Galicia aborda coa Comisión Europea a nova visión da acción exterior europea
Isto ofrecerá “seguridade e equidade ós inversores, sostibilidade para os socios e beneficios a longo prazo para todos”. No encontro de hoxe, a visión institucional da Global Gateway foi presentada por Laurent Sillano, asesor na Dirección Xeral de Asociacións Internacionais (DG INTPA) da Comisión Europea.A perspectiva galega foi abordada por José Manuel Blanco, subdirector xeral de Análise e Programación na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, quen lle achegou aos asistentes a Estratexia galega de Acción Exterior (Egaex) para o período 2023-2027, o instrumento co que Galicia aproveita as oportunidades de internacionalización e avalía a súa influencia exterior.
Encontros virtuais entre a Xunta e as institucións europeas
O ciclo de Encontros Virtuais Xunta-UE reúne cada mes á Xunta de Galicia con representantes das institucións europeas para abordar de forma conxunta as políticas impulsadas desde a UE. Organizado pola Fundación Galicia Europa dende setembro do 2020, fomenta o debate de multitude de temas da axenda comunitaria, como a Estratexia Industrial para Europa, o Pacto Verde ou a Axenda Dixital Europea.
R.



