Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • Galicia participa cun pavillón propio na Feira Expo Antad & Alimentaria de México, coa representación de once compañías do sector
    No evento, referente principal para a industria da alimentación iberoamericana e, no que participarán un total de 47 compañías españolas, Galicia contará cun pavillón propio dentro da área dedicada a España. A esta feira, na que se darán cita 1.900 expositores de máis de 30 países, prevese a visita de preto de 50.000 persoas vinculadas ao sector alimentario. A participación na Feira Expo Antad & Alimentaria pretende abrir oportunidades de negocio e alianzas para o tecido empresarial galego. Durante a feira, reforzarase a imaxe da marca Galicia e os produtos galegos con actividades e eventos como obradoiros de cociña ou catas de viños.
  • O turismo rural en Galicia volve a medrar no inicio deste ano despois de acadar o seu máximo histórico en 2018
    O turismo rural, despois de rematar o ano 2018 acadando o seu máximo histórico, volveu a crecer en Galicia durante o primeiro mes do ano. Así, segundo os datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), decantáronse por este tipo de establecementos 4.610 viaxeiros. Esta cifra supón un incremento do 1,5% en relación co mes de xaneiro do pasado ano. O turismo rural tamén lidera o crecemento no número de noites. Con respecto ao mesmo mes do anterior ano, a cifra incrementouse un 10,8% como consecuencia da subida da estadía media. Ao marxe do turismo rural, este comportamento é positivo en toda a demanda regrada en Galicia, onde o volume de noites subiu nun 1,6%, mentres que no conxunto do Estado esta cifra descendeu un 0,8%.
  • Galicia pecha con éxito unha emisión de 400 millóns en bonos, cunha demanda que multiplicou por cinco a oferta
    Galicia pechou con éxito hoxe unha emisión de 400 millóns de euros en bonos a longo prazo, cunha demanda que multiplicou por cinco a oferta. Esta é a primeira emisión de débeda que leva a cabo a Comunidade Autónoma desde 2014 e supón o inicio do seu retorno gradual aos mercados de débeda. A Consellería de Facenda vén de pechar a operación cun tipo de xuro moi beneficioso, do 1,45%, o mellor acadado por unha comunidade autónoma nestes últimos meses. A duración dos bonos é de dez anos e a operación realizouse coas entidades financeiras Abanca, BBVA, Barclays e Societe Generale.
  • 19.000 galegas e galegos verán incrementada a súa prestación de dependencia a partir da nómina do mes de abril
    19.000 persoas se beneficiarán dun aumento na súa prestación de dependencia a partir da nómina correspondente ao mes de abril. En concreto, o aumento das contías será dun 10% para aquelas persoas que teñen a súa autonomía limitada e que son coidadas na casa por un familiar, dun 15% na axuda para contratar a un asistente persoal e no caso das achegas para pagar unha praza de residencia estas subirán un 20% para as dependencias de grao I e III, e un 75% para as dependencias de grao II. O Servizo de Axuda no Fogar se multiplicou por dez a súa extensión desde 2009 e hoxe son preto de 23.500 as persoas beneficiarias, igual que o programa Xantar na Casa, que leva o menú diario a máis de 1300 maiores.
  • Galicia bate en 2018 un novo récord de exportacións, cunha suba do 5,4%, e rexistra a maior cifra de empresas exportadoras da súa historia
    Galicia logrou en 2018 un novo récord de exportacións, superando nun 5,4% o rexistro do ano anterior, e logrando tamén o maior número de empresas exportadoras e empresas exportadoras regulares da súa historia. Así, as vendas ao exterior das empresas galegas sumaron o ano pasado máis de 22.857 millóns de euros, e medraron case o dobre que no conxunto de España, onde se incrementaron nun 2,9%. Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, as exportacións galegas, que superan por primeira vez a barreira dos 22.000 millóns de euros, supoñen un 8% do total das exportacións con orixe en España.
  • As redes de información europea de Galicia e Norte de Portugal colaborarán nun proxecto conxunto sobre economía circular
    Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, acolleu no V Encontro de Redes de Información europea en Galicia e Norte de Portugal, no que se deron cita representantes de trece centros pertencentes ás diversas redes de información creadas pola Comisión Europea para poñer ó servizo da cidadanía información sobre as oportunidades, dereitos e políticas da Unión. No espazo de intercambio de boas prácticas, Europe Direct A Coruña presentou o Mapa de financiación europea na Coruña, mentres que Europe Direct Tâmega-Sousa e a AEP relataron as súas experiencias no proxecto “Volta de apoio ao emprego”.
  • Santiago de Compostela acolle a primeira edición da pop up Espazos Efémeros de Emprendemento
    A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias - AGACA- organiza no mercado de Abastos de Santiago de Compostela a exposición "Espazos Efémeros de Emprendemento" no marco do proxecto Interreg PocTep LACES. Cun formato de tenda 'pop up' desenvolverase durante seis fins de semana de febreiro a xullo, en xornadas de venres e sábado. A exposición “Espazos Efímeros de Emprendemento” comeza o venres 22 de febreiro en horario de 9.15 a 15.00 horas. O obxectivo desta actividade é ofrecer aos proxectos e empresas da economía social que se atopan en fase de creación ou consolidación unha experiencia real de venda e conseguir unha importante aprendizaxe que lles axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
  • A Xunta activará unha plataforma dixital para ofrecer ás empresas asesoramento técnico e personalizado ante o Brexit
    A Xunta porá en marcha unha plataforma dixital dirixida ás empresas galegas interesadas en solicitar unha diagnose de cal é a súa situación e como deben actuar ante o Brexit. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, explicou na inauguración da xornada Galicia ante o Brexit: perspectivas, retos e oportunidades para as empresas galegas, que esta iniciativa permitirá ao tecido empresarial galego, principalmente ás pemes, coñecer de xeito personalizado o impacto real que pode chegar a ter o Brexit no seu día a día para poder anticiparse a adoptar as medidas necesarias para converter o Brexit nunha oportunidade.
  • O primeiro Plan reitor de uso e xestión das Illas Atlánticas entra en vigor co fin de garantir a protección do parque nacional
    O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia contará co seu primeiro Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX), un completo documento no que se recollen e regulan os usos permitidos neste espazo natural durante a vindeira década co fin de garantir unha maior protección e conservación dos seus valores. Despois de acadar o visto bo do Consello da Xunta a finais de 2018, coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia do decreto de aprobación do plan cómprese o último trámite para a súa entrada en vigor e dáse así un paso imprescindible na candidatura do parque nacional a ser declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
  • Feijóo defende reforzar o Corredor ferroviario ao Noroeste cos investimentos necesarios para unha España equilibrada
    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe reforzar o Corredor ferroviario ao Noroeste cos investimentos necesarios para unha España equilibrada porque “unha España hemipléxica –aseverou- tería consecuencias irreparables a longo prazo”. Deste xeito, e durante a súa participación, xunto cos presidentes do Principado de Asturias e de Castela e León, nun almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum, propuxo que se garanta na planificación do Corredor Atlántico o baipás de Monforte, a conexión ferroviaria do Porto Punta Langosteira e, sobre todo, a saída sur de Vigo que, na súa opinión, debe proxectarse xa, aínda que non se poida incorporar ao trazado do corredor ata 2023.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 60
  • 61
  • 62
  • 63
  • 64
  • 65
  • 66
  • 67
  • 68
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información