Caixa Galicia, Caixanova, Banco Pastor y Jove crean Galicia Crecentia: una sociedad inversora en proyectos que aporten valor añadido

La entidad se centrará en aspectos relacionados con la sociedad del conocimiento, las nuevas tecnologías, la bioingeniería, la nanotecnología y el I+D. Su inversión en los proyectos no será superior al 25 por ciento del total de las sociedades en que participe, del mismo modo que tampoco destinará a un solo proyecto más del 25 por ciento del capital de Crecentia. "No nace como una sociedad de capital riesgo, sino como algo más", destacó Jove, que insistió en que la entidad invertirá en proyectos de interés para el desarrollo de Galicia. El empresario avanzó que ya han comenzado a recibir las primeras propuestas de empresas y universidades y calculó que en el plazo de un mes la oficina estará en marcha y comenzará a analizar las primeras posibilidades de inversión.
El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacó que Crecentia Galicia "actuará como una marca de calidad" y que se configurará como un "sello de excelencia de los proyectos que reciban su apoyo". Así, mostró su "satisfacción profunda" por la puesta en marcha de la iniciativa y subrayó que la presencia de los cuatro socios fundadores "muestra la fortaleza" con la que arranca la sociedad. "En momento sin duda de dificultad, ganar márgenes para la solvencia es el camino más acertado", enfatizó el jefe del Ejecutivo gallego. En esa línea, recordó que la Xunta destinará este año 712 millones a subvenciones, préstamos referenciales e inversiones de capital riesgo, un 22 por ciento más que el año pasado, tras lo cual estimó que la inversión inducida en la comunidad ascenderá a 2.000 millones de euros. Asimismo, explicó que la gran diferencia entre la labor del Igape y Xesgalicia y la que llevará a cabo Crecentia es que esta última está "totalmente protagonizada por la iniciativa privada", con el objetivo de propulsar proyectos que generen alto valor para la comunidad.
El conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, elogió el "compromiso con Galicia" de Inveravante, Banco Pastor, Caixa Galicia y Caixanova y recordó que el proyecto surge en el seno de la Fundación para a Sociedade do Coñecemento, una institución que tiene entre sus objetivos la coordinación de actividades para la mejora de la competitividad de las empresas gallegas.
Además de Jove, Touriño y Fernández Antonio, en la presentación del proyecto también estuvieron el vicepresidente del Consello Rector de la Fundación para la Sociedade do Coñecemento, Javier Riera; el presidente del Banco Pastor, José María Arias; el presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso; y el director general de Caixa Galicia, José Luis Méndez.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentou a nova sociedade de investimentos estratéxicos Crecentia Galicia como unha aposta pola competitividade do país que suporá un potente complemento da política de apoio empresarial que desenvolve o Goberno galego. O titular da Xunta afirmou ademais que coa posta en marcha desta iniciativa, “Galicia gaña en competitividade e capacidade de atracción para a posta en marcha de novas actividades e captacións de investimentos”. A iniciativa dótase cun fondo inicial que ascende aos 100 millóns de euros, e no prazo aproximado dun mes estará constituída a oficina encargada de analizar os proxectos que se lle presenten.
No decurso dunha rolda de prensa, Touriño lembrou que o pasado mes de xuño o padroado da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento aprobou a proposta de creación dun vehículo de investimento para proxectos estratéxicos de Galicia, e expresou a súa satisfacción polo cumprimento daquela iniciativa.
O presidente galego remarcou a “solidez” do proxecto de Crecentia Galicia, un instrumento que ten, dixo, “a vocación de detectar e impulsar proxectos de investimento que acheguen valor e riqueza ao noso país”. Incidiu en que non se trata dun vehículo para “o mero financiamento de proxectos”, nin ten vocación “dunha participación simple e temporal en novas ideas de negocio”.
Crecentia Galicia, sociedade participada por Corporación Inveravante, Caixa Galicia, Caixanova e Banco Pastor, parte cunha estratexia de investimento baseada na procura de beneficios, de xeración de valor engadido e na determinación de obxectivos estratéxicos, explicou o presidente galego. “Eses obxectivos estratéxicos estarán presentes nos criterios de selección dos proxectos de empresa e dos plans de negocio que inscribirán, entre os seus accionistas, o nome de Crecentia”, engadiu.
Nese sentido, o máximo mandatario galego resaltou que Crecentia Galicia actuará como “marca de calidade” e como “selo de excelencia dos proxectos que reciban o seu apoio”, que serán escollidos a través de comités de investimento especializados por áreas e nos que participarán conselleiros independentes. O presidente destacou que se trata de apoiar proxectos que “engarcen na dirección da Axenda de Lisboa, na folla de rota da economía de Galicia”, que vai na dirección de “facilitar no máximo posible os avances en materia de innovación, en materia de desenvolvemento tecnolóxico, en materia de incorporación á sociedade do coñecemento”.
Emilio Pérez Touriño afirmou que a iniciativa privada “ten reservado un rol de primeira orde no desenvolvemento económico de Galicia”, e indicou que a creación de Crecentia Galicia “ensancha o camiño desa prioridade na que sempre cremos no Goberno da Xunta”.
Na súa intervención, salientou que durante os dous últimos anos o Executivo autonómico reforzou o papel da Administración “como axente propiciador e impulsor das condicións máis favorables para o desenvolvemento de novas actividades; para o fomento e reforzo das iniciativas emprendedoras; e para a captación de proxectos de investimento”.
O presidente da Xunta incidiu en como desde o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), o Executivo autonómico puxo en marcha plans estratéxicos orientados a potenciar a competitividade, a produtividade e a internacionalización das empresas galegas a través da innovación, a formación especializada e as fórmulas de cooperación.
Pérez Touriño resaltou que este ano, a suma de apoios directos e compartidos ás empresas ascenderá a un total de 712 millóns de euros, un 22% máis que o ano pasado, un volume de recursos que derivará “nun investimento inducido na nosa Comunidade de 2.000 millóns de euros”.
Ademais, o presidente galego indicou que o esquema de apoios da Xunta potencia “as tres liñas prioritarias da estratexia de promoción empresarial”: as axudas a investimentos produtivos; os préstamos preferenciais e avais; e as fórmulas de risco compartido cos empresarios.
O presidente destacou que Crecentia Galicia sube a escena nunha etapa vital para a nosa Comunidade, en pleno arranque da estratexia de fondos comunitarios mellor conectada coa innovación, coa tecnoloxía e, en definitiva, coa sociedade do coñecemento. Así, Touriño explicou que o Fondo Tecnolóxico do Programa Operativo Feder para o período 2007-2013 asigna a Galicia unha contía de 406 millóns de euros, que coas achegas do Goberno de España e máis da Xunta se eleva ata os 579 millóns, mentres que o Programa Operativo dirixido á economía do coñecemento reserva un investimento total de 285 millóns. “Desta maneira estamos apostando, sen dúbida, polos centros de excelencia, de innovación, de I+D, en cooperación estreita coas universidades e coa empresa privada”, afirmou Touriño, que incidiu no obxectivo de “facer cada día máis fortes a nosa economía e a nosa sociedade” e “gañar marxes para a fortaleza económica e para a solvencia”.
Mostra da capacidade emprendedora e de compromiso do país
O presidente do Executivo autonómico lembrou que foi Manuel Jove como responsable da área de Novos Negocios e Emprendemento da Fundación quen elevou a proposta de creación de Crecentia Galicia, que nace agora coas principais entidades financeiras do país e Inveravante como membros constituíntes. Así, ademais do conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, hoxe acompañaron ao presidente da Xunta, o presidente do Banco Pastor, José María Arias, o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, o presidente de Inveravante, Manuel Jove, e o vicepresidente executivo da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, Javier Riera.
O máximo mandatario autonómico afirmou que o nacemento de Crecentia Galicia é a demostración “da capacidade de emprendemento e do compromiso das persoas e das institucións galegas co noso país”.
Palabras de pésame polo falecemento do presidente de Finsa
Por último, o xefe do Executivo autonómico expresou o seu pesar pola recente morte do empresario galego Manuel García Baliña, tamén coñecido como Lolo Cambón, quen foi presidente da madeireira Finsa, quinta maior empresa de Galicia e primeira do seu sector.
R.