Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • As praias galegas obteñen 111 bandeiras azuis e a comunidade suma o maior número de sendeiros galardoados do Estado
    As praias galegas obtiveron este ano un total de 111 bandeiras azuis e, ademais, a Comunidade sitúase á cabeza de todo o Estado en número de sendeiros azuis, con 20. Así, Galicia sitúase entre as autonomías máis galardoadas pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac), cun global de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis. Con 111 bandeiras para as súas praias, catro máis que o ano anterior, a Comunidade acapara preto do 20% das outorgadas en toda España.
  • A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal acada máis de 470 millóns de euros para desenvolver 1103 proxectos de innovación
    O obxectivo da RIS3T é dinamizar a participación da Eurorrexión nas convocatorias europeas de cooperación interterritorial e constituír o marco para poñer en marcha accións e proxectos coordinados capaces de competir con maior éxito na captación de financiamento procedente do Programa Horizonte 2020. Liderada pola Xunta de Galicia, a través de Gain, e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDRN), nela participan máis de 200 empresas e centros de coñecemento de ambas as dúas rexións.
  • Galicia avoga en Bruxelas pola posta en marcha de ferramentas que reforcen o respeto ao Estado de Dereito en tódolos países
    O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (Civex) do Comité Europeo das Rexións, na que se aprobaron varios ditames, como o referido ao futuro Plan de Acción para a Democracia Europea. Sobre este novo plan proposto pola Comisión Europea en decembro, o director xeral avogou porque contemple o establecemento de ferramentas concretas que reforcen o respecto ao Estado de Dereito en todos os países membros.
  • A Ribeira Sacra entra na recta final para a súa declaración oficial como Reserva da Biosfera pola Unesco este mesmo ano
    A candidatura da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel a Reserva da Biosfera encara a recta final cara á súa proclamación oficial por parte da Unesco este mesmo ano. Así o indicou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen visitou xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o miradoiro do Cabo do Mundo, no concello lucense do Saviñao, desde onde se pode ver unha das mellores panorámicas desta zona. Este foi o lugar escollido para facer balance do traballo liderado pola Xunta nos dous últimos anos ata chegar ao momento actual, pendente tan só do pronunciamento do Comité Internacional de Coordinación do programa MaB (Man and Biosphere).
  • O Comité Europeo das Rexións debate sobre a recuperación do turismo, a hostalería e a restauración, coa participación de Galicia
    O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou esta semana no terceiro pleno do ano do Comité Europeo das Rexións (CdR), celebrado de forma virtual dende o martes. Na sesión desta mañá, os máis de 300 representantes rexionais e locais debateron sobre as dificultades atopadas para a recuperación do sector turístico, hostalería e restauración. O comisario de Mercado Interior, Thierry Breton, explicou como este é o sector cun déficit de investimento máis elevado de entre os 14 ecosistemas definidos na Estratexia Industrial da UE.
  • Galicia traslada á Presidencia do Consello da UE a necesidade de flexibilizar o regulamento de control da pesca e a urxencia de pechar un acordo de cotas co Reino Unido
    Galicia defende que as novas ferramentas de control teñan en conta as características do sector e sexan acordes á súa realidade co obxectivo de que non xeren malestar e sexan entendidas polos profesionais da pesca e do marisqueo. Por iso, pide que se mellore o texto durante o proceso de negociación dos trílogos -os debates entre a Comisión Europea, a Eurocámara e o Consello Europeo- para contar cunha normativa adaptada á realidade da frota e que non castigue ao sector.
  • As exportacións galegas medran un 1,4% en febreiro, e ascende un 11,4% o número de empresas que exportan
    Galicia recupera en febreiro os resultados positivos das súas vendas no exterior que foi acadando nos últimos meses do pasado ano, ao tempo que se incrementa o número das empresas da Comunidade con presenza nos mercados internacionais. Como mostran os últimos datos dispoñibles, as exportacións de febreiro remontan a caída experimentada en xaneiro, cunha suba do 1,4% con respecto ao mesmo mes de 2020, e as empresas galegas que venden produtos fóra ascenden a 3509, o que indica un incremento do 11,4%.
  • Galicia convértese na terceira comunidade con máis humidais tras a proposta de inclusión das Illas Atlánticas na lista Ramsar
    A inclusión do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas na Lista Ramsar converterá a Galicia na terceira comunidade española cun maior número de humidais distinguidos con este recoñecemento de carácter internacional, concretamente seis. Así o subliñou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen visitou o arquipélago de Cíes acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias. Tras lembrar que a candidatura do Parque Nacional para entrar na listaxe de humidais de importancia internacional foi ratificada a semana pasada polo Consello de Ministros, a conselleira explicou que, con esta decisión, só Andalucía e Valencia superan a Galicia no ranking estatal de zonas Ramsar, no que ocupa o terceiro posto xunto ao País Vasco.
  • Galicia colabora coa Axencia de Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina para levar a cabo un proxecto destinado a garantir o dereito á educación na franxa de Gaza
    O obxecto do convenio é contribuír a través de UNRWA España a paliar as consecuencias da actual pandemia de coronavirus no ámbito educativo na Franxa de Gaza, centrándose en contribuír a un programa de educación desenvolto pola entidade, que ten como obxectivo asegurar que os nenos e nenas refuxiadas de Palestina teñan garantido o acceso a unha educación primaria de calidade, aumentando a capacidade do sistema educativo para ofrecer servizos. O programa articúlase a través das 278 escolas que ten UNRWA en Gaza e a contribución galega irá destinada a cubrir salarios de docentes na escola elemental 'Beach' na Franxa de Gaza.
  • Galicia avaliará o impacto do Brexit na súa frota pola posible perda de posibilidades de intercambio de cotas con outros países
    Reuniuse o grupo de traballo sobre o brexit creado no marco do Consello Galego de Pesca e no que se definiron as liñas de traballo máis inmediatas na defensa do sector unha vez que o Reino Unido abandonou a Unión Europea. A primeira delas será a elaboración dun informe sobre o impacto económico da posible perda de intercambios de cota cos países máis afectados neste acordo pola entrega do 25% das posibilidades de pesca europeas ao Reino Unido a cambio do acceso a augas británicas durante só cinco anos e medio.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • 39
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información