Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

O selo lácteo ‘Galega 100%’ avala e identifica o leite galego de calidade

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

O lácteo galego, un sector estratéxico

Galicia é unha das rexións con maior produción de leite de toda Europa, e o líder en España. Practicamente un 40% da produción de leite en España sae da comunidade galega, que ten ademais máis da metade das explotacións lácteas do país. Todo isto é posible grazas a máis de 7.000 gandeiros que producen preto de 2,8 millóns de toneladas anuais, e que facturan uns 800 millóns de euros ao ano.

E non só falamos dunha grande produción desde o punto de vista cuantitativo, senón tamén cualitativo: Precisamente iso é o que garante e identifica de xeito sinxelo ‘Galega 100%’, leite da maior calidade. O selo tamén favorece o posicionamento da marca nos mercados, xa que o consumidor que adquire produtos con este selo sabe que está comprando leite de Galicia e de calidade excepcional.

Unha intensa actividade de promoción

Para impulsar e dar a coñecer este selo, estase desenvolvendo unha gran campaña de promoción. No ano 2019 o selo participou en eventos gastronómicos como o Forum Gastrónomico da Coruña, Xantar (Ourense) ou Expordes; tamén en competicións deportivas como os partidos de baloncesto en Ourense ou as carreiras pedestres en Frades, Porto do Son e Santiago de Compostela. En todas estas actividades foron repartidos máis de 60.000 briks de leite acompañados de folletos informativos sobre a marca, as súas vantaxes, e como identificar este leite nos puntos de venta.

'Galega 100%' e Galicia Calidade

Galicia Calidade é un selo con ampla traxectoria na nosa comunidade, que pretende dar un valor engadido a produtos galegos de calidade: produtos con Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida, produtos derivados de razas gandeiras autóctonas galegas, ou simplemente que cumpran os requirimentos de excelencia en procesos de produción e transformación.

E non só iso, senón que ademais é unha aposta transversal e estratéxica, enmarcada na Galicia Verde, a Galicia Innovadora, a Galicia Moza e a Galicia Familiar.

A partir deste ano o selo ‘Galega 100%’ vaise beneficiar tamén deste pulo, a través de prescriptores nacionais e internacionais, nun proxecto que irá aumentando progresivamente o seu alcance (comezando co autonómico, para seguir despois co nacional e internacional). O cumio deste proxecto chegará no I Congreso Internacional de Galicia Calidade, que vai poñer en valor a oferta de todas as empresas que se acollen a este selo en xeral, e daquelas dedicadas á produción alimentaria en particular, cun énfase especial no concepto de Dieta Atlántica.

R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información