Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • A Cidade da Cultura pon o foco na calidade e recoñecemento da artesanía galega na súa vindeira exposición 'Pensar coas mans'
    A Cidade da Cultura farase eco na súa vindeira exposición, Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia, da calidade e recoñecemento que está a vivir a artesanía galega dentro e fóra de Galicia, tal e como acredita o interese que esperta entre publicacións especializas de prestixio ou o feito de que os produtos de novos artesáns e artesás ocupan un espazo destacado en feiras internacionais de renome, como Maison & Objet en París, Formex en Estocolmo ou a London Design Fair, entre outras. Deste xeito, a partir do 12 de abril e ata o 8 de setembro, o Museo Centro Gaiás propón unha ambiciosa e completa viaxe no tempo pola artesanía de Galicia.
  • Galicia promove os seus recursos turísticos durante esta semana en Moscova na principal feira de Europa do Leste
    Galicia promove os seus recursos turísticos na XXVI edición do certame turístico Moscow International Exhibition Travel & Tourism (MITT), que se celebra na capital de Rusia, Moscova. Durante estes días, a Comunidade presenta a súa oferta turística xeral do interior e da costa, o Camiño de Santiago así como algunhas das novas experiencias deste ano centradas no patrimonio e cultura galegas, de interese para este mercado. A MITT é o evento sectorial de turismo máis importante de Europa do Leste e está aberta tanto aos profesionais como ao público xeral. Galicia está presente cun módulo dentro do apartado destinado a España onde se difunde a oferta galega.
  • Galicia rexistra en 2018 o maior incremento porcentual da taxa de reciclaxe de vidro da última década, cun 11% máis respecto do ano anterior
    O conxunto dos galegos reciclou no pasado ano un total de 48.308 toneladas, é dicir, 5.000 toneladas máis que no ano 2017; o que se traduce nun incremento porcentual dun 11% e que representa o maior incremento en porcentaxe rexistrado na Comunidade galega na ultima década e superando en dous puntos o incremento a nivel estatal. A recuperación destas máis de 48.000 toneladas de vidro implican que cada galego reciclou unha media de case 18 kg ou o que é o mesmo unha media de 68 envases de vidro por habitante. Galicia sitúase como a segunda comunidade que rexistrou unha maior incremento na recollida selectiva a través do contedor verde, só por detrás da Comunidade de Madrid.
  • 'A derradeira leición do mestre' chega a Ourense no marco da mostra 'Castelao e Prada: Irmaus!'
    Inaugurouse na Sala de Recepción e Protocolo do Pazo Provincial de Ourense a mostra 'Castelao e Prada: Irmaus!', que inclúe como peza central o emblemático lenzo de Castelao, 'A derradeira leición do mestre', pintado polo artista rianxeiro en 1945 en homenaxe ao amigo e intelectual galeguista Alexandre Bóveda, asasinado en 1936, e que nunca antes tiña saído do Centro Galicia de Buenos Aires, institución á que pertence. O cadro, que se expón en Ourense en virtude dun acordo de préstamo entre o Centro Galicia de Buenos Aires, a Deputación Provincial de Ourense e a Consellería de Cultura e Turismo, poderá ser visto durante o próximo mes na cidade das Burgas, antes do seu definitivo retorno ao Centro Galicia a partir do vindeiro 7 de abril.
  • Galicia pechou o ano 2018 sendo a Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas
    Galicia pechou o ano 2018 sendo a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, cun período medio de pago de 16,9 días, o máis baixo de toda España segundo os datos oficiais publicados polo Ministerio de Facenda. O período medio de pago de Galicia mantívose 13 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, e a media autonómica situouse en 30,05 días, 13 máis que a media rexistrada na Comunidade galega. Os datos oficiais do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as autonomías.
  • O ciclo 'Cultura no Camiño' entra na recta final da súa sétima edición con 60 actuacións en setembro
    O ciclo Cultura no Camiño ofrecerá durante o mes de setembro 60 actuacións de música e artes escénicas como peche da súa sétima edición, que botou a andar a primeiros de maio para lle achegar 284 citas culturais ao público de 76 concellos das Rutas Xacobeas. A Consellería de Cultura e Turismo encárgase da organización deste circuíto, para o que conta coa colaboración dos municipios participantes. Desde os seus inicios, o programa mantén como prioridade a dinamización e descentralización da oferta cultural, ao tempo que favorece a contratación de espectáculos producidos en Galicia por formacións artísticas profesionais. Con este fin, Cultura no Camiño conta este ano coa participación de 127 compañías escénicas e grupos de música que lle dan forma á carteleira de 2019.
  • O Consejo Jacobeo implicará a todas as comunidades autónomas na celebración do Xacobeo 21
    A Xunta coordinará co Ministerio de Cultura e Deporte a próxima celebración, en Santiago de Compostela, dunha xuntanza do Consejo Jacobeo na que se invite a participar ás comunidades autónomas polas que discorre o Camiño de Santiago e que non están integradas neste organismo. O obxectivo é implicar a todas elas na celebración do Xacobeo 21 por tratarse dun acontecemento estratéxico para o conxunto do Estado. Esta decisión foi tomada no transcurso da 53ª edición da Feira Internacional ITB de Berlín, unha cita na que Galicia promove cada ano a súa oferta turística neste mercado, o segundo do que proceden máis viaxeiros e que move máis peregrinos.
  • A obra do artista e arquitecto René Heyvaert protagonizará a nova exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea
    Esta mostra foi realizada en colaboración co museo M-Museum Leuven de Bélxica onde, entre outubro 2018 e xaneiro 2019, tivo lugar unha exposición retrospectiva de René Heyvaert, comisariada por Eva Wittockx e Peter Swinnen e realizada con fondos propios e obras pertencentes a outros museos, como o S.M.A.K. de Gante ou o MHKA de Amberes, e a coleccionistas particulares de Bélxica. Ambas exposicións comparten un mesmo núcleo de obra, aínda que difiren nas súas formulacións e percorridos. Ademais, o CGAC contou nesta ocasión coa entidade que xestiona o patrimonio do artista, representado na actualidade pola galería Clearing de Bruxelas e Nova York.
  • Nacen as medallas Emilia Pardo Bazán para recoñecer ás persoas e institucións que desenvolvan accións relevantes a prol da igualdade
    O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a creación das medallas Emilia Pardo Bazán, que inician a súa tramitación e distinguirán as persoas e/ou institucións que coa súa traxectoria ou labor contribuísen e destacasen no desenvolvemento de accións relevantes en favor da igualdade entre homes e mulleres na nosa Comunidade. Deste xeito Galicia quere demostrar a súa gratitude a quen, a través da súa loita pola igualdade constrúe unha sociedade galega mellor para as xeracións que están por vir e ademais recoñecer a traxectoria de todos e todas os que traballan para erradicar as desigualdades de xénero que aínda persisten.
  • A industria agroalimentaria galega é a terceira en volume de exportacións despois do téxtil e a automoción
    No 2018, as vendas internacionais da industria agroalimentaria representaron o 13,4% do total, sumando o valor de 3.065,6 millóns de euros, continuando, así, a súa evolución positiva, cun aumento do 1,8% con respecto ao ano 2017. O ano pasado un total de 1.384 empresas galegas do sector da alimentación venderon os seus produtos no exterior. Delas, case a metade, 663, exportan regularmente, é dicir, fixérono de forma consecutiva durante os últimos catro anos, o que supón un incremento do 1,1% con respecto a 2017. En termos globais, o ano pasado en Galicia, o número de empresas exportadoras e exportadoras regulares alcanzaron as 7.259 e 2.498, respectivamente.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 59
  • 60
  • 61
  • 62
  • 63
  • 64
  • 65
  • 66
  • 67
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información