Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

A Coordinadora Galega de Festivais de Cinema e o Galician Film Forum levan o cine galego ao London Spanish Film Festival

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

Entre elas, Habitar (2023), Véxote (2024), To Bird or Not To Bird (2023), Non te vexo (2023), Queimar cando morra (2024) e Alguén me chamou serpe negra (2024).

Así e co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, amplíase o foco galego neste festival que dirixe a produtora catalá Joana Granero. O obxectivo é contribuír a reforzar a oferta cultural de Galicia na capital británica, no marco dun dos eventos que máis sona ten entre a comunidade española e foránea, e na liña do traballo desenvolvido desde 2015 polo colectivo Galician Film Forum como espazo de exhibición do noso cine en Londres.

Encontros con Janet Novas e Emilio Fonseca

A programación seleccionada constata a realidade que vive o audiovisual galego, cunha presenza destacada en festivais internacionais, onde colleita recoñecementos como a Cuncha de Ouro acadada por O Corno na anterior edición do Festival de San Sebastián. A longa dirixida por Jaione Camborda poderá verse no London Spanish Film Festival o vindeiro domingo 22, ás 18,00 h., e a sesión incluirá un encontro con Janet Novas, gañadora do Goya á mellor actriz revelación polo seu papel nesta película.

O luns 23, á mesma hora, exhibirase o documental Salvaxe, Salvaxe, de Emilio Fonseca, quen tamén participará nun coloquio posterior. E o martes 24, a partir das 18,30 h., será a quenda das curtas Habitar, de Anxos Fazáns e gañadora este ano do premio da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego; Queimar cando morra, de Inés Pintor; Non te vexo, de Xacio Baño; To Bird or Not To Bird, de Martín Romero e premiada na última edición dos Goya; Alguén me chamou serpe negra, unha animación de Borja Santomé, e Véxote, de Óscar Pardo. A fórmula de exhibición acordada co festival para estes oito títulos é a versión orixinal galega con subtítulos en inglés.

Ademais da escolma apoiada pola Xunta, tamén forman parte da fiestra galega no 20º London Spanish Film Festival outras tres longametraxes con participación galega. Trátase da recentemente estreada Justicia Artificial, de Simón Casal; Tratamos demasiado bien a las mujeres, a ópera prima de Clara Bilbao, e a primeira longa de animación de Isabel Herguera, El sueño de la sultana.

Case 40 títulos no programa

Ao longo de oito días, o certame londiniense vai proxectar case 40 películas nas sedes do Ciné Lumière e Riverside Studios, cun programa de filmes a competición, mostras e retrospectivas, ademais das seccións dedicadas a recoller as distintas cinematografías estatais, con espazos específicos para as producións de Galicia, País Vasco e Cataluña.

Unhas 5000 persoas asisten ao festival cada ano, cunha mestura na que destaca o público británico, seguido do español e do latino. Letters from Galicia é, polo tanto, un excelente escaparate do audiovisual galego en Gran Bretaña, que permite afondar na promoción exterior do noso cinema a través de historias propias.
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información