Noticias
-
A Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega da Xunta de Galicia comprende, entre outras iniciativas, o programa Galicia Exporta, a iniciativa Bolseiros de Internacionalización e o Plan de Fomento das exportacións galegas (FOEXGA), para conseguir que as exportacións galegas representen o 40% do P.I.B. da nosa Comunidade. Tendo superado a barreira dos 21.000 millóns de euros en 2017, Galicia bate records cun superávit comercial de 2.695,8M€ nos primeiros oito meses de 2018.
-
O Plan galego, posto en marcha hai dous anos, posibilitou que se beneficiaran da súa implantación máis de 5.000 pacientes. O número de interconsultas realizadas polos médicos responsables dos pacientes á Central de Atención ao Ictus foi de 1.426, o que supón unha media de 59 interconsultas por mes. Os hospitais que máis recorren á central son os comarcais, o que é unha mostra da eficacia desta central, xa que as persoas que máis se benefician son os pacientes que viven nás áreas máis afastadas, garantindo o acceso desta poboación ao mellor recurso asistencial posible.
-
Este paquete turístico está incluído no catálogo Adagio 2019, dentro do que figuran outras coidadas ofertas para realizar viaxes en distintas partes do mundo. Pazos e xardíns de Galicia desenvólvese ao longo de oito días de estancia no territorio galego e nel inclúese o aloxamento, a manutención e os traslados e a viaxe en avión desde Londres a Galicia. Os viaxeiros que se decidan por esta viaxe organizada terán a oportunidade tamén de coñecer unha boa parte dos xardíns históricos de Galicia así como a Ruta da camelia.
-
A primeira incubadora galega do sector biotecnolóxico, converterase nun verdadeiro viveiro de oportunidades de investimento de alta rendibilidade permitindo a incubación de 40 novas bioempresas en Galicia. BioIncubaTech, da que xa manifestaron o seu interese en participar máis de 30 empresas tratoras como Inditex, Coren, Finsa ou Biofabri, enmárcase na Estratexia galega de impulso á biotecnoloxía 2016-2020, que ten entre os seus principais eixos de acción o de fomentar a transferencia de coñecemento ao mercado.
-
A Cidade da Cultura despide este domingo, 14 de outubro, a mostra máis ambiciosa realizada, ata o momento, sobre as nosas artes plásticas: Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación e cuxo enorme interese levou a máis de 30.000 persoas a achegarse, desde o pasado 16 de marzo, ao Museo Centro Gaiás para admirar unha selecta escolma de 192 obras procedentes das dúas coleccións corporativas de arte máis senlleiras da comunidade e consideradas entre as máis importantes de España.
-
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou, despois de reunirse co ministro de Fomento, José Luis Ábalos, que as obras do tren de alta velocidade a Galicia estarán rematadas no último trimestre de 2019: un compromiso inequívoco adquirido tanto co anterior Goberno como co actual. “A partir do 2019, cando se entreguen formalmente as obras finalizadas na súa totalidade, é necesario que a Axencia de Avaliación de Infraestruturas faga as auditorías que considere oportunas”, explicou Feijóo, quen agarda que as auditorías conclúan á menor brevidade posible.
-
O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) fixo público hoxe o cartel de espectáculos, mesas redondas e actividades formativas da súa undécima edición, que ofrecerá do 4 ao 14 de outubro unha quincena de montaxes de cinco países, así como o IV Encontro Mulleres Creando e o curso O xogo, motor da creación. A organización do festival mantén un forte compromiso co teatro feito en Galicia, coas actuacións da compañía de circo IO, de A Panadaría en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), de Trécola e de Matarile Teatro, que estrea no FITO Os limóns, a neve e todo o demais.
-
Máis de 634.000 turistas aloxáronse o pasado mes de agosto nos establecementos hoteleiros de Galicia, onde realizaron preto de 1,5 millóns de noites. Son viaxeiros que atoparon motivos para permanecer máis tempo na nosa Comunidade, pois a estadía media experimentou unha mellora do 3%, acadando así o dato máis elevado en oito anos e favorecendo a evolución de diversas variables cualitativas. En concreto, o sector hoteleiro galego viu melloradas un 3,7% as súas tarifas no oitavo mes do ano de acordo cos datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Este feito, unido a diversos aspectos, permitiu que os empresarios optimizaran a súa rendibilidade medida a través do RevPAR, ingreso medio por habitación dispoñible.
-
'A derradeira leición' do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e considerada o 'Guernica galego'— foi hoxe descolgada e embalada por técnicos especialistas para iniciar o procedemento de traslado desde o Centro Galicia de Buenos Aires a Galicia, onde se exhibirá por vez primeira na Cidade da Cultura —do 5 de outubro de 2018 ao 3 de marzo de 2019— como eixe central de 'Castelao maxistral', homenaxe ao papel dos mestres e mestras das tres primeiras décadas do século XX na construción do ensino público.
-
Os proxectos do Campus da Auga (Ourense) a Edar de Vigo e as instalacións de Finsa, en Santiago, veñen de ser distinguidos na categoría de Arquitectura. Nesta convocatoria dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, estes tres proxectos comparten galardón neste mesmo apartado. Nesta mesma categoría de Arquitectura, o xurado concedeu ademais mencións aos proxectos dunha vivenda unifamiliar en Cee e dun apartamento en Noia. Na categoría de Rehabilitación o premio foi para a recuperación da curtiduría de Pontepedriña de Arriba, en Santiago, na que se instalou o Centro de Formación en rehabilitación.