O tempo medio de espera cirúrxica en Galicia sitúase nos 56,4 días

No primeiro semestre deste ano, o tempo medio de demora para as primeiras consultas de enfermidade consolidouse por debaixo dos 40 días (situouse en 37,6 días), e para as probas diagnósticas mantense en 59,1 días.
O Sergas continúa cumprindo o compromiso de atender as patoloxías máis graves (prioridade 1) por debaixo dos 30 días. No primeiro semestre de 2019, os pacientes de prioridade 1 agardaron unha media de 16 días.
Ademais, o Sergas segue a traballar na implantación das vías rápidas de cancro (implantadas en todas as EOXIs) para dar unha resposta aos pacientes de acordo coas súas necesidades, xa que están orientadas a procesos que requiran unha intervención rápida por motivos de gravidade do doentes ao obxecto de mellorar a calidade de vida das persoas que sofren estas patoloxías e incrementar a súa supervivencia. En total beneficiáronse deste procedemento nos primeiros seis meses deste ano 8.703 pacientes, cunha espera media de 5,9 días.
E cómpre destacar tamén, no que atinxe á Lei de Garantías, que dende a entrada en vigor o 10 de xaneiro de 2018 do decreto que regula o sistema de garantías de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, e ata o 30 de xuño de 2019, un total de 65.883 persoas se beneficiaron deste dereito.
R.