Se refuerzan las medidas de control para evitar el fraude en la venta de quesos, mieles, vinos y otros licores sin etiquetar

Entre las principales medidas que se impulsarán, el presidente ha destacado la realización de una campaña de información a los consumidores, el apoyo a ferias y eventos que respeten la legalidad, o el apoyo a los ayuntamientos en el control de ferias y "furanchos". Las campañas de producto sin etiquetar, la información sobre la prohibición de rellenar bebidas espirituosas y la creación de un portal único de interlocución con los consejos reguladores, en las que estos podrán presentar sus denuncias, son otras de las medidas que ha adelantado el presidente gallego. "En definitiva, ahora cualquier persona puede denunciar ante la Xunta el incumplimiento de la normativa de etiquetaje".
Se ofrecerá, también, a los ayuntamientos los servicios de inspección de la Xunta para facilitar la labor de control en ferias y 'furanchos', remarcando que también se va a llevar a cabo una campaña de control de productos lácteos elaborados bajo la normativa de productos lácteos tradicional.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, tras o Consello da Xunta, a posta en marcha dun plan de actuacións para reforzar o control e a loita contra a venda de produtos agroalimentarios sen etiquetar. Durante a rolda de prensa, Feijóo precisou que esta nova iniciativa fai especial fincapé na situación específica en produtos tan importantes para Galicia como son o viño, as bebidas espirituosas, os queixos e os meles.
Así, o plan propón unha serie de medidas nas que estarán implicados de xeito coordinado varios departamentos: a Consellería de Sanidade, “dado que é un un asunto que afecta á saúde pública”, explicou Feijóo; a Consellería do Medio Rural e do Mar, “porque ten por obxectivo a loita contra a fraude alimentaria”; a Consellería de Economía e Industria, “porque ten que defender os dereitos dos consumidores”; a Axencia Turismo de Galicia, “porque lle afecta ás súas competencias e á imaxe de Galicia no exterior cando se consumen produtos sen etiquetar dicindo que son galegos e non sabendo de onde son”; e por último, dixo Feijóo, á Vicepresidencia, “polas súas atribucións en materia de Administración local e de Policía”.
Entre as principais medidas, o presidente autonómico destacou a realización dunha campaña de información aos consumidores, o apoio a feiras e eventos que respecten a legalidade, ou o apoio aos concellos no control de feiras e furanchos. As campañas de control de produto sen etiquetar en establecementos retallistas e de hostalería e a creación dun portelo único de interlocución cos consellos reguladores, no que estes poidan presentar as súas denuncias, son outras medidas que adiantou o responsable do Goberno galego e que tamén están incluídas no plan.
“Unha das medidas será ofrecer aos concellos os servizos de inspección da Xunta, para facilitar o labor de control en feiras e furanchos”, incidiu Feijóo, remarcando que tamén se vai levar a cabo unha campaña de control de produtos lácteos elaborados baixo a normativa de produtos lácteos tradicionais; que se creará un portelo único para recibir denuncias que realicen os consellos reguladores dos viños, dos queixos e dos meles; e que haberá unha campaña de control de produtos sen etiquetar, tamén, na hostalería”.
“En definitiva, agora calquera persoa pode denunciar ante a Xunta o incumprimento da normativa de etiquetaxe”, aseverou Feijóo, subliñando que, sen ningunha dúbida e visto o volume detectado recentemente na presunta fraude de licores e augardentes procedentes de Portugal, “se acredita que estamos ante unha cuestión non menor, e de que estamos ante unha cuestión na que temos que protexernos porque os únicos prexudicados son os que cumpren as leis no ámbito da agroindustria galega”, sentenciou.
R.