Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal acada máis de 470 millóns de euros para desenvolver 1103 proxectos de innovación

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nun brokerage tecnolóxico enmarcado na Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T), a primeira RIS transfronteriza da Unión Europea. Neste contexto, púxose de relevo que a captación de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos superou con moito o previsto, con 471,8M€ acadados –fronte os 360M€ programados inicialmente– para un total de 1103 proxectos de innovación.

Patricia Argerey subliñou que a meirande parte dos proxectos encádranse nas áreas estratéxicas de cooperación identificadas, fundamentalmente nas de Industria 4.0; Industrias agroalimentarias e biotecnolóxicas; e Vida saudable e envellecemento activo.

O obxectivo da RIS3T é dinamizar a participación da Eurorrexión nas convocatorias europeas de cooperación interterritorial e constituír o marco para poñer en marcha accións e proxectos coordinados capaces de competir con maior éxito na captación de financiamento procedente do Programa Horizonte 2020. Liderada pola Xunta de Galicia, a través de Gain, e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDRN), nela participan máis de 200 empresas e centros de coñecemento de ambas as dúas rexións.

Neste marco celebrouse o encontro desta mañá, organizado nesta ocasión pola Axencia Nacional de Innovación de Portugal, en colaboración con Gain, o CCDRN, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e a Axencia de Investigación Clínica e Innovación Biomédica (AICIB).

O seu obxectivo, como sinalou a directora de Gain, é “proporcionar un punto de encontro entre axentes de innovación de ambas as dúas rexións, que xa está a dar resultados”. Ao longo da xornada, os participantes tiveron a oportunidade de compartir ideas, experiencias e capacidades nalgunhas áreas de especialización “nas que podemos atopar sinerxías que nos permitan abordar proxectos conxuntos”.

Neste sentido, Patricia Argerey reivindicou a colaboración e a especialización como dous elementos chave para o deseño dunha estratexia de innovación eficaz. “Colaboración entre sectores, entre empresas e centros de coñecemento, entre pemes e tamén entre territorios, como Galicia e Portugal, con tantos puntos en común e tantas posibilidades de colaboración. E tamén temos que ter en conta que non podemos ser os mellores en todo -salientou Argerey-, polo que a nosa estratexia de innovación debe apostar pola especialización e centrar todos os esforzos naquelas materias nas que poidamos converternos en referentes. E sei que compartimos esa visión co norte de Portugal”.

A directora de Gain incidiu ademais en que a innovación adquire unha “importancia crucial para avanzar no obxectivo estratéxico de afondar nun modelo económico máis baseado no coñecemento”.
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información