Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • A Xunta de Galicia e o Goberno de España acordan o aprazamento estratéxico do último paso para a presentación da Ribeira Sacra ao Comité do Patrimonio Mundial da Unesco
    A Xunta de Galicia e o Goberno central veñen de acordar conxuntamente o aprazamento estratéxico do último paso na presentación da candidatura do paisaxe cultural da Ribeira Sacra ao Comité do Patrimonio Mundial. Trátase dunha decisión conxunta e consensuada que permitirá fornecer aínda máis candidatura atendendo ás avaliacións e os informes de Icomos, organismo asesor da Unesco no trámite de avaliación das candidaturas. Así o anunciaron hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o embaixador de España ante a Unesco, Juan Andrés Perelló, tras unha reunión mantida en París.
  • Galicia logrou en 2019 superar os niveis de investimento en I+D previos á crise
    Galicia é unha das oito comunidades españolas que superaron en 2019 os niveis de investimento en I+D previos á crise e unha das nove que conta tamén con máis persoal neste eido en comparación con ese período. No Mapa de talento, Galicia avanza tres posicións ata situarse novena. A Comunidade progresa, por tanto, no seu obxectivo de avanzar tanto na I+D como na innovación co obxectivo de seguir afondando nun modelo económico baseado no coñecemento, máis resiliente e que promova sectores tecnolóxicos e especializados, axudando á vez, a evolucionar ao conxunto de sectores cara a unha economía máis innovadora. Un compromiso que se reflicte no orzamento deste ano que destina a este tipo de actuacións 227,5 millóns de euros, un 60% máis que en 2009.
  • A aceleradora Cologistics permitirá que 20 proxectos de emprendemento contribúan a mellorar as capacidades loxísticas da eurorrexión
    A nova aceleradora é un paso máis neste proxecto de cooperación transfronteiriza que une á Xunta, coa Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Autoridade Portuaria de Vigo, así como a Associaçao dos Portos de Douro, Leixões e Viana do Castelo, a Associaçao Empresarial de Portugal e a Cãmara Municipal de Vilanova de Famalição. O obxectivo é apoiar novos proxectos de emprendemento a partir da tecnoloxía, xa que se necesitan proxectos e solucións innovadoras que contribúan a mellorar a eficiencia deste sector. Constará de tres fases: lanzamento, selección e desenvolvemento efectivo, cun itinerario de aceleración ou consolidación das iniciativas.
  • Galicia sitúase como a terceira mellor comunidade no ritmo de recuperación da demanda turística
    A demanda turística en Galicia neste primeiro cuadrimestre do ano tivo unha mellor evolución que a media nacional e o descenso é 34 puntos inferior ao rexistrado no conxunto estatal. Así o reflicten os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que recollen que mentres que a caída da demanda a nivel nacional foi do 71% no período de xaneiro a abril de 2021 en Galicia foi do 37% respecto do mesmo período de 2020. Neste contexto Galicia sitúase como a terceira comunidade autónoma con mellor recuperación da súa demanda turística no que vai de ano, só por detrás de Navarra e Castela a Mancha.
  • Galicia revalida o seu posto como a segunda comunidade con máis distintivos que a consolidan como un destino turístico de calidade
    Galicia tivo unha presencia destacada na Noite Q 2021, a gran gala do turismo impulsada polo Instituto para a Calidade Turística de España e que se celebrou onte no marco da Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid. Durante o acto, presidido pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, fíxose entrega das distincións ás entidades e empresas que renovaron este ano a súa certificación de calidade. Con 298 distincións, Galicia volve revalidar este ano a súa segunda posición no ranking global de destinos turísticos de calidade, só por detrás de Andalucía.
  • O stand de Galicia rexistra o maior número de actividades en Fitur e esperta o interese dos operadores presentes na feira
    O stand de Galicia rexistra o maior número de actividades en Fitur e esperta o interese dos operadores presentes na feira, xa que no expositor da Xunta celebráronse preto dun centenar de reunións profesionais e contactos con operadores de todo o mundo. Nos tres días nos que se desenvolveron as actividades para profesionais, previos á apertura para o público, a oferta turística de Galicia espertou a curiosidade e o interese de boa parte das axencias e operadores turísticos que buscan destinos axeitados para un tipo de cliente que prioriza a seguridade e a tranquilidade trala crise sanitaria. A oferta galega espertou sobre todo o interese de operadores de países europeos e americanos, pero tamén de Rusia ou China.
  • O Polo Aeroespacial é un dos proxectos principais da candidatura de Galicia aos fondos Next Generation, que podería chegar a mobilizar uns 540 M€ a través da colaboración público-privada
    O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o Polo aeroespacial como un sector clave para a recuperación, cunha folla de ruta para o período 2021-2025 baseada no desenvolvemento industrial; no fomento das capacidades tecnolóxicas e innovadoras, a través da xeración e transferencia de coñecemento ao mercado; e na creación de emprego de calidade, podendo acadar ata os 3.000 postos de traballo. Trala reunión do Consello, Feijóo incidiu en que o sector contribuirá á recuperación aliñándose, ademais, coas metas a nivel estatal e europeo, co fin de xerar riqueza non só a curto prazo, senón crear as tecnoloxías, mercados e empregos do futuro.
  • Presentados os 21 deportistas galegos preseleccionados no equipo paralímpico español para Toquio
    Tivo lugar a presentación dos vinte e un deportistas galegos preseleccionados no equipo español de cara aos Xogos Paralímpicos de Toquio que terán lugar entre o 24 de agosto e o 5 de setembro. No acto participaron, entre outros, a triatleta Susana Rodríguez, o tirador Juan Saavedra, a atleta Adiaratou Iglesias, o taekwondista Alex Vidal e o piragüista Adrián Mosquera. O 15% da delegación española ten acento galego, un feito que responde a un traballo intenso realizado por todo o tecido deportivo en prol dos deportistas con discapacidade. Do último recoñecemento de deportistas galegos de alto nivel, 17 teñen algunha discapacidade.
  • Feijóo sinala en Fitur que Galicia 'xa está preparada' para ser protagonista no Xacobeo 21-22 dun destino seguro e de calidade
    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que Galicia “xa está preparada” para ser protagonista no Xacobeo 21-22 dun destino seguro e de calidade. “Estamos listos xa para recibir cos brazos abertos a toda a xente que queira chegar ao córner de Europa: cunha Catedral de Santiago reinaugurada, cun Pórtico da Gloria que recobrou o seu esplendor, cunha revitalización do Monte do Gozo e co acondicionamento das infraestruturas de acceso á capital e dos miles de quilómetros que vertebran o Camiño”, asegurou, durante a presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2021: Xacobeo 2021-2022. Camiña a Galicia.
  • Galicia acelera a redución de emisións grazas á súa Estratexia de cambio climático
    O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que Galicia está a acelerar a redución de emisións por riba da media nacional e en liña cos obxectivos que marca a Unión Europea, grazas á súa Estratexia de cambio climático e enerxía 2050, que executou xa máis de 317 millóns de euros durante o primeiro ano de vixencia. Logo de avaliar no Consello da Xunta as medidas desenvolvidas desde a súa implantación, Feijóo lembrou que ata 2023 o plan recolle 171 medidas cun orzamento de 1.280 millóns.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información