Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • Galicia asume a coordinación da España Verde co obxectivo de potenciar o Camiño como eixo vertebrador do norte peninsular
    Galicia potenciará o Camiño de Santiago como eixo vertebrador das comunidades que conforman a marca España Verde e como exemplo do seu modelo turístico, baseado na calidade e a sustentabilidade. Nun acto celebrado en Fitur, escenificouse o traspaso de poderes do País Vasco a Galicia, que neste 2020 asume a coordinación das actividades desta marca turística que integra a Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco. A aposta por un turismo de calidade permite ás comunidades que conforman este proxecto avanzar en eixos estratéxicos como a descentralización de fluxos ou a desestacionalización da demanda, así como mellorar as súas variables turísticas.
  • Galicia contará cunha Unidade Mixta de Investigación especializada na xestión do espazo aéreo de vehículos non tripulados
    Cun investimento de preto de 2,2 millóns de euros, AIRUS servirá para reforzar a aposta de Galicia polo sector aeroespacial que se materializa no Polo Aeroespacial de Galicia, cun investimento público-privado total de 164 millóns de euros e no que están a traballar 400 persoas en máis de 35 proxectos que están a desenvolver 50 axentes. Asemade, estase a traballar xa na continuidade da iniciativa a través dun novo proxecto que se presentará este venres no Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) en Madrid e que está vencellado co U-Space, o sistema de xestión do tráfico de vehículos non tripulados propio da Unión Europea.
  • Santiago de Compostela acollerá en marzo o I Congreso Internacional do Teatro Galego
    A Cidade da Cultura de Galicia acollerá do 25 ao 28 de marzo o I Congreso Internacional do Teatro Galego, organizado pola Academia Galega de Teatro, que presentou hoxe o programa de conferencias, mesas de traballo, comunicacións e presentacións de proxectos e publicacións, arredor do que se reunirán máis de medio centenar de profesionais que desenvolven a súa actividade en diferentes ámbitos do sector tanto en Galicia como no resto de España e noutros países, como Portugal e México. As liñas programáticas do Congreso, baixo o lema 'Co 2030 no horizonte', serán tres: Experiencia, actualidade e modelos externos, O teatro e os públicos e A creación e os seus procesos. O obxectivo, segundo os seus organizadores, é a posta en común da situación actual do teatro galego en relación coa doutros modelos internacionais.
  • O Ministerio de Cultura recibe a documentación da Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade
    O Goberno galego entregou esta mañá no Ministerio de Cultura y Deporte a documentación da Candidatura da Ribeira Sacra para a súa revisión e envío á UNESCO que, previsiblemente, acontecerá antes concluír este mesmo mes de xaneiro. Galicia conta cun vasto patrimonio cultural material recoñecido pola UNESCO e incluído na Lista do Patrimonio Mundial: a Cidade vella de Santiago de Compostela, os Camiños de Santiago de Compostela: Camiño Francés e Camiños do Norte de España, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules. A Comunidade avanza agora no impulso de tres novas candidaturas: a Ribeira Sacra, as Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e a Cidade de Ferrol-Porto da Ilustración.
  • Verín acollerá a primeira feira profesional de música entre Galicia e Portugal, MUMI'20
    O MUMI, primeiro mercado de música e cultura que se organiza entre os territorios de Galicia e Portugal, está promovido por unha asociación de empresas, profesionais e colectivos do sector a ambas beiras do Miño, co obxectivo de crear unha ponte estable de intercambio musical entre os dous países. Nel daranse cita artistas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas ou empresas de servizos e produción para establecer novas redes de contacto e coñecer propostas diferentes en primeira persoa. A súa programación profesional incluirá actividades de formación sobre cuestións técnicas, xurídicas e de promoción, speedmeetings, showcases cunha selección de artistas e bandas de Galicia e de Portugal, e unha feira sectorial.
  • As vendas por Internet das empresas galegas en 2019 superan a media estatal
    O comercio electrónico creceu en Galicia no último ano en todos os tramos empresariais. Tanto as empresas de máis de 10 traballadores como as microempresas realizaron vendas online por riba da media estatal en 2019. Tamén no uso das redes sociais o tecido empresarial galego supera a media do conxunto do Estado. Son datos recollidos no informe A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, correspondente ao ano 2019, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito Amtega. O estudo analiza a transformación dixital das empresas galegas, un total de 200.972, nas que o 96,3% son microempresas, de 0 a 9 traballadores.
  • A Artesanía de Galicia estará presente na feira de referencia do deseño escandinavo que se celebra en Estocolmo
    Como cada ano desde o 2013, a Fundación Artesanía de Galicia presenta na capital sueca unha nova colección de pezas de Artesanía de Galicia, unha proposta para crear ambientes baseados no produto artesán e nos que a artesanía tradicional se combina con produtos máis contemporáneos. Nesta edición, cóntase coa participación de 51 profesionais do sector artesán galego, dos cales un total de 18 son novas incorporacións a esta feira. A porcelana, o papel, o vidro, as pezas de coiro ou os xoguetes de madeira combinan coa olería, coa cestería tradicional, co téxtil, coa ilustración, co vidro, coas figuras tradicionais feitas con miga de pan ou coas pezas de madeira orientadas á gastronomía, formando todo isto parte da escolma que representa o produto artesán galego este ano en Formex.
  • A Xunta poñerá en marcha de dez programas para impulsar a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego
    A Xunta de Galicia activará nas próximas semanas dez programas que, cun total de preto de 67 millóns de euros, impulsarán a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego. Entre os programas que se poñen en marcha por primeira vez, destaca o proxecto Maquinaria 4.0 que, cunha dotación de 2 millóns de euros, buscará xerar provedores fortes no eido da fabricación de maquinaria e outros bens de equipo que poidan servir ao tecido empresarial galego; e os apoios para o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada, que contarán cunha dotación de 16 millóns de euros ata 2022.
  • A retransmisión do inicio do Xacobeo 2021-2022 foi seguida por máis de 1,5 millóns de persoas en 33 países de todo o mundo
    O programa especial de apertura da Porta Santa e inicio do Xacobeo 2021-2022 emitido por streaming e pola TVG foi seguido por máis de 1,5 millóns de persoas de 33 países, que conectaron nalgún momento co programa a través das diferentes canles, redes sociais e emisións que cubriron o acontecemento. O maior número de seguidores produciuse a través das redes sociais oficiais de Turismo de Galicia e Camiño de Santiago a través das que se conectaron 1,4 millóns de persoas. Os contidos publicados nestas redes suman preto de 1,7 millóns de reproducións e máis de 25 mil likes.
  • O turismo internacional acada en Galicia cifras históricas cun crecemento superior ao 10% en número de viaxeiros e de noites
    O turismo internacional está a gañar cada vez máis peso na Comunidade galega ata rexistrar cifras nunca antes alcanzadas, con crecementos superiores ao 10% tanto en número de viaxeiros como no volume de noites. Así o constatan os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que fixan en máis de 1,4 millóns de turistas estranxeiros e preto de 2,5 millóns de pernoitas contabilizadas ata o mes de novembro. Así, a falta de computar os datos do mes de decembro, o mercado estranxeiro está a demostrar ser decisivo na positiva evolución do turismo galego en comparación co conxunto de España, onde Galicia está a ser o destino co mellor comportamento.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información