Empresarios alertan de la escasa competitividad industrial de Galicia y critican la pasividad con que se afronta el futuro

El máximo responsable de PSA Peugeot-Citroen de Vigo ha señalado que, según el último informe del Foro Económico Mundial, los problemas de competitividad en España es una «suma de contrastes», en donde a esa pasividad y esa pobreza de futuro hay que añadirle «una estrategia muy dura y muy fuerte», que pocos reconocen. «Nadie lo está diciendo con la dureza que se merece y un día al despertar va a ser muy puñetero y muy duro», alertó Riera.
El director general de la fábrica viguesa ha asegurado que, mientras que en materia de salud, España se encuentran en los primeros puestos del ránking mundial, «en cuanto a competitividad lamentablemente no es así». Entre ellos, puso como ejemplo, el tiempo empleado en montar una empresa, que según los informes económico mundiales, «estamos -dijo- a nivel de países africanos». También existen «desigualdades» importantes en la reacción de las instituciones en asuntos de competitividad «en donde su interés es regular», según Riera, así como que en España la educación superior «no es magnífica».
Con respecto al sector de la automoción como ejemplo de mejora de esa competitividad siempre que las administraciones le prestan los apoyos necesarios, el director general de PSA Peugeot-Citroen de Vigo aseguró que es «muy fácil» echar la culpa a los distintos ejecutivos. En el seminario, celebrado en el Centro Social Caixanova, participan expertos académicos y responsables de empresas. La jornada ha sido inaugurada por el secretario general de Relaciones Exteriores de la Xunta, Santiago Gómez-Reino, que instó a que Galicia refuerce los vínculos con sus actuales socios europeos para crear redes de cooperación basadas en el apoyo común a la innovación y al desarrollo sostenible.
Estas reflexiones contrastan con las palabras pronunciadas por el presidente de la Xunta de Galicia en el Foro Nueva Economía y en presencia de los máximos representantes de más de veinte empresas e instituciones financieras, entre los que se encontraban el presidente de El Corte Inglés, Isidoro Alvarez; el de CEPSA, Carlos Pérez de Bricio; el presidente y consejero delegado de Unión Fenosa, Pedró López Jiménez y Honorato López Isla; los de Caixanova, Julio Fernández Gayoso y el director general de Caixa Galicia, José Luis Méndez, así como los máximos representantes del grupo Calvo, José Luis Calvo, y Fadesa, Manuel Jove. Acudieron, además, representantes de Coren, Eroski, Ferrovial, Iberia, Spanair, la naviera Fernández Tapias, Dragados, el Banco Echeverría, entre otras empresas y entidades.
Ante ellos, ejefe del Ejecutivo gallego insistió en que el Estado debe invertir en Galicia no menos de 20.000 millones de euros en los próximos diez años y apuntó que esta cifra supone el sostenimiento en el tiempo del «esfuerzo» inversor que el Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero ha proyectado en los presupuestos para el próximo año. El presidente también consideró que en 2010 estarán culminadas prácticamente todas las grandes infraestructuras pendientes de Galicia, salvo el AVE a Madrid, que estará acabado al 80%.
El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, aprovechó este evento para referirse a la reforma del Estatuto de Galicia afirmando que «no nos asuste» que el futuro texto pueda recoger el término del «carácter nacional» de Galicia, e insistió ante los empresarios en los indicios de reactivación de la economía después de que recibiese como herencia un país «anémico».

Preguntado por si cree que finalmente el PP va a asumir el carácter nacional de Galicia, indicó que desearía que «todos estuviéramos a la altura» e insistió en que todos los ciudadanos de Galicia se sienten tanto gallegos como españoles y no desean «quedar atrás» respecto a otras autonomías. Además, afirmó que le preocupa «sinceramente» que cada vez que desde Galicia se da un paso «se está un poco buscando un amparo exterior», dijo del PP gallego, y se recibe «un tirón de orejas». Al jefe del Ejecutivo gallego le da la sensación, de que los populares están esperando a que se pronuncie el Tribunal Constitucional respecto del Estatuto de Cataluña, lo que en su opinión «no es propio de un liderazgo político». En este asunto, «hemos perdido mucho tiempo» y se trata de avanzar para que Galicia no se quede atrás, al tiempo que recordó a los populares que ahora hay una nueva mayoría y deben aceptar el mandato ciudadano y «no andar contando el voto todos los días» ni tratar de resolver el problema «fuera» de Galicia.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta afirmou que os movementos empresariais producidos nos últimos meses son unha mostra de que as empresas galegas teñen cada vez “máis atractivo” debido á súa “fortaleza e dinamismo” e non pola súa debilidade ou pasividade. Emilio Pérez Touriño, que realizou estas afirmacións en resposta ás preguntas formuladas no marco do Foro Nueva Economía, enmarcou estas operacións no contexto da globalización e internacionalización da economía, asegurando que “sobra alarmismo e resignación” porque nestes momentos está a haber movementos de dobre dirección: empresas galegas que resultan atractivas para mercados exteriores; e empresas punteiras que veñen a Galicia a desenvolver a súa actividade. Puxo como exemplo destas últimas empresas do sector do automóbil, a madeira ou as telecomunicacións.
O presidente da Xunta tamén cualificou de erro considerar que “Galicia está en venda”, xa que, ao seu xuízo, este é un estereotipo afastado da realidade. Destacou, ademais, que o Goberno está a crear as condicións necesarias para facer de Galicia un país atractivo e sedutor como a aposta pola cualificación de recursos humanos, o investimento en I+D+i ou o fomento da cultura emprendedora, claves, ao seu entender, para facer de Galicia un país atractivo e competitivo.
Touriño sinalou ademais “que traballamos nunha dirección positiva de incentivar ás empresas, pero nunca intervencionista”. “O meu compromiso –remarcou- é axudar a manter e liderar a creación de emprego en Galicia e que os proxectos estratéxicos do país avancen”.
Respecto ás infraestruturas de Galicia, o presidente autonómico destacou que a súa aspiración é que no ano 2010 estean en marcha os grandes retos de comunicación do país. Deste xeito, salientou que nesta data de 2010 estará xa en marcha o Eixo Atlántico de alta velocidade; a Autovía do Cantábrico en servizo; os Portos Exteriores de Ferrol, A Coruña e a ampliación do de Vigo en pleno desenvolvemento; a renovación do parque móbil de Renfe realizada; e o AVE de conexión coa Meseta en servizo ao 80% e en obras o 20% restante.
En relación á reforma do Estatuto, o titular da Xunta sinalou que espera que todos os partidos políticos galegos estean á altura da responsabilidade de conseguir sacar adiante a reforma do Estatuto xa que, segundo indicou, “ningún galego quere quedar atrás con respecto a outras Comunidades”.
Por iso, Pérez Touriño animou ao Partido Popular a deixar de poñer pegas á reforma estatutaria lembrando que, “se hai Estatuto, o gañador será o pobo galego e, se non o hai, os perdedores serán os partidos políticos”.
Nesta liña, o presidente galego afirmou estar preocupado porque o PP estea a buscar amparo no exterior, xa que, segundo explicou, cada vez que o PP de Galicia dá un paso para avanzar na reforma do Estatuto parece que hai “un tirón de orellas por parte de Madrid”.
O titular da Xunta considerou que Galicia perdeu xa moito tempo e amosouse convencido de que a Vía Galega de reforma, que fai compatible cohesión con identidade, é posible se todos os partidos traballan con responsabilidade.
O máximo mandatario galego, que demandou na súa conferencia que o investimento do Estado en Galicia para os vindeiros dez anos non sexa inferior aos 20.000 millóns de euros, sinalou que non vai entrar “na poxa das cifras” co Partido Popular.
O presidente do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, pronunciou en Madrid un relatorio convidado polo Foro Nueva Economía no que solicitou ao Goberno Central que invista en Galicia 20.000 millóns de euros nos próximos dez anos. Tras destacar o esforzo investidor do Executivo de Zapatero, o presidente da Xunta reclamou “ao actual e futuros gobernos de España un firme compromiso de continuidade” neste esforzo orzamentario para garantir o avance económico da Comunidade Autónoma. En opinión do máximo mandatario galego, o novo Estatuto de Autonomía de Galicia debe recoller esta demanda e introducir cláusulas de “salvagarda” en relación cos investimentos do Estado que recibe Galicia para que se poidan culminar “os grandes proxectos de infraestruturas” da comunidade.
Pérez Touriño destacou, no decurso da súa intervención, que os indicios de reactivación da economía galega “non constitúen un espellismo conxuntural” xa que se sustentan en dous piares sólidos: o sector industrial e o sector exterior. Os índices macroeconómicos amosan, segundo Touriño, o “clima de confianza e estabilidade” que se ten xerado en Galicia logo do relevo político acontecido o pasado ano.
Así, nos últimos 12 meses “Galicia foi a segunda Comunidade Autónoma onde máis descendeu o paro”, só por detrás de Cataluña, e unha das primeiras na creación de novos postos de traballo, con 40.000 postos creados o último ano. Ademais, creceu notablemente a contratación indefinida –incrementada nun 50 por cento-, e a economía está crecendo a un ritmo interanual do 3,9 por cento (dúas décimas por riba do conxunto de España), o que evidencia que Galicia ten retomado “a senda da converxencia que perdemos no primeiro quinquenio do século”, dixo Touriño.
O presidente da Xunta amosouse optimista ante estes datos ao contrapolos á situación herdada hai un ano. “Recibimos un país –indicou- anémico na esfera económica, resignado ante o crecente deterioro do territorio, alarmado polas crecentes brechas dos servizos públicos fundamentais e con síntomas de descomposición no ámbito institucional e político”. De aí, que o Goberno galego apostase por un modelo con catro piares “diáfanos”: creación de emprego e riqueza, aposta por un modelo socialmente xusto, fomento de un modelo territorial equilibrado e ordenado e acadar unha Galicia democraticamente sólida.
No marco destes obxectivos insírense as claves de bóveda da política económica que propugna o Goberno galego e que se sustenta no reforzamento do sistema educativo e a formación continua, o impulso ás políticas de I+D+i e a dinamización da iniciativa privada mediante o estímulo da modernización empresarial e da cultura emprendedora.
Neste sentido, o presidente da Xunta indicou o seu firme compromiso de que “Galicia destine a gastos educativos o 6 por cento do seu produto interior bruto antes de que finalice a lexislatura” así como de que a Comunidade Autónoma acade “o 1,5 por cento do PIB” en investimento en I+D+i, obxectivo que se inclúe dentro do novo Plan Galego de I+Di, que mobiliza recursos públicos por importe de 800 millóns de euros.
Polo tanto, para Pérez Touriño, a plena incorporación á sociedade do coñecemento constitúe o primeiro gran desafío ao que se enfronta a sociedade galega. O máximo mandatario autonómico indicou que para acadar este obxectivo, ademais de incrementar o gasto á educación e o destinado a I+D+i, cómpre actuar no ámbito das infraestruturas do transporte e na creación de solo industrial (prevense 20 millóns de metros cadrados máis nos próximos anos).
Por outra banda, a ordenación do territorio constitúe o segundo gran desafío de Galicia. Neste sentido, Touriño avogou por “un crecemento ordenado e harmónico” porque isto implica “máis e mellor crecemento”. O presidente do Goberno galego lembrou que vén de propor na Cámara autonómica galega un “gran pacto polo territorio e o desenvolvemento sustentable” que se basee en cinco principios: reordenación territorial, reequilibrio intercomarcal e aproveitamento racional dos recursos; planificación eficiente de infraestruturas e equipamentos colectivos: deseño dunha política urbanística ao servizo da calidade de vida e da habilitabilidade das cidades galegas; revalorización do medio rural e da base territorial das explotacións forestais, agrarias e gandeiras; e escrupuloso respecto ao que marcan as leis e a normativa, que ha de ser “absolutamente transparente e clara nos seus preceptos”.
A propósito do marco legal, o presidente da Xunta indicou que o Goberno que preside está elaborando “unha extensa nómina de instrumentos legais que abarcan, desde as medidas urxentes en materia de ordenación do territorio, ata o Plan Integral do Litoral de Galicia, unha nova Lei de montes ou a creación da Axencia de Protección de Legalidade Urbanística.
“O terceiro gran desafío que afronta a sociedade galega é a reforma e adaptación aos novos tempos do seu Estatuto de Autonomía”, indicou Pérez Touriño, quen engadiu que esta reforma suporá “afianzar e reforzar” o autogoberno de Galicia; asumir novos dereitos e obrigas; e facer compatible o recoñecemento da súa singularidade, o seu carácter nacional, “coa solidariedade entre todos os pobos que integran o proxecto da España constitucional”.
O máximo mandatario autonómico destacou que “Galicia quere desempeñar un papel relevante no seo da España plural” e por iso “non pode permitirse un traspés, perder o paso ou permanecer muda ante o avanzado proceso de reformas estatutarias que se vive noutras comunidades”. Por iso, convidou novamente ás tres forzas políticas a “abandonar calquera atisbo de posición numantina” e a intensificar o diálogo para encontrar “o denominador común que demanda a sociedade galega” porque, segundo asegurou Pérez Touriño, “os galegos non nos perdoarían a incapacidade de aproximar posturas, acadar acordos e sacar adiante a reforma estatutaria”.
O presidente da Xunta advertiu, ademais, que Galicia ten que ter un “Estatuto de primeira, singular e sen mimetismo” que non quede “nin un ápice por debaixo de ningún outro”. Un Estatuto que recolla a cuestión identitaria de maneira axeitada porque, segundo asegurou Touriño, “as nosas entrañas e a nosa fisionomía teñen un marcado carácter nacional”.
Tamén é necesario un “Estatuto de progreso que contribúa a mellorar a calidade da nosa democracia” e recolla os novos dereitos e deberes dos cidadáns, dixo Touriño, quen proseguiu avogando por un Estatuto que “garanta a solidariedade e a suficiencia de recursos”.
Enmarcado neste último punto, o presidente da Xunta reclamou un novo modelo de financiamento en España que cumpra tres condicións básicas: facilitar a axeitada cobertura das necesidades de gasto; reforzar os mecanismos de reequilibrio interterritorial; e corrixir o déficit histórico que en materia de investimento arrastran determinadas comunidades autónomas.
“Reclamamos que o sistema atenda ao sobrecusto que supón a prestación dos servizos públicos fundamentais en Galicia”, indicou Touriño. Ao tempo, reclamou que o novo sistema de financiamento pondere axeitadamente “ademais do número de habitantes, os factores que encarecen a prestación de servizos en Galicia: a dispersión da poboación, o grao de avellentamento demográfico e o nutrido colectivo dos galegos residentes no exterior”.
Paralelamente, o máximo mandatario galego reclamou “o potenciamento e reforma de dúas pezas fundamentais na articulación do novo modelo [de financiamento]: o Fondo de Suficiencia e o Fondo de Compensación Interterritorial”. Neste sentido, o presidente galego dixo que pedirá ao Estado que “duplique” a contía do Fondo de Compensación Interterritorial para suplir a “erosión” dos fondos estruturais nas comunidades de rendas máis baixas.
Finalmente, o presidente galego avogou porque o Estatuto introduza cláusulas de salvagarda en relación cos investimentos do Estado co fin de garantir a culminación dos “grandes proxectos de infraestruturas” de Galicia. Neste apartado, enmarcou a solicitude de investimento de 20.000 millóns de euros por parte do Estado en Galicia durante os próximos dez anos.
Ao relatorio do presidente da Xunta en Madrid asistiron entre outros, o ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla; os conselleiros de Presidencia, Economía, Política Territorial, Innovación e Industria e Traballo; a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino; o director xeral de Tráfico do Ministerio do Interior, Pere Navarro; o alcalde da Coruña, Javier Losada; o presidente da SEPI, Enrique Martínez Robles; e o secretario xeral de Pesca Marítima do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Juan Carlos Martín Fragueiro.
Paralelamente, ao relatorio acudiron numerosos representantes do eido empresarial, entre os que salientan os que se detallan a continuación:
-Antonio Catalán Díaz, presidente de AC Hoteles
-Juan Ignacio Entrecanales Franco, vicepresidente de Acciona
-José María Farto Paz, Director Xeral en Galicia de Acciona
-Manuel López Cachero, presidente de Aenor
-Jorge Cosmen Menéndez, presidente de Alsa Enatcar
-Francisco Ruza Tarrío, presidente da Asociación de Médicos Gallegos (ASOMEGA)
-Ángel Carlos Ron Güimil, presidente de Banco Popular
-José Luis Méndez López, director xeral de Caixa Galicia
-Mauro Varela Pérez, presidente de Caixa Galicia
-Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova
-José Luis Pego Alonso, director xeral de Caixanova
-Antonio Fontenla Ramil, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia
-Juan Ramón Quintás Seoane, presidente e director xeral da Confederación Española de Cajas de Ahorros
-Manuel Gómez Franqueira, presidente de Coren
-Marcelino Fernández Verdes, presidente de Dragados
-Isidoro Álvarez Álvarez, presidente de El Corte Inglés
-Antonio González-Adalid, presidente de ENAGÁS
-Constain Dacosta, presidente de Eroski
-Manuel Jove Capellán, presidente de Fadesa Inmobiliaria
-Emilio Zututuza Reigosa, presidente da Fundación ADECCO
-Alberto Durán López, presidente da Fundación ONCE
-Salvador Gabarró Serra, presidente de Gas Natural
-Mario Armero Montes, presidente de España e Portugal de General Electric
-José Luis Calvo Pumpido, presidente do Grupo Calvo
-Carlos González Bosch, presidente do Grupo Cofares
-Rafael del Pino, presidente do Grupo Ferrovial
-Tomás Pascual Gómez, presidente do Grupo Leche Pascual
-José Martínez Núñez, presidente do Grupo Teconsa
-Petra Mateos-Aparicio, presidenta de Hispasat
-Fernando Conte, presidente de Iberia
-José Luis Rodríguez, presidente de Nueva Economía Forum
-Juan Miguel Villar Mir, presidente de OHL
-Miguel Carballeda Piñeiro, presidente da Organización Nacional de Ciegos
-Luis Atienza Serna, presidente da Red Eléctrica de España
-Gonzalo Pascual Arias, presidente de SPANAIR
-Rafael Jaén Vergara, presidente de Tragsa
-Pedro López Jiménez, presidente de Unión FENOSA
-Carlos Pérez de Bricio, presidente de CEPSA
-Fernando Fernández Tapias, presidente de F. Tapias Grupo
-Guillermo Mesonero Romanos, vicepresidente do Grupo San José
-Antón Arias Díaz-Eimil, presidente de Arias Hermanos Construcciones
R.