Galicia genera el 8% de las exportaciones españolas. La internacionalización de la empresa gallega, eje estratégico de la política económica

Tras considerar necesaria una colaboración con otras autonomías para avanzar en la internacionalización y en la atracción de inversión de forma más «ágil y segura», Fernández ha destacado la cooperación en el sector agroalimentario y ha avanzado que en este foro se estudiará su extensión a otros sectores con productos de calidad.
En su opinión, las acciones de coordinación y promoción conjunta pueden «abrir puertas» para sacar provecho de las especificidades.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Economía e Facenda da Xunta:
Galicia está en condicións de acadar no horizonte de 2013 a converxencia coas rexións máis desenvolvidas, a partir da estratexia recollida no Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013 (Mecega). Así o explicou o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, ante o Parlamento, onde presentou o Mecega e expuxo polo miúdo a estratexia coa que Galicia afrontará o novo periodo de fondos comunitarios. Na súa intervención, o conselleiro lembrou a necesidade de reorientar o destino dos recursos comunitarios e subliñou o que é o obxectivo global do Mecega: “unha Galicia que acade o reto da converxencia en termos de crecemento e emprego grazas ao fomento dunha economía baseada no coñecemento”.
Cara aos próximos sete anos, explicou Fernández Antonio, Galicia ten un escenario de novas oportunidades coas que impulsar o seu crecemento económico e a converxencia real coa Unión Europeo. No novo período, engadiu, as medidas que se recollerán nos Programas Operativos dos fondos estruturais serán o reflexo, “a folla de ruta”, para a Galicia do 2013. “Estamos ante unha oportunidade histórica de mellorar e reforzar a competitividade da economía galega mediante a utilización dos instrumentos da política de cohesión”, indicou.
Neste sentido, o Mecega pon énfase no aumento da competitividade económica e empresarial, na incorporación ás novas tecnoloxías e á sociedade da información, e na creación de emprego de calidade. O novo modelo de crecemento da economía galega, explicou o conselleiro, “permitirá un desenvolvemento económico equilibrado e sostible”. Nesta liña, Fernández Antonio aludiu a dous compoñentes básicos: o investimento como mecanismo de promoción do desenvolvemento endóxeno e como elemento fundamental para a creación de riqueza e a xeración de emprego; e a formación, a investigación e a innovación, como factores de capitalización da economía nos ámbitos tecnolóxico e de recursos humanos.
No seu repaso da situación de partida na elaboración do Marco, o conselleiro aludiu a boa situación da economía galega e ao feito de ter abordado un novo xeito de afrontar os retos. “O estamos facendo distinto”, asegurou, e agora “Galicia está máis cerca de Europa, máis cerca dos centros de decisión, e máis cerca dos investidores”. Por iso, apelou ao concurso de todolos axentes sociais que, tal e como lembrou, xa participaron no proceso de preparación do Mecega ao través de mesas de traballo.
Na suá exposición das líñas estratéxicas coas que a Xunta reorientará a utilización dos fondos comunitarios, Fernández Antonio explicou que dita reorientación recolle as prioridades que a Unión Europea estableceu a partir da revisión da Estratexia de Lisboa. Esta, á súa vez, plásmase en obxectivos que afectan a todolos factores produtivos que impulsan a actividade e o desenvolvemento económico: capital humano, capital físico e coñecemento, “todo dende a perspectiva da protección ambiental e o equilibrio territorial”, afirmou Fernández Antonio. En concreto, os catro obxectivos principais recollidos no Mecega son:
1.- Impulsar e dinamizar a economía facendo de Galicia un lugar máis atractivo para investir e traballar
2.-Incrementar a competitividade do tecido produtivo galego a través do coñecemento e a innovación.
3.-Aumentar a cohesión social e territorial de Galicia mellorando os niveis de cualificación, a calidade do emprego e a inclusión social.
4.- Reforzar a relación entre crecemento e desenvolvemento sostible.
Para acadar eses obxectivos, o Mecega recolle outros dezaseis obxectivos intermedios que, á sua vez, trasladaránse a medidas concretas nos Programas Operativos do Feder e o FSE, actualmente en proceso de elaboración para a súa incorporación ao Programa que aprobará a Comisión Europea en marzo de 2007. Nese sentido, as prioridades para o Fondo de Desenvolvemento Rexional son a Investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación; o desenvolvemento empresarial; a sociedade da información; o equilibrio territorial e accesibilidade; as enerxías renovables; o medio e desenvolvemento sostible; e o desenvolvemento rural e urbano.
Pola súa banda, as medidas do Fondo Social Europeo priorizarán o fomento do espírito empresarial e mellora da adaptabilidade dos traballadores; as posibilidades de emprego a inclusión social e a igualdade de oportunidades; e o aumento e mellora do capital humano.
Segundo o conselleiro, Galicia atópase nun “momento chave” para reorientar a súa estratexia e, concluíu, “precisamos de todo o noso esforzo para acadar estes obxectivos conxungando a enerxía das institucións, das empresas e dos cidadáns”.
R.