Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Patentado un sistema innovador para a multiplicación de semente en ambientes controlados

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
Con esta iniciativa trátase de facilitar a rexeneración das coleccións de sementes para a súa conservación nos bancos de xermoplasma. Esta riqueza xenética resulta fundamental para preservar a biodiversidade e constitúe unha “copia de seguridade” do noso patrimonio agrícola e das especies emparentadas, que serve para o desenvolvemento da nosa agricultura e que permite fornecer ao sector do material necesario para a súa actividade.

Este sistema do CIAM, con tecnoloxía desenvolvida no propio centro, facilita levar a cabo o proceso de multiplicación con maior eficacia e menores custos que os sistemas tradicionais. Así, estes métodos clásicos realízanse ao aire libre e requiren de grandes superficies de cultivo e man de obra. Por outra banda, o proceso vese influído por factores ambientais que poden afectar á colleita de semente.

Estudos feitos no centro de Mabegondo concluíron que non se garantía a renovación efectiva debido a factores como a contaminación por pole externo, fallos na barreira de illamento ou causas ambientais. Polo tanto, iniciouse unha investigación para idear metodoloxías máis eficientes de multiplicación de sementes mediante a instalación de sistemas que producen microambientes controlados e illados fisicamente do exterior.

Características do novo sistema

O novo sistema patentado pola Agacal está dividido en 10 compartimentos, con teito en arco para impedir a acumulación de auga. O chan revestiuse con malla permeable á auga. Unha dobre porta cruzada permite individualmente o acceso a cada compartimento, e cada acceso consta de batente ou reembalse por todo o perímetro.

As portas abren cara a fóra para crear unha corrente de aire inversa no momento da apertura e así dificultar a entrada de pole externo para evitar contaminacións. As paredes e o teito están revestidos cunha malla especial que impide o paso do pole pero que deixa pasar o aire e a auga. Ademais, está reforzada para previr roturas ou danos polo vento. Cada compartimento ten capacidade para 220 macetas con rego por goteo programado electronicamente. Así, a capacidade total da estrutura é de 2.200 macetas.

Para a distribución do pole, no caso de especies anemófilas (polinización por medio do vento), instálanse ventiladores internos para permitir o movemento de aire e facilitar a dispersión cun sistema temporizado para maximizar a ventilación nas horas axeitadas para cada especie e que proporcionan un caudal de aire mínimo de 400 m³/h.

No caso de especies entomófilas (polinización realizada por insectos), no momento da floración instálanse colmeas de abellóns (Bombus sp.), con 50 individuos que posteriormente se liberan. O conxunto da instalación ten 4,5 metros de altura para permitir o libre desprazamento e o voo dos abellóns. Tamén permite fusionar compartimentos mediante a eliminación da malla interna que os separa.

Polo tanto, a polinización realízase no interior de compartimentos tanto para especies anemófilas coma para entomófilas. No primeiro caso, mediante sistemas de ventilación asistida e, no segundo, mediante a introdución de colmeas de abellóns no seu interior durante a época de floración para garantir a produción de semente.

Vantaxes

En definitiva, entre as vantaxes deste novo sistema salientan unha maior autonomía e control nos procesos de multiplicación, a diminución da superficie total requirida para multiplicar varias poboacións da mesma especie, a redución de man de obra e uso de maquinaria, ao ser un sistema desatendido e automatizado, ou unha mellor protección fronte a pragas e enfermidades ou factores ambientais adversos.

Ademais, tamén permite unha maior eficiencia de polinización, grazas á circulación rotativa do pole orixinada polos sistemas de ventilación e a diminución do estrés térmico respecto a invernadoiros convencionais, ao ser un sistema totalmente permeable ao aire e choiva. A maiores, favorece o aforro do uso de fertilizantes e combustibles, cun claro beneficio para o medio ambiente, o aforro de auga, xa que ao ser un sistema permeable en días de choiva a auga penetra a través da malla e o sistema corta o rego e a prevención de dispersión de sementes ao medio natural, ao ser un sistema illado.
Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM)

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información