Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

A Comisión Europea outorga a Galicia o máximo galardón como Rexión de Referencia na adopción de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

A Comisión Europea, a través da iniciativa estratéxica European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing (EIP on AHA), concedeu hoxe en Bruxelas o máximo galardón a Galicia como Rexión de Referencia no desenvolvemento e a adopción de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable con catro estrelas, das catro posibles.

Nun acto celebrado hoxe, e retransmitido pola Comisión Europea, o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, en representación da Consellería de Sanidade, recibiu o máximo galardón.

O recoñecemento enmárcase dentro cuarta convocatoria de Reference Sites 2022. Na súa primeira edición en 2013, Galicia foi recoñecida coma Reference Site con dúas estrelas e recibiu unha das cinco mencións de honra dadas pola Comisión para reflectir os logros conseguidos pola nosa historia clínica electrónica tanto en resultados como en integración. Posteriormente, na seguinte convocatoria en 2016, Galicia logrou tres estrelas das catro posibles, logrando en 2019 o máximo galardón con catro estrelas que conseguiu revalidar.

Candidatura

En xullo deste ano, a Consellería de Sanidade, a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, presentou a candidatura para optar a reacreditación que ten lugar cada tres anos, demostrando a existencia de estratexias integrais para avanzar en innovación para un envellecemento activo e saudable, baseado nun modelo de “cuádrupla hélice” que inclúe á industria, a sociedade, a academia e as autoridades gobernamentais a nivel rexional e local.

A candidatura mostrou a aposta do departamento que dirixe Julio García Comesaña pola compra pública innovadora, con proxectos como o Plan de envellecemento activo Código 100, e proxectos actualmente en marcha como INNOVATRIAL ou Innova MicroLab. A candidatura inclúe a posta en marcha do primeiro living lab de saúde do Sergas no Hospital Universitario de Ourense, rexión das máis envellecidas de Europa. Recolle tamén a internacionalización do sistema público de saúde con iniciativas lideradas por Galicia como o proxecto TITTAN -rede de intercambio europea de boas prácticas para potenciar a innovación naquelas liñas de traballo que afectan ao envellecemento-.

A aposta pola dixitalización e a Intelixencia Artificial da Consellería de Sanidade volveu ser premiada pola iniciativa europea. Con experiencia a longo prazo no desenvolvemento de sistemas baseados en IA como CADIA (Hospital2050) ou ADICAD (InnovaSaúde), a candidatura tamén recolleu iniciativas en marcha como TARTAGLIA -rede federada de Intelixencia Artificial para acelerar a Investigación Sanitaria-; ou a oitava área sanitaria do Sergas, que permite aos profesionais acceder a toda a información clínica de forma anonimizada.
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información