Notas
-
Presentouse na Cidade da Cultura a campaña de promoción do enoturismo no turismo de proximidade coa que dar a coñecer as experiencias turísticas vinculadas ás Rutas do Viño. No acto presentouse ademais unha plataforma de comercialización desde a que se ofertarán de forma telemática as reservas para participar nestas experiencias. Ambas iniciativas forman parte do convenio entre a Xunta e as Asociacións das Rutas do Viño, que se enmarca no programa Galicia Destino Seguro.
-
A mostra, comisariada por Asunta Rodríguez, reúne unha escolma do traballo dos artistas galegos, todos eles pertencentes á RAGBA: Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado. Concretamente expóñense 23 pezas, entre as que se inclúen pinturas, esculturas e fotografías, enfiadas por citas e referencias literarias.
-
A colaboración que mantén desde hai anos a comunidade do máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN) da USC co Instituto Europeo de Educación de Aventura ao Aire Libre e Aprendizaxe Experiencial (EOE Network), unha rede internacional na que participan, entre outros profesionais, profesores, educadores, traballadores sociais e xuvenís, así como estudantes, ofrece tamén unha importante proxección internacional á Facultade de Formación do Profesorado.
-
Máis de 5.300 persoas visitaron este verán o espazo informativo móbil Galicia destino seguro incluído na campaña de concienciación coa que a Xunta de Galicia promoveu desde xullo un turismo seguro en 23 localidades galegas. Desde esta unidade móbil, que recibiu unha media de 215 visitantes diarios e funcionou como oficina de turismo itinerante, informouse aos viaxeiros e aos propios galegos dos recursos turísticos dispoñibles na nosa Comunidade e a potencialidade de Galicia como destino seguro.
-
O “Mondial des Vins Extremes”, o certame internacional máis importante no ámbito da viticultura de montaña ou viticultura heroica, que organiza o CERVIM no Val italiano de Aosta chega á súa cita anual. Tradicionalmente este certame desenvolvíase no mes de xullo, nesta ocasión a pandemia do coronavirus fixo que o Mondial des Vins Extremes pospoña a súa celebración unhas semanas e terá lugar entre o 27 e o 29 de agosto.
-
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), vén de patentar un sistema innovador para a multiplicación de semente en ambientes controlados. Este modelo, único en España, ofrece unha maior efectividade no proceso, que permitiu ata o de agora a multiplicación de mais de 100 poboacións naturais de especies pratenses e de cereais de inverno.
-
Este intercambio de información enmárcase na colaboración que tradicionalmente manteñen Galicia e Portugal e que cobra agora unha especial relevancia por mor da loita contra a covid-19. Dada a estreita relación entre ambos territorios e o continuo tránsito de viaxeiros, o coñecemento mutuo das respectivas situacións epidemiolóxicas será unha ferramenta mais para adoptar con maior rapidez as medidas sanitarias máis axeitadas.
-
Nós no mundo é un informe anual impulsado polo IGADI e centrado na acción exterior galega. Esta décimo primeira entrega pon o foco nas temáticas fundamentais neste eido para a vindeira década: o marco político e legal do Goberno galego en acción exterior 2009-2020, o rol da vella e nova diáspora, a radiografía da nosa economía internacional, a aterraxe no sistema institucional galego da Axenda 2030, as relacións de Galicia con China, a lusofonía e o Reino Unido (Post-Brexit), ou o papel da tradución na acción exterior galega.
-
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que aproba o Regulamento e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego, ademais de nomear un Consello Regulador provisorio. Así, o Regulamento establece que as características que debe ter o pan para poder acollerse a esta IXP de ámbito galego son contar cunha codia dura e triscante, miga esponxosa e alveolado abundante e irregular.
-
Un estudo publicado na revista Neurotherapeutics validou unha nova diana farmacolóxica para o alzhéimer. Os resultados amosan que a inhibición do encima epóxido hidrolasa soluble (sEH) en modelos murinos da enfermidade diminúe o proceso neuroinflamatorio, polo que mellora a resposta endóxena do organismo e reduce o deterioro e morte das neuronas causantes deste tipo de demencia.