Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Galicia presenta en Bruxelas a súa experiencia para facer fronte á transición dixital no marco da nova Estratexia Dixital Europea

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Bruxelas na segunda reunión de CIVEX do novo mandato 2020-2025 do CdR. Dos catro debates celebrados, salienta o dedicado a como utilizar as novas ferramentas dixitais para mellorar os servizos públicos e achegar o proceso de toma de decisións o máis posible aos cidadáns. Este debate precede á elaboración dun ditame que será aprobado o próximo verán e encádrase na nova política dixital europea que vén de anunciar a Comisión Europea.

Jesús Gamallo explicou o camiño percorrido pola Xunta dende a adopción dunha primeira axenda dixital en 2010 ata a actual Axenda Dixital 2020, pasando pola aprobación da Lei da Administración Dixital de Galicia o ano pasado. Estes instrumentos permitiron mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en Galicia e establecer un marco para o desenvolvemento da administración electrónica e a dixitalización empresarial. O Goberno galego está traballando cos axentes sociais e económicos para deseñar unha Estratexia Dixital de Galicia 2030 coa que abordar os novos retos da transformación dixital en liña coa actual axenda europea. A capacitación dixital da sociedade a través da aprendizaxe permanente, a necesidade de novos perfís profesionais derivados da dixitalización ou a adaptación do marco xurídico aos usos e aplicación das tecnoloxías emerxentes son algúns dos desafíos que aborda esta futura estratexia.

Os máis de 70 representantes rexionais e locais presentes na reunión destacaron como os avances tecnolóxicos están transformando a forma en que a administración pública traballa e se relaciona cos cidadáns, permitindo unha maior participación destes na toma de decisións máis aló dos comicios electorais. A recolección de datos de calidade ou a intelixencia artificial teñen un gran potencial para mellorar esta participación e, en xeral, os servizos públicos. Ao mesmo tempo, no debate quedou patente como o uso desta tecnoloxía debe facer fronte a desafíos como a propia xestión de datos, a ciberseguridade ou a necesidade de coordinación entre os diferentes niveles de goberno.

Dar forma ao futuro dixital de Europa

Este debate ten lugar unha semana despois de que a Comisión Europea fixera públicos os primeiros documentos da súa nova estratexia para facer fronte á transformación dixital, de forma que esta redunde en beneficio de todos. Trátase de dar forma ao futuro dixital de Europa, abarcando aspectos como a ciberseguridade, as infraestruturas críticas, a educación dixital ás capacidades e a democracia aos medios de comunicación. A estratexia presenta unha sociedade europea impulsada por solucións dixitais que sitúan nun lugar preferente ás persoas ao tempo que abre novas oportunidades para as empresas e favorece o desenvolvemento dunha tecnoloxía fiable. A dixitalización é vista, ademais, como un factor clave na loita contra o cambio climático e na consecución da transición ecolóxica.

Como primeiros pasos, a Comisión Europea publicou unha estratexia europea de datos e un documento de reflexión (Libro Blanco) no que contempla diferentes opcións para garantir un desenvolvemento da intelixencia artificial centrado no ser humano. Sobre ambos documentos, existen consultas públicas abertas ata o mes de maio.

Ao longo deste ano, a Comisión presentará un plan de acción europeo para a democracia, proporá unha revisión do regulamento sobre identificación electrónica e reforzará a ciberseguridade mediante a creación dunha unidade informática conxunta. No plano internacional, Europa continuará construíndo alianzas con outros socios, aproveitando o seu poder regulatorio e a súas capacidades, para promover o modelo europeo de dixitalización.

Adopción do programa de traballo de CIVEX para 2020

Tras a constitución do sétimo mandato do CdR hai dúas semanas, a comisión CIVEX adoptou un programa de traballo seguindo as prioridades políticas do CdR, o programa de traballo anual da Comisión Europea e as novas directrices dadas para aumentar o impacto político do CdR no proceso comunitario de toma de decisións. As áreas prioritarias identificadas refírense ao futuro de Europa, boa gobernanza e subsidiariedade; democracia e promoción da nosa forma de vida europea; migración, integración e asilo, e políticas de veciñanza, ampliación e desenvolvemento.

A Comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións

O Comité Europeo das Rexións (CDR) representa aos entes locais e rexionais de toda a Unión Europea, asesorando sobre a elaboración de políticas e lexislación que teñen un impacto directo sobre estes. Galicia conta cun membro titular e outro suplente nesta asemblea política integrada por 329 membros e outros tantos suplentes. No actual mandato 2020-2025, Galicia participa na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) e na Comisión de Recursos Naturais (NAT).
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información