O Plan de Transporte Público de Galicia garante que o 97% da poboación galega teña unha parada a menos de 1.000 metros

Transporte compartido e servizos baixo demanda
Dentro deste Plan, o transporte compartido e baixo demanda, que tanto éxito e beneficios tiveron para os cidadáns desde a súa introdución en 2017, continuarán a estenderse a toda a comunidade, para aumentar a cobertura nas zonas onde antes no chegaba o transporte público, especialmente no rural. Estas fórmulas acadan unha maior eficiencia e rendibilidade social, evitando a circulación de autobuses baleiros.
Polo sistema do transporte compartido, en determinadas rutas os veciños poden empregar as prazas baleiras do autobús que leva aos rapaces á escola, sempre cun servizo de acompañante para os alumnos. E cos servizos baixo demanda dáse resposta ao elevado nivel de dispersión e envellecemento da poboación galega, adaptándose o transporte ás necesidades dos usuarios, tanto en tempos de percorrido como en cobertura territorial. Os interesados en utilizar este sistema só deben chamar ao teléfono 988 68 78 00, facendo a súa reserva antes das 20,00 horas do día laborable anterior a aquel no que se desexe viaxar. Ademais, a través da páxina web www.bus.gal tamén poderán consultar os horarios e servizos de transporte baixo demanda.
Participación no Plan
Nesta segunda fase do Plan, a Xunta ten realizado xa unha primeira etapa de participación pública pública para elaborar os mapas de liñas tras centos de enquisas a usuarios e entrevistas individuais cos concellos, efectuándose así mesmo xuntanzas concello a concello para coñecer as súas demandas particulares, escoitando as solicitudes dos concellos en materia de transporte público co fin de atendelas e proporcionarlles aos cidadáns uns servizos eficaces que melloren as súas comunicacións e polo tanto a súa calidade de vida.
Manterase o Emprego
Por último, cabe reseñar que o Plan de transporte público de Galicia blinda a creación e consolidación dos postos de traballo, tal e como xa efectuou na primeira fase. Deste xeito, garantízase a subrogación de todos os traballadores que están prestando os servizos, garantindo a continuidade dos seus empregos, tanto dos condutores como dos acompañantes escolares dos autobuses compartidos. As cláusulas sociais da totalidade do Plan de transporte público permitirán dar continuidade a máis de 3.000 postos de traballo, entre condutores e acompañantes.
Axéitase esta Plan ás características do tecido empresarial galego do sector, formado en gran parte por pequenas e medianas empresas, polo que os contratos de transporte están dimensionados para que poidan acceder a eles, en solitario ou en UTE, empresas de pequeno e mediano tamaño, garantindo así o emprego.
R.