La castaña gallega, que representa más del 50% de la producción española, obtiene el sello de Indicación Geográfica Protegida

"La castaña gallega ya estaba valorada, pero el título Indicación Geográfica Protegida 'Castaña de Galicia', recibido el pasado mes de febrero, identifica su 'diferencia' con respecto al resto", agregó Quintá. Además explicó que el objetivo de este sello es "garantizar" la procedencia del producto para conseguir la "confianza" del cliente.
Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural de la Xunta de Galicia, insistió en que este acto confirma la consolidación de la castaña en particular y de los productos gallegos en general como "referentes" en el mercado agroalimentario. El conselleiro, que llamó a la castaña "producto valioso", recordó también que ésta fue la alimentación básica de millones de gallegos en tiempos pasados. El titular de Medio Rural, Samuel Juárez, terminó su intervención agradeciendo el trabajo de "toda aquella gente" que "apuesta" por los productos autóctonos y aseguró que a partir de ahora toca "disfrutar" de lo conseguido.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería do Medio Rural de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, xunto coa directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon Rego, asistiron ao acto de presentación da Indicación Xeográfica Protexida “Castaña de Galicia”, que tivo lugar no Hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela.
O Consello Regulador reuniuse, por primeira vez, nun acto oficial trala aprobación da IXP “Castaña de Galicia”, por orde do 5 de febreiro de 2009 da Consellería de Medio Rural. O acto consistiu na presentación da Indicación Xeográfica Protexida “Castaña de Galicia” e do seu Consello Regulador, coa presenza do seu presidente Jesús Quintá García e representantes do sector produtor, do sector industrial de operadores-comercializadores e almacenistas en fresco e do sector industrial de industrias de procesado. Finalmente, convidouse aos asistentes a unha degustación de produtos elaborados a base de castañas.
A Indicación Xeográfica Protexida “Castaña de Galicia” resérvase aos froitos obtidos a partir dos cultivares autóctonos do castiñeiro europeo, destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelado. Os froitos dos castiñeiros amparados teñen un sabor doce e de textura firme e non fariñenta. O ámbito xeográfico de produción da IXP Castaña de Galicia comprende a área do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopa delimitada ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte. Abrangue varios concellos das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra ademais da totalidade dos de Ourense.
A introdución do cultivo do castiñeiro en Galicia está relacionada coa chegada das lexións romanas durante a época de Augusto como emperador de Roma. Os soutos estendéronse de forma considerable durante todo o período de romanización, constituíndo un dos elementos máis importantes da paisaxe natural e, concretamente, da paisaxe agraria galega. Na comunidade galega, o castiñeiro sufriu unha forte expansión nos séculos XVI e XVII, dando lugar á aparición de numerosas variedades autóctonas que se caracterizaban por unha maior adaptación aos ambientes de montaña.
A castaña constituíu unha alimentación básica e primordial, sobre todo entre o campesiñado. Hoxe en día, as tendencias culinarias non se restrinxen ás simples castañas asadas, cocidas e confitadas. A castaña figura como un dos ingredientes máis apreciados polos grandes cociñeiros, converténdose nun elemento imprescindible en multitude de receitas.
R.