Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

A Xunta remite ao Goberno unha proposta de reforma da Lei Orgánica de Saúde para loitar contra a covid-19

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

Nesa liña, o presidente da Xunta insistiu en que “é absolutamente imprescindible modificar a Lei Orgánica de Saúde Pública para poder xestionar con eficacia por parte das comunidades autónomas a pandemia” e para garantir a seguridade xurídica, os dereitos dos cidadáns e o funcionamento correcto dos operadores xudiciais en España.

Con este obxectivo, Feijóo subliñou que esta proposta de reforma, “construtiva e leal”, está baseada en dous grandes bloques: por unha banda, a inclusión dun catálogo de medidas; e, por outra, os requisitos que se deben dar para poder adoptar esas medidas.

No tocante ao catálogo de medidas limitativas dos dereitos e liberdades que poden adoptar as autoridades sanitarias para o control de enfermidades, o titular da Xunta destacou, en primeiro lugar, as referidas ao control das persoas enfermas, así como o sometemento destas ao tratamento adecuado.

En segundo lugar, referiuse ás medidas de control destinadas aos chamados contactos estreitos: o seu sometemento a observación ou vixilancia do seu estado de saúde, exame médico ou probas diagnósticas, así como as medidas de prevención da enfermidade, mesmo a vacinación. “Temos que regular que esta vacina é unha vacina obrigatoria e, polo tanto, estar preparados para que, cando teñamos a vacina, a vacina obrigatoria non sexa unha cuestión que teñamos que xudicializar, senón que sexa unha cuestión que a lei orgánica prevé expresamente”, aseverou.

En terceiro lugar, subliñou as medidas de control do entorno dos enfermos e das zonas afectadas: medidas que comporten a limitación ou restrición da circulación; medidas de control de saída ou entrada na zona; restricións nas agrupacións ou concentracións, incluídas as reunións privadas; e a posibilidade de realizar probas diagnósticas de grupos de poboación determinados.

O presidente da Xunta salientou que todas estas medidas deben forman parte do ordenamento xurídico no ámbito da lexislación sanitaria, deben ter un rango normativo básico e debemos telo “de forma inmediata para non vivir nun sobresalto continuo”.

En canto aos requisitos, Feijóo precisou que en todo momento as medidas se adoptarán coa urxencia que o caso requira, de xeito motivado, deberán publicarse no diario oficial correspondente e serán sempre temporais.

Así, as medidas respectarán en todo caso a dignidade da persoa; buscarase sempre con preferencia a colaboración voluntaria; non se poderán ordenar medidas obrigatorias que impliquen risco para a vida; e procurarase sempre que sexan as que menos prexudiquen o principio de libre circulación, liberdade de empresa e outros dereitos. Estas medidas, “en definitiva, teñen que ser adecuadas, necesarias e ponderadas”, concluíu.
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información