Noticias
-
A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde participa no proxecto TARTAGLIA de creación dunha rede federada de intelixencia artificial para acelerar a investigación sanitaria. O proxecto enmárcase en dentro do Programa Misións de I+D en Intelixencia Artificial, da Axenda España Dixital 2025 e da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU. O obxectivo principal de TARTAGLIA, que conta cun orzamento total de máis de 7,5 millóns de euros, é facilitar e fomentar a investigación clínica e sanitaria.
-
O Centro Dramático Galego cruzará por primeira vez o Atlántico para representar a produción 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, en Uruguai e Arxentina. Deste xeito, a unidade teatral da Xunta levará esta adaptación da Odisea de Homero ao contexto da emigración galega a Montevideo e Bos Aires, os días 1 e 2 de decembro. Nas funcións, que terán lugar o día 1 no auditorio Nelly Goitiño-Sala Héctor Tosar de Montevideo ás 18,00 e 21,00 horas, e o día 2 no Teatro Astral de Bos Aires ás 20,00 horas, o equipo da montaxe estará acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director do CDG, Fran Núñez.
-
O proxecto ‘Early molecular nanoDIAGnostics of Brain tumors using ImmunePET (DIAGBI)’, que coordina un equipo investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da USC, foi unha das propostas seleccionadas na convocatoria do Ministerio de Ciencia e Innovación que promove a colaboración público-privada para dar resposta a desafíos estratéxicos. DIAGBI ten como obxectivo desenvolver unha nova tecnoloxía que permita o diagnóstico temperán e o seguimento non invasivo dos tumores cerebrais máis agresivos e con menor esperanza de vida para os doentes, como son os glioblastomas.
-
A Biblioteca Nacional Española inaugurou hoxe a exposición Xacobeo. As pegadas do Camiño, a nova mostra coorganizada coa Xunta de Galicia e Acción Cultural Española que repasa as testemuñas e pegadas que o Camiño de Santiago deixou nos últimos séculos na historia, na cultura, na arte, na literatura ou nas paisaxes a través dunha selección de máis de 200 pezas únicas procedentes de fondos de distintas institucións e coleccións particulares. Esta mostra enmárcase na programación cultural do Goberno autonómico polo Xacobeo 21-22.
-
A produción do Centro Dramático Galego 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, arranca este venres día 5 en Tui unha xira que levará a peza a 20 concellos de Galicia e o norte de Portugal. Así o anunciou o director do CDG, Fran Núñez, na rolda de prensa realizada na localidade tudense para presentar a función programada para este venres. O percorrido da montaxe polas catro provincias galegas e o país luso prolongarase ata o 12 decembro. Trátase da xira máis ampla organizada polo CDG nos últimos anos, tanto polo número de funcións como pola diversidade de espazos.
-
Galicia estará presente na COP26, a 26ª Conferencia das Nacións Unidas sobre o cambio climático que se está a celebrar en Glasgow (Escocia). A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistirá ás actividades do vindeiro domingo, 7 de novembro. Este novo cumio, que deu inicio a pasada fin de semana e se prolongará ata o 12 de novembro, permitirá poñer en contacto a gobernos de todo o mundo e abrir un debate sobre os diferentes proxectos e iniciativas que cada rexión promove para frear o avance da crise que provoca este fenómeno global.
-
Unha decena de empresas integran a delegación galega en Womex, a Worldwide Music Expo que se está a desenvolver na cidade portuguesa do Porto, recuperando así a súa celebración presencial tras a edición en liña do ano pasado. A Xunta apoia a presenza da nosa música neste multitudinario encontro internacional coa organización dun encontro coas promotoras galegas acreditadas, así como a través da colaboración coas Tanxugueiras para o concerto que ofrecerán dentro do programa oficial. A primeira destas citas terá lugar o venres no Noble Hall do Centro de Congressos Alfândega do Porto, que aloxa o recinto feiral desta 27ª edición de Womex.
-
O Polo Aeroespacial foi presentado no marco do congreso World ATM Congress, a principal conferencia a nivel mundial sobre xestión do tráfico aéreo, e Expodrónica, a feira de drons máis importante no sur de Europa, que se están a celebrar conxuntamente estes días no recinto feiral de Ifema. O Polo Aeroespacial de Galicia preséntase como unha iniciativa estratéxica con grande capacidade transformadora e importantes resultados acadados na fase anterior 2015-2020: 164 millóns de euros de investimento público-privado mobilizado; colaboración con empresas tractoras como Indra, Babcock e Boeing, máis de 900 profesionais, 60 solucións tecnolóxicas e cinco novas empresas en Galicia.
-
New Medical Economics, revista especializada no sector sanitario, vén de distinguir a Galicia como a Comunidade Autónoma con actividade sanitaria máis innovadora, logo de reconto de votos dos lectores e do Consello Editorial. Galicia destacou este ano no uso das tecnoloxías da información aplicadas a todo o proceso de vixilancia, vacinación e atención sanitaria á covid, na implantación de procesos de teleasistencia e abrindo novas canles de atención sanitaria á cidadanía a través da app SergasMobil (videoconferencia, tarxeta sanitaria virtual ou o acceso aos certificados europeos de vacinación).
-
Galicia segue a medrar no que as súas vendas ao exterior se refire. Unha tendencia que xa comezou a reflectirse nos últimos meses do ano 2020, e que se consolida neste exercicio. De tal feito que, como amosan os últimos datos dispoñibles, as exportacións galegas veñen de acadar, entre xaneiro e agosto, un récord histórico no acumulado destes primeiros oito meses de 2021. En concreto, durante este período as vendas ao exterior da Comunidade rozan os 15.000 millóns de euros, o que se supón un incremento de case o 23% con respecto ao mesmo período do ano pasado, situando a Galicia un punto por riba da media estatal. Deste xeito, as exportacións galegas superan nun 3% o rexistro do 2018, e nun 6,4% o do 2019, os mellores anos ata o de agora.