Galicia e outras rexións europeas avalían a dimensión rexional da loita contra o tráfico de drogas

Tamén nesta última comisión CIVEX, o director xeral interveu para compartir a súa valoración da oitava edición do foro internacional Cidades e rexións pola cooperación internacional. Celebrada o pasado mes de decembro, contou coa súa participación na sesión de clausura en calidade de representante do CdR.
Na súa intervención, Jesús Gamallo destacou o traballo desenvolvido nas 25 mesas de debate celebradas ao longo do foro. Finalmente, pechou cunhas conclusións nas que subliñou a importancia da cooperación descentralizada e da Global Gateway, a estratexia europea que pretende colmar o déficit de financiamento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) mediante a creación de vínculos a nivel global que impulsen o investimento en infraestruturas sostibles e de calidade.
Galicia nas comisións CIVEX e NAT do Comité das Rexións
No actual mandato 2020-2025 do Comité Europeo das Rexións, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). Esta última elabora ditames en materia de seguridade, liberdade, xustiza, política migratoria e cidadanía, polo que nestes momentos contribúe de maneira fundamental a reforzar a democracia europea.
Na reunión da CIVEX celebrada hoxe tamén tivo lugar a aprobación de dous ditames sobre a situación da política de ampliación, un intercambio de puntos de vista sobre a subsidariedade activa e un debate sobre o Paquete de Defensa da Democracia.
R.