura
    Galicia e as demais comunidades autónomas da Cornixa Cantábrica (Asturias, Cantabria e País Vasco) analizarán polo miúdo a proposta de ecoesquemas que presentará o Goberno Central e realizarán as alegacións oportunas para defender os intereses dos nosos agricultores e gandeiros e para garantir que estas axudas ambientais contemplen as particularidades da España húmida. Así o acordaron esta mañá os representantes destas autonomías na reunión por videoconferencia co secretario general de Agricultura y Alimentación, Fernando Miranda, sobre Arquitectura Ambiental do Plan Estratéxico da PAC.
  • Galicia recibirá a metade dos fondos repartidos entre as Comunidades Autónomas no marco do futuro Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura
    A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Pesca na que se aprobaron os criterios de reparto do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa) para o período 2021-2027 entre os organismos intermedios de xestión da Administración Xeral do Estado e as comunidades autónomas. Nesa distribución a Galicia correspóndenlle preto da metade dos fondos repartidos entre as comunidades -excluída Canarias, que conta cun plan de compensación específico- con máis de 366 millóns de euros dos arredor de 735 millóns de euros outorgados aos Executivos autonómicos.
  • O 95% das persoas que realizaron o Camiño de Santiago durante 2020 recomendan facelo
    Se ben a pandemia reduciu drasticamente o número de persoas que realizaron o Camiño de Santiago o pasado ano, segundo un estudo do impacto da COVID-19 no perfil do peregrino, a satisfacción coa experiencia de realizar o Camiño segue sendo moi alta: o 95% dos peregrinos enquisados durante o período de verán do pasado ano recomendarían facer o Camiño. Tamén valoran positivamente a información dispoñible e a percepción da seguridade sanitaria, eidos nos que maioritariamente perciben unha alta seguridade sanitaria. Concretamente un 70% das persoas consideran que, en conxunto, a sensación de seguridade ao longo do camiño foi alta ou moi alta.
  • O Parque Nacional das Illas Atlánticas promoverase este verán como destino turístico 'Starlight' con actividades gratuítas de observación astronómica
    O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia volve albergar un verán máis unha completa programación de actividades astronómicas co obxectivo de diversificar o seu uso público e dar a coñecer entre os visitantes unha parte destacada dos seus recursos naturais: o ceo. Por quinto ano consecutivo, a Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía encargarase de dirixir e coordinar as distintas accións de dinamización previstas para difundir os valores que desde o ano 2016 acreditan a este espazo natural como destino turístico Starlight. Fegar contará coa colaboración e apoio do persoal do Parque no desenvolvemento das actividades, de carácter gratuíto e dirixidas a distintos sectores da poboación.
  • Concedidas as Medallas Emilia Pardo Bazán a Marijé Díaz, Zaza Ceballos e á Asociación Mirabal
    A fundadora e presidenta entre 2001 e ata o seu falecemento en 2009 da Asociación Alar de Galicia, María Jesús Díaz Sánchez; a produtora, escritora e directora de cine, Zaza Ceballos; e a Asociación Mirabal recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán na terceira edición destes premios. O xurado vén de fallar estes galardóns cos que a Xunta recoñece o labor a favor da igualdade de oportunidades para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade. María Jesús Díaz, máis coñecida como Marijé Díaz, recibirá a medalla a título póstumo.
  • Galicia pasa a formar parte do proxecto europeo New Bauhaus
    Galicia pasa a formar parte dun proxecto interdisciplinar elaborado pola Comisión Europea, no que o Servizo Galego de Saúde actuará como socio oficial da New Bauhaus, sendo un dos 14 representantes españois que participarán na definición, acompañamento e deseño da Nova Europa. A New Bauhaus representa un espazo de encontro que ten por obxecto deseñar novos xeitos de vivir, nos que mesturan a cultura, a arte, a ciencia, a inclusión social e a tecnoloxía, dando lugar a un futuro máis sostible, mediante o esforzo colectivo. Coa súa incorporación a este proxecto comunitario, a Xunta de Galicia ratifica a súa aposta por formar parte dese diálogo entre persoas de diferentes culturas, disciplinas, xéneros e idades.
  • Galicia, á vangarda no descubrimento temperá de fármacos
    O ámbito de descubrimento de fármacos no que traballan a Fundación Kærtor e a Plataforma de cribado de fármacos e farmacoxenómica Innopharma da USC forma parte, na actualidade, da candidatura galega da Xunta de Galicia, xunto a Grupo Zendal e a Corporación Hijos de Rivera, aos fondos europeos Next Generation. Iniciativas como I2D2 (Incubation Innovation in Drug Discovery) ou Cancro Innova son dous dos exemplos máis significativos do éxito deste modelo de colaboración en innovación aberta para conectar a investigación coa súa aplicación.
  • Celebrado o acto de entrega das bandeiras azuis 2021, 155 galardóns que reforzan a imaxe de Galicia como destino seguro, de calidade e sustentable
    Os areais galegos reciben en total 111 bandeiras azuis -catro máis que o ano pasado-; os portos deportivos 11; e para premiar as iniciativas a prol da educación ambiental e o mantemento de sendas naturais de especial relevancia, resultaron galardoados tamén 13 centros azuis e 20 sendeiros, situándonos no primeiro posto nacional en canto a estes itinerarios que contribúen ao uso sostible do litoral. Así, un ano máis, Galicia mantense nos primeiros postos de toda España, cunha de cada cinco de todas as distincións nacionais. Un dato aínda máis relevante se se ten en conta que España lidera o ránking mundial de bandeiras azuis.
  • Galicia duplica as exportacións con respecto a maio do ano pasado e medra o dobre que a media estatal
    Galicia segue a recuperar os resultados positivos das súas vendas ao exterior. Unha tendencia que xa comezou a reflectirse nos últimos meses do ano, e que se consolida agora nos primeiros meses deste exercicio. Así, e como amosan os últimos datos dispoñibles, as exportacións galegas de maio duplicáronse con respecto ao mesmo mes do ano anterior (+109,7%), permitindo acadar nesta ocasión os 2100 millóns de euros. Un dato, que sendo bo, mellora en comparación co total de España. No conxunto do Estado, as exportacións en maio medraron á metade de ritmo que en Galicia: a media nacional de crecemento neste mes con respecto ao mesmo período do ano pasado sitúase nun 55,3%.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información