Don Otto, vello arqueólogo alemán, e a súa dona Eurika, viaxan pola Terra Cha no outono do ano mil novecentos corenta e tantos do tempo da Chaira, na percura dunha vella mina de ouro. E atopan unha terra especial, habitada por xentes sinxelas herdeiras de moitos séculos de historia, nas que descubrirán un mundo diferente, novo, no que aínda viven a ledicia e a ilusión.
Este libro -que se chama A carón do lume- recolle toda a literatura popular publicada na revista "AMENCER" ó longo dos dezaoito anos de andaina. Aquí hai recollidas adiviñas, cando os animais falaban, cantigas, cantos de berce, contos, lendas, medicina popular, cantos do ciclo do Nadal, oracións, refráns, romances, trabalinguas, varia e xogos.
"no campo houbo unha ermida" (Manuel María); "conto moi especial " (Helena Villar Janeiro); "o peixe que quería voar " (Agustín Fernández Paz); "o neno que se perdeu dentro da escuridade" (Xabier P. Docampo); "do dereito e do revés" (Sabela Álvarez Núñez); "era luns..." (David Otero); "As tesoiras do señor aurio" (Darío Xoán Cabana) e "un reguiño na terra chá" (Paco Martín) ...
Editorial adicada á publicación de libros relacionados coa cultura, o idioma, a historia e a vida de Galicia.
Nos seus traballos editoriais emprega os máis diversos soportes, e así ten publicado audio-libros, video-libros, Cd, Dvd, etc., co fin de que as súas produccións...
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies.
OKMás información