Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

O CiMUS da USC e empresas biotecnolóxicas galegas impulsan o proxecto DIAGBI para a diagnose temperá e non invasiva de tumores cerebrais

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

O CiMUS da USC participa desde a coordinación do proxecto con dous dos seus grupos: o laboratorio que lidera a profesora María José Alonso (MJ Alonso LAB), encargado de deseñar e sintetizar nanotransportadores capaces de traspasar a barreira hematoencefálica levando axentes inmuno-PET ao tecido diana; e o grupo MIBIOPHARM, dirixido por Pablo Aguiar, que desenvolverá novos biomarcadores de imaxe PET a partir da radiomarcaxe dos citados nanotransportadores e de modelos farmacocinéticos baseados en intelixencia artificial.

O proxecto desenvolverase en colaboración con tres empresas de Galicia punteiras no desenvolvemento de produtos biotecnolóxicos como son Nasasbiotech S.L., Sunrock Biopharma SL e Qubiotech Health Intelligence S.L e coas entidades Fundació Privada Institut d'Investigació Oncològica de Vall d' Hebron, a Fundación para la Investigación Biomédica del Hospital Universitario La Paz e a Fundació Hospital Universitari Vall d' Hebron - Institut de Recerca.

Nanopartículas para superar a barreira hematoencefálica

Na actualidade, o diagnóstico deste tipo de tumores cerebrais require da realización de biopsias do tecido tumoral mediante neurocirurxía, unha operación que implica moita planificación e que resulta traumática para os doentes. Noutro tipo de casos foi posible aplicar técnicas inmuno-PET para a caracterización do tumor mediante anticorpos ligados a radiotrazadores de Tomografía de Emisión de Positrones (PET), que permiten a diagnose sen necesidade de extraer o tecido. Con todo, nos tumores cerebrais, a barreira hematoencefálica –unha película que protexe o cerebro da entrada de substancias alleas ao corpo– impediu aplicar estas técnicas non invasivas.

O proxecto DIAGBI proponse superar esta barreira mediante o uso de nanopartículas, capaces de penetrala, que transporten os trazadores PET xunto cos anticorpos necesarios para a caracterización xenética do tumor. Desta maneira, sería posible acelerar os tempos de diagnóstico e seguimento, e evitar difíciles e custosas intervencións de neurocirurxía. O obxectivo último é mellorar e alongar a calidade de vida dos doentes e facer un uso máis eficiente dos recursos do Sistema de Saúde.

O consorcio destinará o 40% do orzamento do proxecto para a contratación de mocidade investigadora, apoiando así a formación de persoal altamente especializado nunha área punteira da investigación oncolóxica. Espérase ademais que o proxecto teña un alto impacto a nivel internacional polo seu enfoque innovador e multidisciplinar.
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información