Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • Aberto o prazo para inscribirse nunha das nove rutas de inverno do Parque Nacional das Illas Atlánticas
    Organízanse un inverno máis un total de nove rutas guiadas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. Baixo o lema Descubrindo o Parque Nacional, este programa de visitas, de carácter gratuíto e dirixidas por guías profesionais do parque, pretenden dar a coñecer o patrimonio natural e ambiental do arquipélago fóra da tempada estival. Así, desde hoxe mesmo os interesados poden solicitar a reserva de praza a través da web reservasparquesnacionales ou facelo de forma presencial nas oficinas do parque nacional en Vigo (rúa Oliva, nº 3) ou no centro de visitantes (rúa Palma, nº 4).
  • A agricultura ecolóxica medra en Galicia e factura xa 80 millóns de euros anuais
    A agricultura ecolóxica en Galicia mantén a tendencia positiva e, a falta de pechar definitivamente o balance anual de 2018, os datos provisionais indican que a facturación chegou a superar os 80 millóns de euros. Este incremento é posible grazas a que aumenta tanto a superficie certificada nun 15% como o número de operadores nun 13%. Estes datos foron facilitados na feira de ecoloxía máis importante a nivel internacional, Biofach, en Núremberg, pola delegación trasladada dende a nosa comunidade para apoiar ás empresas galegas que se promocionan nela.
  • Un encontro co audiovisual galego reúne á industria internacional no marco do European Film Market de Berlín
    O audiovisual galego presentouse en Berlín diante da industria cinematográfica internacional, nun encontro celebrado no marco da 31ª edición do European Film Market (EFM), que se desenvolve do 7 ao 15 de febreiro en paralelo á Berlinale. Para a celebración deste evento especial, a organización volveu a escoller o Academie Lounge de Berlín, local situado moi próximo ás sedes do mercado, que reuniu a 200 profesionais coa finalidade de intensificar as relacións entre os representantes do audiovisual galego desprazados e a industria internacional convidada. Este encontro facilitoulles aos profesionais a posibilidade de ampliar a súa axenda de contactos e detectar potenciais clientes ou colaboradores.
  • As longametraxes A sombra da lei e Trote suman 15 candidaturas cada unha na carreira polos Mestre Mateo
    A primeira rolda de votacións das e dos académicos galegos sitúa aos filmes A sombra da lei e Trote como as producións máis votada entre as 167 que se presentaron aos XVII Premios Mestre Mateo, acaparando 15 candidaturas cada unha. A unha certa distancia sitúanse a serie O sabor das margaridas con 8, a longametraxe Contou Rosalía con 7, e o programa Land Rober Tunai Show e o documental Versogramas con 4 cada unha. A sombra da lei opta a facerse co galardón á mellor longametraxe, mellor dirección para Dani de la Torre e todas as categorías profesionais ás que optaba -dirección de arte, dirección de fotografía, dirección de produción, guión, maquillaxe e perruquería, montaxe, son, música orixinal e vestiario-.
  • O catálogo 'Shorts from Galicia' estará presente no Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand
    Iníciase a andaina exterior do catálogo Shorts from Galicia 2019 no Festival de Court Métrage de Clermont-Ferrand (Francia), o principal encontro internacional para os profesionais que se dedican á produción, difusión e distribución de curtametraxes. Realizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a pubicación ofrece na súa nova edición unha escolma de seis títulos: Maullidos de látex, de Brian Rodríguez; Limbo, de Daniel Viqueira; Soy una tumba, de Khris Cembe; A nena azul, de Sandra Sánchez; La noche, de Martín Romero; e El Espectrorum, de Judith Adataberna. Ademais, a curta de animación Soy una tumba foi seleccionada polo festival de Clemont-Ferrand para competir dentro da súa sección internacional.
  • A marca que agrupa os principais festivais musicais galegos, finalista dos Iberian Festival Awards na categoría de mellor activación de marca
    FEST Galicia compite na candidatura de mellor activación de marca xunto a outros nove finalistas nesa mesma categoría, entre os que se atopan as campañas desenvolvidas por importantes firmas comerciais, algunhas delas mesmo en eventos galegos, como son Super Bock no SonRías Baixas e Estrella Galicia no Festival Sinsal. No caso de FEST Galicia, a valoración realizouse sobre o traballo global levado a cabo durante o pasado verán nos seus 10 festivais galegos adheridos, a través de accións relacionadas coa sostibilidade ambiental, a igualdade, a promoción da lingua e a difusión de programas destinados á mocidade. Os Iberian Festival Awards premian o labor dos festivais que se organizan en España e Portugal, seleccionando 10 entidades en cada categoría.
  • Galicia presenta a Estratexia de cambio climático e enerxía co obxectivo de que a Comunidade sexa o antes posible neutra en emisión de gases de efecto invernadoiro
    Galicia conta xa cunha Estratexia de cambio climático e enerxía co fin de que a comunidade sexa o antes posible neutra en emisión de gases de efecto invernadoiro. Trátase dunha folla de ruta a longo prazo co obxectivo de alcanzar a neutralidade climática en 2050, traballando en catro ámbitos específicos de actuación. As emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia estímanse no ano 2016 en 27,9 millóns de toneladas de CO2 -un 4,7% por debaixo do ano 1990 e un 22,4% por debaixo do ano 2005-, e presentan un comportamento máis favorable que as emisións do conxunto de España no mesmo período.
  • A cifra de viaxeiros aloxados en turismo rural acada o seu máximo histórico tras medrar máis dun 68% nun lustro
    O turismo rural acadou un máximo histórico ao longo de 2018 ao rexistrar un total de 217.735 viaxeiros aloxados, o que supón un 0,6% máis que no ano anterior e un crecemento do 68% durante o último lustro. Os datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) permiten constatar a notable evolución que esta tipoloxía turística está a experimentar desde 2013, dado que hai só cinco anos a cifra total de viaxeiros nas casas de turismo rural era de 129.179. Malia que este sector amosou en 2017 un comportamento moi por riba do esperado, en 2018 foi quen de superar o seu resultado no total de viaxeiros.
  • Máis de 76.000 persoas coñeceron en Fitur a oferta turística galega de 2019, que reforza o seu atractivo patrimonial e natural
    Galicia volveu cumprir obxectivos durante a súa participación na Feira Internacional de Turismo Fitur que remata hoxe en Madrid despois de cinco días de intensa actividade, tanto profesional como aberta ao público en xeral. O expositor galego foi visitado por máis de 76.000 persoas e conseguiu consolidar o atractivo da sólida oferta turística galega grazas a unha proposta que se reforza en 2019 con novidosas experiencia ao redor do patrimonio, da historia e da natureza. O expositor de Galicia acolleu máis de 40 presentacións das catro provincias, dando resposta ás entidades que así o solicitaron.
  • Galicia, Asturias e Castela e León solicitan ao Goberno un programa de actuacións e a demanda de financiamento comunitario para transformar o Corredor Atlántico en competitividade e emprego
    Galicia, Asturias e Castela e León solicitarán ao Goberno central un programa de actuacións e a demanda de financiamento comunitario para transformar o Corredor Atlántico de Mercadorías en sinónimo de competitividade, progreso económico e emprego; para transformar liñas ferroviarias deseñadas no século XIX, nun ferrocarril de mercadorías que lle permita ao Noroeste competir na Europa do século XXI. Unhas actuacións que se cifran nun investimento de preto de 3.000 millóns de euros para optar ao cofinanciamento con fondos europeos.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 61
  • 62
  • 63
  • 64
  • 65
  • 66
  • 67
  • 68
  • 69
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información