Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • O turismo en Galicia baixa en xuño un 82%, nove puntos menos que no conxunto de España, cun total de 75.000 viaxeiros
    A actividade turística baixou en xuño en Galicia nove puntos menos que no resto de España, rexistrándose unha caída dun 83% fronte a un 92% no resto de comunidades. Así, malia que o sector atravesa un momento de gran dificultade pola situación sanitaria, as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE) amosan os primeiros síntomas de reactivación tras o estado de alarma, cando a actividade foi practicamente nula debido ao peche xeneralizado. Na comparativa interanual, a caída de xuño afectou especialmente ao mercado internacional. A maior parte dos viaxeiros que escolleron Galicia, en concreto dous terzos da demanda turística, optaron por aloxarse en establecementos hoteleiros.
  • Galicia acada a maior converxencia en renda con España da serie histórica, un 90,9%
    Galicia é a segunda comunidade autónoma que rexistrou maior incremento do PIB per cápita en 2019, e isto permitiu acadar un nivel de converxencia en renda con España do 90,9%, o maior da serie histórica, segundo indican os datos de Contabilidade Rexional publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística. En 2019 o PIB per cápita de Galicia medrou un 3,67% respecto a 2018, ao pasar de 23.183 a 24.034 euros. Isto supón o segundo maior avance de todas as comunidades autónomas, só superado por Navarra (4,15%) e nove décimas superior á media española (2,76%). Con esta evolución, o PIB per cápita de Galicia pasa a representar o 90,91% da renda española. Este é o maior nivel de converxencia en renda con España de toda a serie histórica, e tamén é o segundo ano consecutivo en que se supera a barreira do 90%, un feito que se produciu por primeira vez no ano 2018 (90,11%).
  • Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño grazas a que o sector resiste mellor que a media española
    Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño, por riba de destinos como Canarias ou Baleares, grazas a que o sector está a resistir mellor que a media española. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos á ocupación hoteleira. Segundo o INE, os establecementos hoteleiros galego recibiron un total de 56.875 turistas que fixeron 115.952 pernoitas. A Comunidade sitúase así como a quinta con mellores rexistros, por diante da súa posición habitual. Na comparativa interanual, a demanda en Galicia baixou un 86,7%, oito puntos menos que a media española, que caeu un 95%.
  • Chega a Galicia o II 'Camiño escena norte' de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco
    Na súa segunda edición, Camiño Escena Norte volverá articular as súas actividades arredor de dous eixos: o Itinerario Constelacións e o Camiño Expandido. O primeiro deles suporá a realización en Galicia de oito funcións a cargo de compañías asturianas, cántabras e vascas, ao tempo que dúas formacións galegas terán a oportunidade de presentar os seus traballos nas outras tres comunidades participantes. Pola súa banda, Camiño Expandido ofrecerá unha serie de actividades paralelas para explorar as relacións co público e novas posibilidades de intercambio profesional, así como para favorecer a reflexión no marco deste sector. A ruta histórica do Camiño do Norte vertebra este proxecto interautonómico co obxectivo de facilitar o coñecemento mutuo entre os profesionais e o público destas catro comunidades autónomas.
  • Posta en marcha a terceira edición da Business Factory Aero, a aceleradora do sector aeronáutico e de vehículos non tripulados enmarcada no Polo Aeroespacial de Galicia.
    A terceira edición da BFAero adaptase á nova realidade, incentivando proxectos destinados á loita contra a covid-19. En total, seleccionaranse 7 proxectos (tres en incubación e 4 en aceleración) que disporán de servizos de titoría e mentorización, acceso ás instalacións do aeródromo de Rozas e aos equipos da Civil UAVs Initiative e asesoramento tecnolóxico de empresas tractoras líderes do sector como Indra e Babcock, ademais da posibilidade de realizar coworking e recibir formación plena. A convocatoria permanecerá aberta ata o vindeiro 22 de outubro. Con esta convocatoria ratifícase a Galicia e a Lugo como epicentros da innovación e do emprendemento no sector aeroespacial, cunha aposta decidida polo talento e pola innovación.
  • Galicia consolida en xuño a tendencia positiva de maio e sitúase como a comunidade na que máis baixa o paro
    Galicia diminúe o paro en xuño un 3,36% con respecto ao mes de maio, o que supón 6428 desempregados menos e segue situándose a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Este dato posiciona Galicia como a Comunidade na que máis descende o desemprego en termos absolutos, mentres que ascende lixeiramente -un 0,13%- no conxunto do Estado. O paro tamén baixou nas catro provincias, en concreto un 4,90% en Pontevedra, un 2,66% en Ourense, un 2,50% na Coruña e 1,50% en Lugo. Galicia volve reducir as cifras do paro en todos os sectores de actividade encabezando este descenso a construción (-5,96%), seguida dos servizos (-3,91%), a industria (-3,68%) e a agricultura e a pesca (-0,33%).
  • O Centro Dramático Galego apoia a participación de Paula Carballeira no Torneo de Dramaturxia do Teatro Español
    O Centro Dramático Galego (CDG) colabora co IV Torneo de Dramaturxia do Teatro Español de Madrid a través do apoio á participación de Paula Carballeira como unha das oito dramaturgas e dramaturgos procedentes de todo o Estado que difundirán os seus textos mediante esta fórmula, ideada para darlle visibilidade á autoría teatral contemporánea. A iniciativa, realizada pola produtora LaZona, desenvolverase no Teatro Español por cuarto ano consecutivo. Dada a situación sanitaria actual, será por vez primeira unha edición en streaming, que terá lugar nun dos escenarios das Naves del Español e na que o público poderá votar en liña nos tres minutos inmediatamente posteriores á súa transmisión a través da canle de Youtube do teatro.
  • Galicia e Portugal coinciden na necesidade da cooperación para reactivar os fluxos turísticos e a peregrinación a Santiago
    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse hoxe por videoconferencia coa secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Rita Marques, para avaliar o efecto da desescalada nos fluxos turísticos entre ambas zonas e traballar conxuntamente na reactivación do Camiño de Santiago, un eido no que xa veñen cooperando con resultados satisfactorios ao longo dos últimos anos. Nesta liña, o titular de Cultura e Turismo, acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, trasladoulle á mandataria lusa o obxectivo de reforzar os vínculos entre ambos territorios retomar as liñas de colaboración abertas para poñer en valor a riqueza patrimonial, cultural e natural que comparten Galicia e Portugal.
  • En 2019 obtivéronse os mellores resultados da historia de doazón e transplante de órganos, así como un récord histórico no índice de negativas familiares á doazón
    A Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Consellería de Sanidade salienta a recuperación do ritmo da actividade de doazón e transplante de órganos, a partir do pasado mes de maio despois da crise sanitaria causada pola pandemia da COVID-19. Así mesmo, desde a Coordinación Autonómica de ADOS e da Consellería de Sanidade, co gallo da conmemoración do Día Nacional do Doante, ponse en valor a xenerosidade da cidadanía galega, especialmente dos doantes e das súas familias, que permitiron que, no pasado ano 2019, obtiveranse o mellores resultados tanto de doazón como de transplante desde o inicio do programa de transplantes en Galicia desde o ano 1981.
  • Galicia, Canarias e Andalucía serán os destinos predilectos este verán para os turistas españois
    Como se van comportar as persoas residentes no estado Español á hora de elixir destino na nova normalidade xurdida pola Covid-19 é a pregunta á que responde un estudo liderado polo profesor do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da USC, Jakson Renner Rodrigues Soares, xunto co Grupo de Investigación Turismo, Economía e Sustentabilidade (GTES) da Universidade Estadual do Ceará en Brasil. Con esta investigación, búscase guiar a empresas e destinos turísticos na súa toma de decisións ante a actual situación de crise sanitaria global. As conclusións do informe extráense das máis de 850 enquisas realizadas en todo o territorio español, a partir dunha pregunta inicial: planificou vostede algunha viaxe para os próximos meses?
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 38
  • 39
  • 40
  • 41
  • 42
  • 43
  • 44
  • 45
  • 46
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información