Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

O Centro de Supercomputación de Galicia contará cun novo edificio para impulsar o seu liderado internacional

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno autonómico vai destinar “56 millóns de euros” á construción do novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) “que estará situado no polígono da Sionlla”.

“Será o maior investimento feito no Cesga ao longo da súa historia e a previsión é que estea listo a mediados de 2026”, indicou o presidente, quen resaltou que o obxectivo é que o Cesga siga a manterse “coma un referente a nivel nacional e internacional”.

O novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) albergará as novas infraestruturas tecnolóxicas avanzadas do centro que estarán a disposición da comunidade científica e das empresas. Tal e como explicou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, a actuación realizarase cun orzamento de máis de 56 M€ de fondos europeos e do Goberno galego, tras lograr captar 47,4M€ procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia, no marco do PERTE Chip. De feito, Galicia é a comunidade que consegue unha maior achega entre todos os membros da Rede española de supercomputación (RES), formada por 14 nodos distribuídos por todo o Estado, que recibe, no seu conxunto, 63 millóns de euros. É dicir, que Galicia capta o 75% dos fondos repartidos en toda España.

Para poder levar a cabo todas as actuacións do proxecto, a Xunta de Galicia incrementa o orzamento nun 20%, posibilitando o impulso do Cesga no seu liderado internacional. Ademais desta achega, dispón do soar do polígono da Sionlla en que se construirá o novo centro co fin de poñer en funcionamento este servizo nos prazos establecidos.

O edificio situarase nun soar cunha superficie de máis de 9.100 metros cadrados e terá unha superficie construída de 5.800 metros cadrados, que cumpre con todos os requirimentos imprescindibles para o seu funcionamento. Pola natureza singular do proxecto, e de cara a unha futura ampliación e adaptación á súa evolución, é necesario realizar un deseño integrado que aliñe todos os aspectos interrelacionados entre si. Deste xeito, a disposición do novo data center terá en conta os sistemas construtivos e as instalacións, pero tamén aspectos de planificación do espazo, a funcionalidade de cada subsistema, e a seguridade das persoas e equipamentos, entre outras características.

Respecto ao aspecto máis arquitectónico, e no que atinxe á estética do novo edificio, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional busca convertelo nun referente non só en canto á súa funcionalidade, senón tamén a nivel estético, sen esquecer no proceso aspectos tan importantes coma os ambientais e de eficiencia enerxética.

Ampliación das capacidades do Cesga

O obxectivo deste investimento é reforzar o Cesga como un centro de referencia no ámbito nacional e europeo, que estea á vangarda en infraestruturas de computación, así como no coñecemento sobre tales infraestruturas. Para iso, ademais da nova sede do Cesga que contará cun orzamento de máis de 12 millóns de euros, están previstas unha serie de actuacións para mellorar a calidade dos servizos ofrecidos á comunidade científica e tecnolóxica coa dotación de novas infraestruturas.

O conselleiro detallou que o Cesga contará cun novo supercomputador, o Finisterrae IV, que proporcionará unha potencia computacional adicional cubrindo necesidades de intelixencia artificial, entre outras, e ao que se destinarán “18,6 millóns de euros”. Tamén se ampliará a capacidade de almacenamento do centro mediante unha nova infraestrutura que permitirá almacenar gran cantidade de datos de modo permanente e prestar servizos de datos avanzados, á que se destinarán “7,8 millóns”.

Completarase a oferta actual do Cesga en computación cuántica con novas capacidades que impulsen o desenvolvemento do ecosistema de computación cuántica e favoreza o seu liderado internacional, que contará cun investimento “de 18 millóns”.

Todas estas novas infraestruturas serán localizadas no novo edificio do polígono da Sionlla, que será complementario ao centro de procesamento de datos actual do Cesga situado no campus universitario, e funcionará como centro de procesamento de datos específico e adaptado a estas novidades. Así, ampliaranse as capacidades de aloxamento de infraestruturas tecnolóxicas avanzadas deste centro dependente da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Avanzar na xeración de coñecemento

Este proxecto que despregará o Goberno autonómico suporá un importante incremento da capacidade de cálculo e almacenamento científico do Cesga, o que permitirá á comunidade científica galega e ao CSIC avanzar máis rapidamente na xeración de coñecemento e na innovación en áreas como a física de altas enerxías, a climatoloxía, a meteoroloxía, a oceanografía, as ciencias da vida, o deseño de fármacos, a ciencia de materiais, a medicina especializada, a intelixencia artificial, a optimización de procesos industriais, a sustentabilidade e moitas máis.

Ademais, achegará vantaxes competitivas aos grupos de investigación que son usuarios do nodo Cesga como membros da Infraestrutura científica e técnica singular (ICTS) integrada na Rede española de supercomputación (RES), ante a crecente demanda destes. Actualmente o Cesga conta cunha nómina de usuarios moi significativa, uns 1.400 usuarios, dos cales o 25% son de fora de Galicia.

Así mesmo, estas infraestruturas permitirán ao Cesga seguir mellorando os servizos que presta e que redundan nunha mellora da calidade de vida dos galegos, como dar soporte computacional á predición diaria do estado do mar para toda a fachada atlántica europea para o sistema de monitorización europeo Copernicus, á predición xeral do tempo en Galicia para MeteoGalicia, á simulación de asolagamentos na bacía hidrográfica Galicia-Costa para Augas de Galicia ou á produción das preto de 40.000 análises xenómicas de pacientes que a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica produce anualmente.

Por último, contribuirán a un fortalecemento e ampliación das colaboracións que o centro mantén con empresas tractoras de diversos sectores como Finsa, Hijos de Rivera ou Mestrelab e que resultan en melloras competitivas destas. Actualmente, o Cesga conta con dúas infraestruturas de computación: o Finisterrae III e o Qmio, dous recursos moi potentes que están á disposición do ecosistema de I+D+i, o que repercute nun beneficio para practicamente todos os sectores económicos.

Na aposta decidida da Xunta de Galicia pola supercomputación e a promoción de servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación, naceu o Cesga, unha das infraestruturas máis relevantes da área de computación de altas prestacións en España. “Galicia conta cun dos mellores centros de cuántica do sur de Europa e este novo edificio vai manter a Galicia á vangarda neste eido”, indicou Rodríguez, quen salientou que se trata “dun proceso ambicioso que vai marcar o desenvolvemento de áreas clave como a biotecnoloxía ou a intelixencia artificial”.
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información