Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

ECAI 2024, o congreso máis importante de Europa en Intelixencia Artificial, inundará Santiago de actividades para todos os públicos

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

As actividades darán comezo este luns próximo e prolongaranse ata o sábado 19 e estarán distribuídas por distintos puntos da cidade, sendo de carácter gratuíto e abertas ata completar aforo, sen necesidade de inscrición previa.

Todos os camiños de Sant (IA) go

O luns 14 de outubro, a Casa das Máquinas (Galeras) acollerá a apertura da 'Semana da cidadanIA' cunha serie de charlas divulgativas impartidas por persoal investigador do CiTIUS, que abordarán o impacto da intelixencia artificial na vida cotiá. As persoas que asistan a este encontro poderán descubrir, por exemplo, de que maneira os robots sociais interactúan de xeito natural cos seres humanos, como a intelixencia artificial se integrou nos chips ou en que forma as tecnoloxías lingüísticas permiten que as máquinas entendan e utilicen o galego. Ademais, falarase das aplicacións da IA no campo da medicina (como por exemplo, a monitorización clínica) e exploraranse as posibilidades da realidade virtual en campos tan fascinantes como a nanociencia ou o alivio de experiencias próximas á morte.

O mércores 16 de outubro, no Café Bar Alborada de Veiga, o persoal investigador do CiTIUS ofrecerá un ciclo de charlas informais e divulgativas sobre temas tan actuais como o uso da intelixencia artificial para crear imaxes ou contido de maneira automática (IA xerativa) ou a representación de escenas en 3D usando tecnoloxías avanzadas. Ademais, reflexionarase sobre os modelos matemáticos que nos axudan a entender como se propagan certas ideas ou fenómenos na sociedade, relacionándoos así mesmo co método científico.

O xoves 17, o Auditorio do CGAC será o escenario dunha actividade moi especial: un espectáculo de maxia fusionado con intelixencia artificial, a cargo do director do CiTIUS, Senén Barro, a enxeñeira de IA Alba Meijide, e o recoñecido mago Jorge Luengo. Este evento buscará provocar no público unha reflexión sobre as diferenzas entre a intelixencia humana e a artificial, poñendo en evidencia como ambas, aínda que avanzadas, non son infalibles.

O venres 18 de outubro, na Facultade de Filosofía da USC, un grupo de persoas expertas en diversas disciplinas analizarán os aspectos éticos, legais e técnicos relacionados coa IA e de que maneira esta tecnoloxía pode ser percibida pola sociedade, a través dun interesante debate titulado '¿Podemos confiar na IA'?.

A Semana dá cidadanIA concluirá o sábado 19 de outubro coa proxección no Auditorio do CGAC da película ‘Justicia Artificial’, recentemente estreada e dirixida por Simón Casal. Tras a proxección celebrarase un coloquio moderado polo xornalista Jaime García Cantero, director de contidos de El País Retina, no que se debaterá sobre os límites do uso da IA en situacións tan complexas como a toma de decisións en conflitos bélicos ou en diagnósticos médicos. O coloquio contará coa participación da produtora, Chelo Loureiro, o director Simón Casal, e o actor Tamar Novas.
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información