Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Feijóo: "O goberno non quere que existan caixas de aforro tal e como as entendiamos ata agora"

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
"Si se confirma o contido das roldas de prensa do luns e do xoves, todo parece indicar que o Goberno de España non quere que existan caixas de aforro tal e como viñamos entendendo unha caixa", aseverou.

Na rolda de prensa do Consello da Xunta, o titular autonómico avanzou que Galicia buscará o maior consenso económico, social e político posible. "Imos seguir mantendo contactos cos directivos das caixas, contaremos cos distintos axentes políticos, económicos e sociais para facer unha reflexión conxunta e buscar unha postura conxunta. E o faremos, nos próximos días, unha vez que teñamos algunha claridade máis sobre esta improvisación histórica do Goberno no mapa financeiro español".

Atopar a fórmula máis beneficiosa para as familias, o aforro e as empresas galegas

Deste xeito, Feijóo resaltou que, "como fixo sempre", a Xunta vai contar coa reflexión e coas propostas sindicais, económicas e políticas; "e dentro das nosas posibilidades e das nosas competencias constitucionais e estatutarias, -engadiu- buscaremos e apoiaremos a fórmula máis beneficiosa para as empresas galegas e para as familias galegas. Non imos responder a ningún outro interese, salvo o mellor para as familias galegas, para o aforro galego e para as empresas galegas".

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico resaltou que estamos diante dunha improvisación histórica na forma e no fondo: "na forma, porque nin se consultou ás entidades financeiras, nin se consultou ás comunidades, que somos as que temos competencia exclusiva en materia de tutela financeira de caixas de aforro, de acordo coa Constitución e co Estatuto; e de fondo, porque o que era solvencia fai 15 días, deixou de ser solvencia o luns, e o que era solvencia o luns, deixou de selo o xoves".

Ante este feito, afirmou que Galicia está chea "de estupor, por un constante cambio das regras do xogo; e de escepticismo, por non saber se o Goberno central sabe a ónde quere ir".

Galicia cumpriu todas as súas obrigas

Feijóo lembrou que, toda Galicia estivo traballando de acordo cos parámetros que o Goberno e o Banco de España marcou; "e toda Galicia cumpriu taxativamente cun momento de rigor e de responsabilidade cando impulsamos a fusión das caixas galegas; unha caixa galega seguindo os parámetros, os indicadores económicos sinalados polo Banco de España e polo Goberno".

"Durante os últimos meses, traballamos con absoluta intensidade o Parlamento, os axentes sociais, os axentes económicos e, por suposto, a Xunta, na procura de dous obxectivos: un nacional, reordenar o mapa financeiro español a través da concentración de entidades; e outro autonómico, que Galicia permanecera no mapa financeiro dado que a ratios de solvencia establecidas, nese momento, as cumpría de forma ostensible e clara a entidade financeira fusionada", afirmou.

Diante disto, Feijóo subliñou que "o Goberno de España non está corrixindo algo que Galicia fixera mal; o Goberno de España se está corrixindo a si mesmo, xa que Galicia materializou a fusión cumprindo estritamente todos os requisitos sinalados polo Goberno de España e polo Banco de España. Galicia –incidiu- ten a fusión supervisada e avalada polo Banco de España e, polo tanto, Galicia cumpriu todas as súas obrigas. Galicia aceptou de forma responsable e de forma transparente todos os requisitos que se sinalaron por parte do Banco de España e do Goberno central".

Polo tanto, Novacaixagalicia cumpre e estaba cumprindo aquilo que o BanCo de España lle ordenou cumprir: iniciou todos os trámites para a fusión conforme aos trámites e ao calendario establecido polo Banco de España; novo organigrama; deseño dunha imaxe corporativa conforme á nova caixa; proceso e integración informático único; axuste da plantilla con acordo das centrais sindicais; e axuste das oficinas de acordo co plan de eficiencia aprobado polo Banco de España.

O presidente da Xunta salientou que a única razón pola que a nova caixa galega non cumpre os novos requisitos coñecidos o pasado xoves é por seguir estritamente os criterios aos que se someteu por parte do Banco de España. "Con cargo as reservas se limparon as perdas esperadas seguindo os criterios do Banco de España e, agora, os criterios do Goberno de España mudaron, e xa non vale o que valía no Nadal".

Feijóo concluíu incidindo en que estamos ante un bandazo normativo, no que todo parece indicar que o Goberno non quere que existan caixas de aforro conforme ao que viñamos coñecendo tradicionalmente como caixa de aforro. "Ás caixas quéreselles pedir unhas esixencias que non se lle pide aos bancos, e iso supón que o Goberno de España non quere o modelo de caixas de aforro e que quere exclusivamente o modelo bancario".
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información