Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • Presentada unha nova edición do Belén de Begonte e a exposición 'Imaxes e Palabras', con achegas de distintos artistas sobre o evento
    A programación do Nadal begontino inclúe a exposición Imaxes e Palabras, que recolle anacos de poemas de 40 autores que corresponden a traballos premiados nalgún dos 43 certames de Poesía sobre o Nadal convocados polo Centro Cultural José Domínguez Guizán. Entre os poetas figuran Xosé Otero Canto, Marica Campo, Carlos López e Martiño Maseda, presentes hoxe na inauguración. As fotografías amosan distintas escenas do Belén e pertencen aos membros do Grupo Fonmiñá Miguel Calvo, Miguel Fraga, Fernando Gago, José Manuel Guisasola, Gerardo Méndez e Eduardo Ochoa. A mostra permanecerá na sede da Xunta en Lugo ata o martes día 10 de decembro para viaxar despois ata Mondoñedo.
  • O PIB de Galicia medrou un 1,7% en taxa interanual no 3º trimestre do ano e acumula seis anos en positivo
    O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 1,7% en taxa interanual no terceiro trimestre do ano, ao tempo que se crearon neste período 8.118 novos empregos a tempo completo, segundo as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos da primeira estimación publicados polo organismo estatístico autonómico mostran que, co dato do terceiro trimestre, o PIB galego acumula seis anos (25 trimestres consecutivos) con taxas positivas. O crecemento trimestral –sobre o trimestre anterior- foi do 0,3%, o mesmo que o anterior, polo que a economía galega acumula 27 trimestres consecutivos con taxas positivas.
  • Un centenar de investigadores reúnense en Santiago para debater sobre células nai e medicina rexenerativa
    A Facultade de Medicina converteuse esta semana en centro neurálxico de intercambio de coñecementos sobre células nai e medicina rexenerativa no marco da reunión da Rede de Terapia Celular (TerCel). Neste foro déronse cita un centenar de investigadores e expertos na materia que puideron intercambiar os seus puntos de vista e establecer sinerxías ao longo de dous días na USC. Dende o xoves, sucedéronse as conferencias e comunicacións orais de cada un dos grupos da Rede de Terapia Celular, como é o caso de NeuroCel que se ocupa da investigación con células nai en enfermidades neurodexenerativas; CardioCel, relativa ás enfermidades cardiovasculares; e OshiCel, enfocada ás enfermidades inflamatorias e inmunohematolóxicas.
  • Xesús Alonso Montero, Soledad Penalta, Monicreques de Kukas, Amancio Prada, 'O sabor das margaridas', Pilar Ponte, a restauración do Pórtico da Gloria e 'Galego en Londres', Premios da Cultura Galega
    Xesús Alonso Montero, Soledad Penalta, Monicreques de Kukas, Amancio Prada, a serie de televisión O sabor das margaridas, Pilar Ponte Patiño, a restauración do Pórtico da Gloria e o programa Galego en Londres son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2019. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente.
  • Os viños galegos amparados con selos de calidade incrementan o valor das súas vendas no mercado español no último ano
    Os viños galegos amparados con selos de calidade incrementan o valor das súas vendas no mercado español, na canle da alimentación. No último ano medrou arredor do 6% o valor das vendas do viño galego no mercado español, na canle da alimentación, o que implica unha revalorización do produto que chega aos fogares. Ademais, o viño con denominación de orixe sitúa a Galicia no terceiro posto por comunidades autónomas -só superada pola Rioxa e Castela e León- en termos de valor, con respecto á cota de mercado nacional. Na canle de alimentación, especificamente, os viños galegos melloran a súa cota de mercado nacional ata un 5,4% en volume e ata o 6,6% en valor, grazas á súa mellora en participación nos hipermercados e supermercados.
  • Galicia presenta na rexión italiana de Véneto a fortaleza turística do norte peninsular no 30 aniversario da España Verde
    Galicia presenta o potencial turístico do norte peninsular ante os profesionais do sector turístico desta zona de Italia. Trátase dunha das accións incluídas no 30 Aniversario da España Verde na que Galicia se encargou de presentar esta marca turística como anticipo do seu papel en 2020, cando a Comunidade galega será a coordinadora da España Verde. A fortaleza turística das catro comunidades autónomas que forman parte da España Verde (País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia) queda patente no feito de que no que levamos de ano esta zona foi visitada por preto de 11 millóns de viaxeiros, o 10% dos viaxeiros que visitaron España este ano. A España Verde é un destino especialmente estratéxico para un mercado como o italiano, que conta con varias comunicacións aéreas nos aeroportos da zona.
  • O programa Comercio 360 destina 5,7 millóns de euros a mellorar a competitividade do comercio local galego
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia vén de poñer en marcha a iniciativa Comercio 360, que ten como obxectivo mellorar a competitividade do comercial local, poñendo sempre ao consumidor final no centro de todas as decisións. Trátase de responder aos cambios que os novos hábitos e a dixitalización están introducindo no sector, adaptándose ás novas necesidades de demandas. A diferenciación e a especialización hanse acadar a través de elementos fundamentais coma a aposta polo produto local, a sustentabilidade e a economía circular, a responsabilidade social ou o deseño. Cunha proxección a tres anos (2019-2021), Comercio 360 conta con orzamento de 5,7 millóns de euros en 2019 para avanzar na dixitalización como medio para mellorar a experiencia do cliente.
  • Cinco curtametraxes galegas de recente creación protagonizan a undécima edición do Galician Film Forum en Londres
    O Galician Film Forum (GFF) celebrará a súa undécima edición, titulada ‘Shorts Edition’, cun programa centrado en curtametraxes do audiovisual galego que viron a luz recentemente. A actividade terá lugar o venres, 22 de novembro, na universidade King´s College London [19 h, Edmond J Safra Theatre, Strand Campus, WC2R 2 LS]. Os títulos seleccionados para a ocasión son ‘A nena azul’ de Sandra Sánchez, ‘Marusía’ de Pedro Sancho, ‘Son unha tumba’ de Khris Cembe, ‘Limbo’ de Daniel Viqueira e ‘Beautiful Boy’ de Fran X. Rodríguez. Ademais, tras as proxeccións o público terá a oportunidade de manter un coloquio coa directora e montadora Sandra Sánchez.
  • Galicia lanzará en 2020 a primeira emisión de bonos sostibles da Comunidade Autónoma
    Galicia lanzará no vindeiro ano 2020 a primeira emisión de bonos sostibles da Comunidade Autónoma. Estes bonos estarán integramente orientados aos investimentos sociais e medio ambientais, á economía verde e sostible e vinculados á Axenda 2030. Este ano a Comunidade galega retornou aos mercados financeiros, froito da confianza que Galicia aporta aos investidores, o que permite aproveitar as condicións que ofrece o mercado, con abundante liquidez, elevada demanda e os tipos de interese historicamente baixos.
  • Os filmes galegos 'Arima' e 'Longa noite' representan ao audiovisual galego na selección do Festival de Cine Europeo de Sevilla
    O audiovisual galego está representado na selección do Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF) a través das películas Arima, de Jaione Camborda, e Longa noite, de Eloy Enciso, que contan co apoio da Xunta de Galicia para a súa promoción neste encontro. O certame andaluz está a celebrar a súa décimo sexta edición desde o pasado venres e ata o día 16 coa cinematografía europea como protagonista. Con motivo destas seleccións, ofreceuse este mediodía unha recepción baixo o título ‘Celebrando o cinema galego’, dirixida prioritariamente aos profesionais de toda Europa que están a participar no programa SEFF Industria.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información