Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • A Xunta e o Goberno central avanzan na coordinación da axuda a Ucraína
    O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o de Inclusión Social, Arturo Parrado, participaron esta mañá na reunión do Comité Técnico para coordinar a xestión humanitaria fronte á crise de Ucraína (COTEGA) presidida polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para avanzar na coordinación da axuda. Ao encontro tamén asistiron o presidente da FEGAMP, Alberto Varela, así como representantes de AENA, Renfe, Adif, entidades sociais e ONGD e forzas e corpos de seguridade.
  • Xunta, Goberno central, concellos, entidades sociais e ONGD avanzan na coordinación da axuda a Ucraína
    Representantes da Xunta de Galicia e do Goberno central, dos concellos galegos e de entidades sociais e ONGD, reuníronse no Comité Galego ante a crise de Ucraína para coordinar e axilizar a axuda aos refuxiados que chegan a Galicia pola crise humanitaria. Participaron o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; ademais do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da Fegamp, Alberto Varela, e membros de entidades sociais e de ONG.
  • Galicia demanda unha canle específica para a participación rexional na aplicación do acordo de comercio e cooperación entre Reino Unido e a UE
    O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, foi invitado a participar na sexta reunión do Grupo de Contacto posto en marcha en 2020 entre o Comité Europeo das Rexións (CdR) e as rexións e municipios británicos. Entre os seus obxectivos, este grupo trata de afianzar a cooperación a nivel subnacional entre a UE e Reino Unido para compensar os contactos perdidos polo Brexit. No encontro abordouse de modo específico as dificultades de aplicación do Acordo de Comercio e Cooperación UE-Reino Unido que entrou en vigor a principios do pasado ano.
  • A Xunta e o Goberno central apostan pola coordinación entre todas as administracións e entidades implicadas para garantir a axuda ás persoas desprazadas de Ucraína
    A Xunta e o Goberno central apostan pola coordinación entre todas as Administracións e entidades implicadas para garantir a axuda ás persoas desprazadas de Ucraína. Así se acordou hoxe nunha reunión entre o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para abordar a crise humanitaria. Na reunión, a Xunta propuxo a creación dun plan nacional de recepción e acollida de persoas desprazadas procedentes de Ucraína que defina con claridade os protocolos que rexerán a súa chegada e articule e ordene os esforzos despregados polas distintas Administracións e entidades.
  • A Xunta e as principais entidades do eido da infancia traballan para garantir a identificación e protección dos menores procedentes de Ucraína
    A Xunta de Galicia e as principais entidades dedicadas á protección da infancia traballan para garantir a identificación e protección dos menores que cheguen de Ucraína fuxindo da guerra. O director xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, celebrou un encontro con representantes de Unicef, Cruz Vermella e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG) para sentar as bases dunha acción conxunta para garantir a identificación de todas as nenas e nenos que cheguen á nosa Comunidade.
  • Feijóo traslada o apoio ao Goberno na posición exterior de España dentro da UE e da OTAN na XXVI Conferencia de Presidentes Autonómicos
    O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou o apoio inequívoco ao Goberno na posición exterior de España dentro da UE e da OTAN e reclamou unha baixada concreta dos impostos que gravan o prezo da luz, o gas e os hidrocarburos. Durante a súa participación na XXVI Conferencia de Presidentes Autonómicos, Feijóo fixo fincapé nun primeiro termo na importancia de dar unha resposta coordinada á crise humanitaria, provocada pola guerra en Ucraína. E, sobre este punto, demandou a concreción dun Plan nacional de acollida de refuxiados que permita darlles unha acollida digna e sostible no tempo.
  • Galicia incrementa as prazas de acollida para refuxiados da guerra de Ucraína a máis de 1.400
    A Xunta remitiu este mércores ao Goberno central unha ampliación da oferta galega de prazas de acollida para recibir refuxiados da guerra en Ucraína. A primeira listaxe remitida a semana pasada compleméntase, deste xeito, con máis de 400 prazas procedentes tanto de concellos galegos como das entidades sociais e de particulares. Así, a día de hoxe Galicia xa ten a disposición un total de 1400 prazas. O Goberno central, a través do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, é o encargado de coordinar a chegada dos refuxiados e distribuílos polas comunidades autónomas en función da dispoñibilidade de cada unha e das características das persoas que cheguen.
  • Feijóo pide que a Conferencia de Presidentes aborde a aprobación dun Plan de acollida aos refuxiados de Ucraína
    O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enviou onte unha carta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para solicitarlle que na Conferencia de Presidentes que se celebrará o vindeiro domingo en La Palma se aborde a aprobación dun Plan español de acollida para persoas refuxiadas procedentes de Ucraína, elaborado en coordinación entre o Goberno central e as CC.AA. e que conte tamén coa aportación das entidades locais. Feijóo recordou que, segundo datos de Acnur, son xa millón e medio os ucraínos que tiveron que abandonar o seu país nos últimos días a causa da invasión rusa e, ante a situación dramática que se está a vivir, subliñou que os poderes públicos deben poñerse á fronte da corrente de solidariedade que emana dos españois, ordenala e canalizala de xeito adecuado.
  • Galicia ofrece un milleiro de prazas de acollida para refuxiados procedentes da Guerra de Ucraína
    Galicia trasladou este venres ao Goberno central a súa oferta dun milleiro de prazas de acollida en distintos centros para recibir a refuxiados a guerra en Ucraína. Ao mesmo tempo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou esta dispoñibilidade para axudar a calquera persoa afectada polo conflito. Neste senso, sinalou que o Goberno autonómico “está a orde” do que concreten os ministerios competentes en materia de acollida e acción humanitaria, e apuntou que hai tempo que a Xunta se puxo en contacto coa recentemente creada Asociación Galega de Axuda a Ucraína para mostrar o seu apoio.
  • Inaugurado o encontro Internacional Biogalicia Summit, centrado no sector da biotecnoloxía
    BioGalicia Summit é un encontro de carácter internacional centrado no sector da biotecnoloxía e organizado pola incubadora de alta tecnoloxía BioIncubaTech, liderada pola USC en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Uninova e co apoio da Xunta de Galicia e a Fundación Incyde. Dentro deste ámbito, Galicia participa no Plan Complementario de Biotecnoloxía aplicada á Saúde impulsado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, xunto a outras catro comunidades autónomas, para desenvolver ferramentas de diagnóstico, pronóstico e terapias de medicina personalizada.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información