Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • O 'Códice Calixtino' e o 'Cancioneiro da Vaticana' serán exhibidos este ano por vez primeira en Galicia
    As obras formarán parte de 'Galicia, un relato no mundo', a primeira gran mostra internacional da programación do Xacobeo 21, que se inaugurará o próximo novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia. O Liber Sancti Iacobi do Vaticano é, xunto ao orixinal de Santiago, un dos tres únicos códices calixtinos iluminados, o que permite observar detalles gráficos perdidos no orixinal compostelano, como é o propio rostro do emperador Carlomagno. Na Idade Media, realizáronse en Compostela diversas reproducións do Códice Calixtino co ánimo de propagar por toda Europa o culto e a peregrinación a Santiago, chegando a importantes centros de culto e intelectuais da época ao longo do continente.
  • O selo 'Galega 100%', impulsado pola Xunta para acreditar o leite galego de calidade diferenciada, consolidado no mercado
    Galicia é na actualidade a oitava rexión europea produtora de leite. O seu sector lácteo –que ten a consideración de sector estratéxico- produce arredor do 40% do leite de España e comprende máis da metade do total das explotacións lácteas españolas. Os máis de 7.000 gandeiros galegos facturan anualmente arredor de 800 millóns de euros e a produción de leite no 2018 chegou aos 2,8 millóns de toneladas, consolidando a Galicia como líder nacional indiscutible. Na actualidade, o selo Galega 100% tense acreditado como identificador dun produto da máxima calidade, que permite ao consumidor unha identificación fácil e sinxela, o que contribúe a poñer en valor este produto nos mercados.
  • Odaiko e compañía N+1 protagonizan as estreas de Galicia Escena Pro na terceira xornada de mercado
    Odaiko e Compañía N+1 protagonizan as dúas estreas absolutas de Galicia Escena PRO, que poderán verse mañá en Santiago dentro do programa de exhibición da sétima edición do mercado galego das artes escénicas. A formación madrileña Rotura Producciones e as galegas La Macana e A Quinta do Cuadrante completan a carteleira da terceira xornada deste encontro, que organizan a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a asociación empresarial Escena Galega. A xornada rematará na sala Riquela Club coa terceira e última Noitescena PRO, que ofrece un programa musical sorpresa do que poderán gozar todos os acreditados.
  • Galicia traballa para marcar a diferenza a través dos seus proxectos biotecnolóxicos, que presenta nunha xornada sobre a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3
    Nesta ocasión, fíxose balance do Reto 3, centrado en acadar un novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo. Sinalouse a importancia deste obxectivo dadas as características demográficas que ten a Comunidade galega, o significado que ten para a calidade de vida dos cidadáns e o potencial no sector agroalimentario. O que se busca é facer de Galicia unha rexión líder no sur de Europa na oferta de servizos e produtos relacionados cun modelo de vida saudable. Cabe destacar o protagonismo que ten Galicia no conxunto da Unión Europea a través doseus proxectos biotecnolóxicos, dado que a Comunidade é a terceira con máis empresas deste sector.
  • Galicia Escena PRO celebra a súa sétima edición co teatro de rúa, dúas estreas e máis 'networking', entre as principais novidades
    O programa deste ano articúlase arredor da exhibición dos 20 espectáculos en cartel, entre os que se atopan dúas estreas absolutas e outras dúas montaxes de teatro de rúa, e unha programación exclusivamente profesional que inclúe unha sesión de pitching de proxectos e varios momentos pensados especificamente para favorecer o networking, como os novos Cafescena e Noitescena PRO. E como en anos anteriores, o público terá a oportunidade de gozar destas propostas de xeito gratuíto. Ademais, este ano Galicia Escena PRO farase sentir nas rúas coa representación de OhLimpiadas!, da compañía galega Sincronacidas, na praza de Cervantes, e de Femmes, da vasca Hortzmuga Teatroa, na Quintana.
  • Científicos das Universidades da Coruña e Santiago crean novos sensores para a detección e o estudo da evolución tumoral
    Se a poboación dunha pequena cidade medrase de xeito rápido e desproporcionado, a consecuencia natural sería que os servizos básicos (como a auga, o saneamento ou mesmo os alimentos dispoñibles) non alcanzarían a cubrir as necesidades de tódolos seus habitantes. Algo semellante ocorre cando as células tumorais penetran un tecido: a seu indesexada presenza provoca un incremento substancial no consumo de nutrientes e osíxeno, o que fai inabarcable a subministración desde os vasos sanguíneos a toda a poboación de células asentadas no tecido invadido. Malia todo, as células tumorais conseguen sobrevivir aproveitando certos mecanismos dos que dispón o organismo, grazas aos cales poden aumentar o número de vasos e obter así os nutrientes e o osíxeno que precisan.
  • Galiciantunes On Tour presenta os directos de Davide Salvado e Fernando Barroso no evento profesional de música SOL Madrid
    Os galegos Davide Salvado e Fernando Barroso actúan este sábado 8 no encontro SoL Madrid, evento profesional arredor do negocio da música que arranca hoxe na capital de España. Ambos ofrecerán cadanseu showcase no Impact Hub Piamonte, onde se presentarán baixo a marca GalicianTunes On Tour diante dun exclusivo grupo de programadores de festivais, axencias de contratación e medios de comunicación de 11 países: Arxentina, Chile, Colombia, Corea, Emiratos Árabes, EE.UU., Holanda, México, Noruega, Reino Unido e Suíza. Definido pola organización como evento boutique, SoL Madrid inaugúrase esta noite no Costello Club e a súa actividade continuará ata o sábado en diferentes espazos da cidade.
  • Marisa Crespo, Teresa Portela, Jeanne Picard, Benedicta Sánchez e as redeiras de Galicia, galardoadas coa Medalla Castelao 2019
    Concédese esta distinción a aqueles galegos e galegas cuxa obra, en calquera faceta da actividade humana, se considera merecedora do recoñecemento de toda Galicia. Marisa Crespo dirixe a Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Transplante Cardíaco no CHUAC. Teresa Portela é unha piragüista que compite na modalidade de augas tranquilas. As redeiras de Galicia son profesionais que se dedican á confección, reparación e mantemento de artes e aparellos de pesca. Jeanne Picard fundou Stop Accidentes España despois de que un dos seus fillos falecese nun accidente de tráfico. E Benedicta Sánchez é unha das actrices da película O que arde, de Óliver Laxe, galardoada en Cannes.
  • Publicado o fallo dos Premios Agader, que recoñecen as iniciativas que innovan no rural galego
    Deuse a coñecer aos oito gañadores da décima edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. En total son oito os proxectos seleccionados que recibirán un premio de 10.000 euros cada un, cifra que deberán reinvestir na iniciativa gañadora co obxectivo de realizar melloras, apostar pola conservación ou executar actuacións complementarias. Os galardóns entregaranse o vindeiro 21 de xuño no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón). Na categoría de proxectos culturais e de recuperación patrimonial do medio rural, o premiado foi a Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso, pola promoción da cultura a través da figura de Eduardo Pondal, co desenvolvemento de programas favorecedores do patrimonio material e inmaterial.
  • Galicia despide un mes de maio moi seco e marcado por episodios con temperaturas máximas moi elevadas e propias do verán
    O mes de maio caracterizouse en Galicia por ser moi seco e estivo marcado por episodios con temperaturas máximas moi elevadas, polo que en xeral pode considerarse no conxunto da comunidade como un mes cálido. Estas son as principais conclusións do avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, no que se comparan os rexistros de temperatura e chuvia do mes pasado cos do período histórico de referencia 1961-2019. Deste xeito, a principal singularidade meteorolóxica de maio foi a escaseza de chuvias que se rexistraron con carácter xeral na comunidade.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 52
  • 53
  • 54
  • 55
  • 56
  • 57
  • 58
  • 59
  • 60
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información