Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • Galicia estrea o seu primeiro centro de investigación en Tecnoloxías Intelixentes, un dos tres únicos da especialidade de toda España
    O ata agora Centro singular de investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS), acaba de presentar a súa nova identidade como Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, converténdose deste xeito no único neste ámbito existente en Galicia e un dos tres que existen unicamente a nivel nacional. No acto de presentación celebrado no propio centro participaron o reitor Antonio López, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o novo director científico do centro, o catedrático Senén Barro Ameneiro.
  • O aumento en ocupación e ingresos nesta Semana Santa resalta a boa marcha do sector turístico galego
    En termos de ocupación o rango xeral situouse entre o 65% e o 85%, aumentando entre o Xoves e o Sábado Santo ata o 95% e chegando mesmo ao 100% en algunhas zonas como Ferrol, Viveiro ou a Ribeira Sacra. A provincia de Lugo foi unha das zonas que máis medrou cunha ocupación media do 93%, que supón un aumento interanual do 10%. Nótase tamén a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco e a designación do Xeoparque Montañas do Courel. Ademais, destacan a chegada de 14.000 peregrinos a Santiago de Compostela, un 61% máis que en 2018, e os bos resultados do turismo rural cunha ocupación do 67%.
  • O U-Ranking sitúa a USC entre as dez mellores de España polo seu rendemento global
    De entre 48 universidades públicas e 14 privadas, a sétima edición do U-Ranking situa á USC entre as das mellores de España en función do seu rendemento global, definido a partir da avaliación docente, da actividade investigadora e na dimensión da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. De xeito específico, a Universidade compostelá sitúase na décima posición atendendo ao seu rendemento global, no que se agruparían as actividades docentes, de investigación e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Neste apartado, o ránking elimina os efectos do distinto tamaño das institución para facelas comparables entre si. Con este criterio, a USC comparte posición coas universidades Miguel Hernández de Elche, Alcalá de Henares, Navarra, Politécnica de Madrid, Lleida e Valencia.
  • O INE constata que o turismo interno e o internacional creceron un 3% durante o primeiro trimestre do ano
    O Instituto Nacional de Estatística fixo públicos os datos turísticos relativos ao mes de marzo que revelan que no primeiro trimestre o turismo internacional creceu preto dun 3% en relación ao mesmo período de 2018. Tamén se observa un comportamento positivo no relativo ao turismo interno, que tamén experimentou unha suba do mesmo nivel. As cifras deste primeiro trimestre están condicionadas por un factor externo, xa que no ano 2018 a Semana Santa celebrouse en marzo. Sen embargo, isto non afectou ao turismo interno e internacional. No que se refire ao primeiro trimestre do ano, os viaxeiros quedaron máis días en Galicia. A estadía media medrou máis dun 3% colocando o dato deste ano no máis elevado desde o 2014.
  • O Camiño de Santiago medra un 61% en Semana Santa
    O Camiño de Santiago medrou un 61,34% durante esta Semana Santa con respecto á de 2018, que se celebrara a finais do mes de marzo. Entre o Venres de Dores e o Domingo de Resurrección recolleron a Compostela un total de 13.969 camiñantes, a maior parte chegaron a partir do Xoves Santo. En total, nesas catro xornadas, foron máis de 8.000 peregrinos, o que supuxo un 58,41% do total e rexistráronse picos de máis de 2.000 diarios en xornadas como o venres e o sábado. Durante toda a Semana Santa, a maior parte dos peregrinos procederon do estranxeiro. De feito, o 51,6% dos que recolleron a Compostela entre o venres 12 e o domingo 21 chegaron de fóra de España, destacando especialmente os portugueses, alemáns, irlandeses e estadounidenses.
  • Davide Salvado e Fernando Barroso levarán a música galega á segunda edición do evento profesional Sol Madrid
    Os galegos Davide Salvado e Fernando Barroso son dous dos 20 artistas seleccionados para o cartel de concertos promocionais de SoL Madrid, evento profesional arredor do negocio da música que terá lugar do 6 ao 8 de xuño. Definido pola organización como evento boutique, SoL Madrid celebrarase no Impact Hub arredor dun programa de reunións de negocios entre empresas, profesionais e artistas cun exclusivo grupo de programadores de festivais, axencias de contratación e medios de comunicación procedentes de Asia, Estados Unidos, Europa e Latinoamérica. En paralelo, desenvolveranse os devanditos concertos promocionais, aos que estarán convidados os acreditados no encontro.
  • As Montañas do Courel convértense no primeiro Xeoparque Mundial do Noroeste de España, declarado pola UNESCO
    As Montañas do Courel foron declaradas Xeoparque Mundial pola UNESCO nunha reunión celebrada en París por este organismo internacional dependente de Nacións Unidas. Este territorio da provincia de Lugo, que abrangue os concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga convértese, así, no primeiro Xeoparque Mundial de Galicia e do Noroeste de España, ocupando o posto número 13 do país. Así, queda integrado O Courel nunha rede mundial de parques xeolóxicos e áreas naturais protexidas formada por un total de 141 territorios en todo o mundo, o que supón un extraordinario impulso ao turismo da zona e abre novas posibilidades e oportunidades económicas. A candidatura a Xeoparque Mundial foi presentada en novembro de 2017 ante a UNESCO.
  • Tres proxectos de Galicia, dous de Madrid e un de Valencia participarán na primeira edición de BFAero, a aceleradora especializada no sector aeroespacial
    Despois do anuncio, o venres pasado, dos dezaseis proxectos preseleccionados na primeira edición da aceleradora BFAero, especializada no sector aeroespacial, os seus promotores tiveron que defender as súas candidaturas, primeiro nunha entrevista persoal que mantiveron co equipo promotor e despois a través de breves presentacións ante o comité executivo no marco do Pitch Day. Tras a deliberación do comité executivo comunicáronse os proxectos seleccionados e fíxoselles entrega dos diplomas acreditativos. Das seis iniciativas, o 50% proceden de Galicia, mentres que as tres restantes teñen a súa orixe en Madrid e a Comunidade Valenciana.
  • A mostra 'Primavera en Danza' de Carballo programa espectáculos de Fran Sieira, La Macana, Paula Quintas, Daniel Abreu e Entremans
    A Mostra Primavera en Danza de Carballo celebrará a súa décimo sétima edición do 26 de abril ao 12 de maio cunha carteleira que inclúe cinco citas coreográficas programadas a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios. No Pazo da Cultura carballés terán lugar as actuacións de Entresoños, de Fran Sieira (26 de abril); Pink Unicorns, de La Macana en coprodución co Centro Coreográfico Galego (27 de abril); Plastic, de Paula Quintas (3 de maio); La desnudez, de Daniel Abreu (4 de maio), e Gaia, de Entremans (5 de maio). Como peche especial, o 12 de maio terá lugar unha gala de baile tradicional.
  • Ourense presenta o seu proxecto de turismo intelixente con servizos personalizados e experiencias inmersivas para o visitante
    Os aspectos clave do proxecto son a integración nun único punto de toda a información turística da provincia de Ourense por medio do uso dun modelo tecnolóxico aberto (esquema Open Data) sobre a que se fomente a participación, o diálogo e a colaboración entre os turistas a través das novas tecnoloxías e as canles dixitais. Tamén, entre as innovacións do proxecto analizadas hoxe destaca a interoperabilidade, xa que a plataforma será capaz de obter información de diferentes fontes de datos; e a potenciación dos turismos accesible, activo, termal e cultural, ademais de fomentar o carácter innovador do sector turístico da provincia a través de solucións TIC punteiras como son: Big Data, Realidade Aumentada, Realidade Virtual, portais web de potenciación e Marketing Dixital.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 56
  • 57
  • 58
  • 59
  • 60
  • 61
  • 62
  • 63
  • 64
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información