Los productores de mejillón gallego pretenden ampliar el mercado de la venta del producto fresco con su presencia en 700 supermercados

Durante la presentación de la iniciativa en Santiago, el presidente del Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde, ha destacado que "la garantía de la etiqueta" -después de los "estrictos controles de calidad" que establece la entidad de certificación Bureau Veritas- permitirá al consumidor "depositar toda su confianza" y saber "que acertará con la compra".
La conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, ha abogado por el "esfuerzo" conjunto de productores, comercializadores y Administración para elevar la cantidad de ventas de producto certificado. Y es que Galicia genera 227.000 toneladas de mejillón anuales, pero "solo un 10 por ciento" de esta cifra se comercializa bajo el paraguas de la denominación de origen protegida. La campaña publicitaria de lanzamiento se inicia este viernes bajo el lema 'Busca el origen. Encuentra la calidad' e incluye la instalación de 400 carteles, 10.000 'stoppers', 100 'displays' y la distribución gratuita entre los clientes de 200.000 recetarios en formato tríptico, redactado tanto en gallego como en castellano.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería do Medio Rural e do Mar promocionará o mexillón de Galicia fresco certificado coa Denominación de Orixe Protexida (DOP) Mexillón de Galicia en establecementos de toda España. A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, presentou xunto co presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde, a campaña de promoción “Busca a orixe. Atopa calidade”. No acto de presentación tamén estiveron presentes os representantes dos establecementos adheridos á campaña -Vegalsa-Eroski, El Corte Inglés, Gadis e Froiz- que se comprometeron a comercializar o mexillón fresco galego amparado baixo a DOP Mexillón de Galicia.
A titular do departamento marítimo informou de que esta campaña nace co obxecto de mellorar a comercialización do mexillón de Galicia e aumentar as súas vendas, incrementar a súa competitividade fronte a produtos foráneos, potenciar a DOP Mexillón de Galicia e proporcionar unha maior información deste molusco aos consumidores.
A intención da Consellería é apostar por un produto diferenciado, apoiándoo con esta campaña, na procura de incrementar a porcentaxe de molusco galego certificado e amparado pola DOP, que na actualidade se atopa arredor do 10% do total.
Para o apoio desta campaña, a Consellería repartirá en diferentes establecementos de España 200.000 trípticos, 2.000 carteis, 2.000 carteis de colgar, 10.000 displays de mostrador e 10.000 stoppers coa creatividade da campaña. A titular de Medio Rural e Mar destacou a importancia dos vendedores e vendedoras de peixe e marisco como prescriptores excepcionais do mexillón. Rosa Quintana trasladou que este tipo de campañas promocionais son de grande importancia de cara a recuperar os hábitos de consumo despois dos períodos de toxina.
Rosa Quintana tamén avanzou que o seu departamento está traballando na posta en marcha doutra campaña de reforzo de promoción do mexillón para os anos 2013 e 2014. Unha campaña que, segundo indicou a conselleira, se centrará no alugueiro de valados publicitarios nas principais cidades de España, así como na edición de material gráfico para puntos de venda.
O sector mexilloeiro galego é de gran importancia para a nosa Comunidade. Proba disto son as 3.360 bateas autorizadas, a día de hoxe, ao cultivo de mexillón. Galicia é líder na produción de mexillón a nivel mundial despois de China.
Así, os datos amosan que no ano 2012, extraéronse na comunidade galega máis de 227 mil toneladas deste molusco, das cales máis de 22 mil toneladas foron certificadas baixo a DOP.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.
R.