Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • Galicia rexistrou este verán máis de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites, un 12,4% máis que en 2019
    Galicia rexistrou este ano máis de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites no conxunto dos aloxamentos turísticos galegos, cifras que superaron nun 12,4% a cifra de viaxeiros do ano 2019. Destaca de todos eles o turismo interno -dos residentes en Galicia- que superan os niveis de demanda dos últimos anos, rexistrando 570.000 noites só no ámbito hoteleiro, -a cifra máis elevada da serie histórica. Marcan tamén dinámicas positivas os turistas procedentes de Madrid, Andalucía e Castela e León, con incrementos tanto en relación ao pasado ano como en comparación co 2019.
  • Airbus, Babcock e Telespazio asinan os seus contratos como socios do Polo Aeroespacial de Galicia para mobilizar case 300 M€ en 40 proxectos
    O Polo Aeroespacial de Galicia, para o que hai algo máis dun ano se aprobou o novo Plan Estratéxico, permitiu en cinco anos mobilizar xa 164 millóns de euros de investimento público-privada, atraer a compañías punteiras do sector, crear ou acelerar 24 novas empresas e abrir as portas á participación de 900 profesionais. O Goberno galego apostou polos vehículos aéreos non tripulados, cuxa incorporación para a mellora dos servizos públicos permitiu, entre outros adiantos, perseguir o furtivismo, loitar contra os incendios forestais, buscar persoas desaparecidas ou recuperar espazos naturais a través da cartografía.
  • Galicia participará na COP27 de Exipto para afondar na súa posición de referencia no eido do cambio climático
    Galicia estará presente na 27ª Conferencia das Nacións Unidas sobre cambio climático (COP27) que se celebra en Exipto co reto de consolidar a súa posición de referencia neste eido e coñecer de primeira man as últimas tendencias e proxectos polos que se está apostando a nivel internacional para reducir as emisións, avanzar na adaptación das rexións a este fenómeno e analizar os resultados do cumio celebrado o ano pasado en Glasgow. A COP27 de Exipto, que comezou a pasada fin de semana e rematará o 18 de novembro, permitirá poñer en contacto a gobernos de todo o mundo e abrir un debate enriquecedor sobre os diferentes proxectos, iniciativas e políticas que se están a promover para frear o avance e os efectos deste fenómeno global.
  • O novo centro de Protonterapia situará Galicia na vangarda en novos tratamentos contra o cancro
    O novo centro de Protonterapia en Galicia situará á nosa comunidade na vangarda en novos tratamentos contra o cancro e que aspira a ser o primeiro do sistema sanitario público español. Estará emprazado en Santiago de Compostela, e Galicia aspira a ser pioneira en ofrecelo a pacientes da sanidade pública, tanto aos galegos como aos de Castela e León e, previsiblemente, os de Asturias. Neste momento só dous centros privados de España (grupo Quirón Saúde e centro CUN en Madrid) ofrecen esta terapia, e Galicia será o primeiro servizo público en ofrecer este tratamento.
  • Galicia, entre as catro comunidades con maior número de institutos de investigación sanitaria acreditados no país
    O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, remarcou nas XVI Xornadas CIBER-BBN, de Biomedicina, Biomateriais e Nanomedicina, a importante capacidade investigadora sanitaria coa que conta Galicia, ao situarse como a cuarta comunidade autónoma con maior número de institutos acreditados. O Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña acolleu por primeira vez as xornadas anuais do CIBER-BBN, referente da investigación e innovación tecnolóxica a nivel nacional e internacional. O Ciber de Bioenxeñaría, Biomateriais e Nanomedicina CIBER-BBN, é un dos 13 grupos que conforman o Centro de Investigación Biomédica en Rede de España, un consorcio que conta con os máis de 5.000 investigadores.
  • Inaugurada a exposición 'Camiñemos para parar', ao redor do Camiño de Santiago da man de Miguelanxo Prado e Rita Sabler
    A mostra, que se poderá ver durante todo o mes de novembro no museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela, recolle as postais realizadas no Camiño de Inverno polo ilustrador galego Miguelanxo Prado e a xornalista visual norteamericana Rita Sabler. No proxecto 'Camiñamos para parar', durante nove días de setembro, os dous artistas percorreron o Camiño de inverno, dende O Barco de Valdeorras ata Santiago. Armados coas súas acuarelas e papel, reflectiron nunhas ilustracións en forma de postais todo aquilo que lles chamou a atención durante a súa peregrinación, desde igrexas e edificios singulares ata pequenos detalles da paisaxe e da xente.
  • Rueda asegura que Galicia conta co ecosistema innovador, o talento e a vontade para acoller a sede da AESIA en España
    O presidente do Goberno galego asegurou que Galicia conta co ecosistema innovador, o talento e a vontade para acoller a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial. No acto de presentación da candidatura galega, Rueda recordou que Galicia conta co apoio de máis de 70 organismos e empresas cun rico sistema de innovación tecnolóxica no que prestan servizo máis de 50 firmas, o 80% delas, galegas. A Comunidade, ademais, conta desde hai máis dun ano cunha Estratexia para o desenvolvemento da intelixencia artificial e quere ser pioneira acollendo a sede da primeira axencia europea encargada de velar pola implantación das normas que van lexislar e regular o uso dos datos masivos, o dereito á intimidade das persoas ou o impacto das máquinas na sociedade.
  • O futuro Centro de Produción de Terapias Avanzadas e o de Protonterapia, pedras angulares nos tratamentos oncolóxicos de Galicia de cara ao 2023
    Estas ferramentas reforzan a recentemente presentada Estratexia de xestión do Cancro en Galicia 2022-2028, que aplica unha serie de medidas para conseguir que cada vez menos persoas enfermen de cancro e se incremente a supervivencia dos que padecen a enfermidade. Todo elo a través de accións que contemplan o fomento de estilos de vida saudables na poboación, os diagnósticos temperás, o uso de tecnoloxía punteira e tratamentos especializados e innovadores, así como a creación dunha rede colaborativa con atención primaria para a formación en determinadas patoloxías oncolóxicas.
  • Galicia contará en 2023 cun Centro de fabricación de terapias avanzadas para elaborar fármacos innovadores contra o cancro
    O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta porá en marcha, no vindeiro ano, o Centro de fabricación de terapias avanzadas (CAR-T) de Galicia para elaborar novos fármacos innovadores contra o cancro e fomentar a atención personalizada dos pacientes, cun investimento inicial de 2,5 millóns de euros. Na presentación da Estratexia de xestión do cancro en Galicia para os vindeiros seis anos (2022-2028), no Hospital Lucus Augusti de Lugo, Rueda destacou que a iniciativa do Centro activárase en 2021, a pesar de que nos atopabamos en plena pandemia, e que este ano se contrataron as obras e o equipamento necesario. Agora, os Orzamentos 2023 darán un pulo definitivo para financiar as prazas de persoal e facer que o centro poida entrar en funcionamento xa no 2023.
  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pecha o novo catálogo de actividades do Plan Digitalent
    O Plan para a Promoción do Talento Dixital de Galicia comeza o curso 2022/2023 con novas actuacións para todas as idades, cos obxectivos de espertar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os rapaces e rapazas, e impulsar a adaptación dos estudantes, titulados e profesionais aos novos perfís dixitais esixidos pola transformación tecnolóxica. O catálogo para o novo curso escolar pechouse hoxe nunha xuntanza de traballo presidida por Julián Cerviño Iglesia, o director da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia, na que participaron as empresas do Pacto dixital que colaboran co Plan. As propostas das empresas iranse incorporando á web Digitalent, á medida que se pechen datas e prazas de cada unha.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información