Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra reivindica o feito a man a través do traballo de 22 obradoiros

Ao longo de toda a xornada celebraranse tamén catro obradoiros gratuítos e abertos ao público para achegar os oficios artesanais á sociedade, especialmente aos máis pequenos, e contribuír así a visibilizar a marca Artesanía de Galicia. Así, os artesáns Susana González, de Terralume (A Coruña), e Antón Román (Gondomar) impartirán un taller de iniciación ao torno cerámico. Pola súa parte, María José Martínez e José Antonio Carrera (Vigo) realizarán un obradoiro de creación de cianotipias e outro sobre a técnica de estampaxe xaponesa shitotaku. A artesá Iria Ribadomar, do obradoiro Deica! (Santiago de Compostela), estará á fronte dun de debuxo.
R.