Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

A candidatura da Ribeira Sacra será avaliada polo comité da Unesco en China no verán de 2021

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

Neste sentido, cómpre destacar que a candidatura da Ribeira Sacra está actualmente na súa última fase e nuns meses clave nos que a Xunta de Galicia, co fin de conseguir a declaración, está estreitando o contacto cos examinadores da UNESCO, que recentemente tiveron a oportunidade de trasladarse ata o territorio para comprobar a súa importancia cultural, patrimonial e paisaxística.

Na sesión celebrada hoxe, e na que tamén participou o embaixador de España ante a UNESCO, Juan Andrés Perelló, así como representantes de diferentes comunidades, tamén se confirmou que no vindeiro ano presentarase a candidatura conxunta de Portugal e Galicia Ponte...nas ondas! para a súa inclusión no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda da UNESCO. Trátase dun proxecto no que a Comunidade galega e as rexións lusas de Minho, Trásos-Montes e Douro e que está dirixido a poboación escolar e que está impulsado por unha asociación de profesores co obxectivo de promover a integración do patrimonio cultural, dos coñecementos tradicionais e dos rituais festivos no ámbito escolar.

Traballo iniciado en 2015

A actuación da Administración autonómica para que o territorio da Ribeira Sacra se incorpore a Lista do Patrimonio Mundial iniciouse no ano 2015 e recibiu un importante impulso no ano 2018 coa declaración como ben de interese cultural (BIC) coa categoría de paisaxe cultural poñendo de manifesto o valor excepcional e sobranceiro desta zona de Lugo e Ourense. Incluíse neste recoñecemento outros bens e manifestacións que complementan o seu sentido e valor cultural, así como á zona de amortecemento como medida de reforzo das condicións para a súa salvagarda.

Desde entón, o Goberno galego impulsou un intenso traballo que, na súa última fase, se materializou na constitución da Comisión Interdepartamental da Ribeira Sacra, un organismo no que participan sete consellerías e que permite continuar avanzando coas máximas garantías no desenvolvemento da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, co obxectivo de que o territorio obteña este recoñecemento que en Galicia xa teñen a Cidade vella de Compostela, os Camiños de Santiago, tanto Francés como os do Norte, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules.

Rehabilitación do Patrimonio

Ademais, nestes últimos anos a Xunta de Galicia mantivo un forte compromiso inversor reflectido nun plan específico para este territorio dotado con 34M€ co fin de reforzar a candidatura. En concreto, desde o punto de vista do patrimonio cultural, os investimentos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade entre 2017-2020 ascende a máis de 6M€, o que inclúe as melloras en diferentes bens de Lugo e Ourense. Proba disto é que este ano puxéronse en marcha unha ducia de actuacións que permitirán recuperar e rehabilitar elementos de elevado valor patrimonial como, por exemplo, as levadas a cabo no colexio do Cardeal, en Monforte, nas igrexas de Santo Estevo de Ribas de Miño, de Santo Estevo de Atán, de San Xoan de Portomarín ou de San Xiao de Lobios, ou nos mosteiros de Santa María de Ferreira, de Santo Estevo de Rivas de Sil ou de Santa María de Xunqueira de Espadanedo.
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información