Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • Unha programación especial para celebrar o Día Internacional dos Museos con medio cento de actividades
    Os museos galegos ofrecen durante toda esta semana un amplo programa de actividades para todos os públicos para celebrar, o 18 de maio, o Día Internacional dos Museos baixo o lema Os museos como eixes culturais: o futuro da tradicións. O obxectivo marcado nesta edición polo Consello Internacional de Museos é subliñar os novos papeis que desempeñan os museos como axentes activos nas súas comunidades. Con este fin, os museos de xestión autonómica teñen programadas actividades como xornadas de portas abertas, visitas guiadas, concertos, obradoiros, espectáculos de monicreques ou romarías. Moitos dos museos empezan xa a celebración da efeméride nas xornadas previas ao 18 de maio.
  • O Plan Digitalent e Arkitas traen a Santiago de Compostela a World Robot Olympiad, que se celebrará o 15 de xuño
    A World Robot Olympiad (WRO) é unha competición de robótica educativa de ámbito internacional, que ofrece aos nenos e nenas unha oportunidade de achegarse dunha maneira lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñería. Os estudantes, coa orientación dun entrenador, deben construír un robot innovador que supere un reto. Así, aprenden e demostran a súa capacidade de resolución de problemas, ao mesmo tempo que desenvolven competencias persoais. Na WRO englóbanse diversos retos que se celebran de forma independente. Na categoría Regular, os equipos deben construír robots que consigan a máxima puntuación ao resolver probas presentadas sobre un taboleiro.
  • Belako, Jello Biafra, Los Punsetes e Joe Crepúsculo actuarán no Noroeste Estrella Galicia 2019
    O 33º Festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña desvelou esta mañá un novo avance do seu cartel para este 2019. A frescura retro-futurista de Belako, que mistura o punk-rock cos ambientes máis cálidos da electrónica sinfónica, subirase ás táboas da Praia de Riazor o sábado 10 de agosto. Pola súa banda, a lenda estadounidense Jello Biafra, considerado como o líder intelectual do movemento punk, súmase ao cartel do venres 9 en Riazor xunto a Patti Smith and Band e Nathy Peluso. Mentres, o inclasificable trobador tecno Joe Crepúsculo celebrará unha década de carreira a ritmo de baile irracional no Noroeste, onde tamén sorprenderá o indie pop imparable de Los Punsetes.
  • Galicia comparte coas comunidades da España Verde a importancia de reforzar o posicionamento internacional desta marca turística
    Tivo lugar en Álava o encontro da España Verde, coa presenza dos directores de turismo das catro comunidades autónomas que integran esta marca que, ademais de Galicia, está conformada por Asturias, Cantabria e País Vasco. Coincidindo con 30 aniversario da España Verde e baixo a coordinación que este ano asume o País Vasco, o encontro serviu para facer balance das actividades realizadas ata o de agora e avanzar na programación deste 2019. Preténdese intensificar agora os esforzos mediante unha serie de accións encamiñadas a captar novos mercados de interese estratéxico, especialmente o asiático, e centrarse nos recursos que unen ás catro comunidades.
  • Un total de 163 areais, portos, sendeiros e aulas-centros de natureza galegos lucirán o distintivo de bandeira azul este verán
    Galicia mantén a súa segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 135 distincións. Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 20% das 566 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (97 bandeiras),e pola andaluza (79). Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego -e do conxunto do Estado- con máis bandeiras azuis, con 14 praias distinguidas. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que suma 10 en 2019; Cangas do Morrazo (7), Marín e Baiona, con 5 cada concello.
  • A estadía media nos establecementos turísticos galegos acada no primeiro trimestre a cifra máis elevada dos últimos cinco anos
    A estadía media nos establecementos de aloxamento galegos medrou no primeiro trimestre un 2,3%, situándose na cifra máis alta dos últimos cinco anos. Nos tres primeiros meses visitaron Galicia máis de 614.000 viaxeiros, que realizaron máis de 1,1 millóns de pernoitas, o que supón un crecemento dun 18% no último lustro. Durante os tres primeiros meses deste ano o turismo internacional medrou preto dun 2% . É o quinto ano consecutivo no que se rexistra un crecemento do turismo internacional en Galicia neste primeiro trimestre situando o nivel de 2019 en máis de 218.000 noites, a cifra máis alta en 11 exercicios. No que se refire só ao mes de marzo, tamén se rexistrou un aumento no tempo que os viaxeiros permanecen na Comunidade galega malia o efecto de Semana Santa, que nesta ocasión se celebrou en abril.
  • Galicia acollerá en 2020 a sexta edición da feira Unvex, o principal foro da industria dos drons a nivel internacional
    Galicia acollerá en 2020 a sexta edición do evento Unvex, un foro centrado en sistemas non tripulados en España e Latinoamérica, organizado pola editorial IDS, especializada en información sobre mercados e industrias tecnolóxicas e editora de medios dixitais como Infodron, Infodefensa e Infoespacial. O evento celebrarase en Santiago de Compostela e o Polo aeroespacial de Rozas do 16 ao 18 de xuño de 2020, co patrocinio da Xunta de Galicia. O evento estará centrado nun mercado emerxente, o dos servizos públicos, xa que cada vez máis as administracións demandan solucións tecnolóxicas e eficientes para ofrecer mellores servizos aos cidadáns en ámbitos como a protección do medio ambiente, a vixilancia costeira, o rescate, as emerxencias, saúde e seguridade, infraestruturas ou acceso a áreas remotas.
  • Publicada a nova lista de deportistas de alto nivel que chega aos 403, dos que 122 son mulleres, 186 homes e 10 deportistas con discapacidade, o máximo histórico
    Recoñécense a 95 novos deportistas galegos e galegas de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2018 (34 mulleres, 61 homes e 4 deportistas con discapacidade) que se suman á lista de 308 deportistas galegos e galegas de alto nivel recoñecidos en anteriores convocatorias (122 mulleres, 186 homes e 6 deportistas con discapacidade). No momento actual Galicia conta con 403 deportistas galegos e galegas de alto nivel (156 mulleres e 247 homes), dos que 10 (8 homes e 2 mulleres) son deportistas con discapacidade, o número máis elevado desde que se recoñecen aos deportistas galegos e galegas de alto nivel, o 2004.
  • Galicia busca en Estados Unidos novas oportunidades de negocio para o polo aeroespacial de Rozas
    Galicia participa na principal feira da industria dos drons a nivel internacional, a Xponential 2019, en Chicago (Estados Unidos), na que a Civil UAVs Initiative, a iniciativa para crear un polo de referencia internacional no ámbito aeroespacial en Galicia, conta cun espazo de seu dentro do pavillón do ICEX. A participación da Civil UAVs Initiative nesta feira enmárcase no plan de internacionalización da iniciativa, co obxectivo de xerar novas oportunidades de negocio aos axentes implicados na iniciativa e contribuír a posicionar a Galicia como un polo de referencia internacional no segmento dos vehículos non tripulados para uso civil.
  • O IV Gastroforum do CSHG arranca con relatorios e obradoiros ao redor da gastronomía sustentable
    O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) acollerá o vindeiro luns a cuarta edición do Gastroforum, co título Gastronomía con propósito, que afondará este ano nas claves da xestión sustentable aplicada á gastronomía. No cuarto Gastroforum citaranse representantes de diferentes restaurantes galegos avalados pola súa traxectoria como Iván Domínguez, do restaurante Nado; Sergio Musso e Paco Chicón do restaurante Eclectic; Diego López, de La Molinera; Javier Olleros, de Culler de Pau; Iria Espinosa de Árbore da Veira; Kike Piñeiro, de A Horta do Obradoiro; Marco Martínez, bar manager de Boanerges; Pepe Solla, de Casa Solla, Alberto Lareo; Miguel Fernández, de Morgana, ou Lucía Freitas, de A Tafona.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 55
  • 56
  • 57
  • 58
  • 59
  • 60
  • 61
  • 62
  • 63
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información