Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

Entregados os Premios do Comercio Galego 2018 ós establecementos que destacan na innovación comercial

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
O Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 3.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 2.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 1.500 euros.

Nesta ocasión, o Premio Comercio de Galicia 2018 recaeu en Del mar al plato, unha peixería viguesa que vende on line e de xeito presencial, e que envía a empresas e domicilios o produto das lonxas galegas, sen intermediarios, en menos de 24 horas.

Na Coruña, resultou gañador o establecemento compostelán Le Petit Coin, con moda e decoración centrada nos máis pequenos. Entre outros aspectos, o xurado destacou que empregan o chat como nova canle de márketing, así como o deseño da súa páxina web e a presenza en redes sociais.

En Lugo, resultou premiado o bazar Tobarix, un comercio con gran tradición do que se destaca, ademais do seu uso da rede, a participación en diferentes iniciativas de dinamización comercial e a súa implicación na vida da cidade.

No que respecta a Ourense, o recoñecemento correspondeulle a The Cosmethics, unha tenda de cosméticos naturais e orgánicos de alta gama con sede en Allariz e que desenvolve boa parte da súa actividade a través do comercio electrónico, con envíos totalmente personalizados e orientando en base ao tipo de pel de cada persoa.

No tocante á provincia de Pontevedra, prémiase o negocio vigués Sémola, dedicado á elaboración de pan e doces. Á hora de conceder o galardón, destácase o deseño das tendas, a presenza on line e a posta en marcha de campañas promocionais. Do mesmo xeito, tamén se destaca a elaboración de produtos pensados especialmente para nenos, con packaging propio deseñado por unha ilustradora.

Ademais, dentro dos Premios do Comercio Galego tamén se inclúe o premio Iniciativa Dixital, para asociacións de comerciantes. Nesta categoría elíxese entre aquelas asociacións que poñan en práctica proxectos tecnolóxicos vinculados ao comercio que inclúan presenza na rede, utilización de novas tecnoloxías e que incrementen a fidelización e os servizos prestados aos clientes. Resultou gañadora a Asociación de Empresarios do Deza, pola súa iniciativa de fidelización APP bigpoint, unha aplicación que permite aos usuarios acceder ás ofertas do comercio local e recuperar parte do importe das súas compras para realizar outras.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliñou hoxe na entrega dos Premios do Comercio Galego 2018 que os galardoados neste certame deixan patente que o comercio de proximidade sabe reinventarse para afrontar novos retos. Na súa intervención, Conde, que destacou o enorme esforzo que está a realizar o comercio galego por adaptarse ás cada vez máis esixentes demandas dos consumidores. Neste sentido, as prioridades da Xunta neste eido para o próximo ano seguirán sendo a dixitalización e a innovación do sector, un ámbito ao que se destinará preto dun 12% máis no orzamento.

Esta decisión permitirá a posta en marcha de novas iniciativas como os laboratorios dixitais, que asesorarán e guiarán aos comerciantes nesta materia; e tamén posibilitará incidir en aspectos como a ecoinnovación, buscando a sustentabilidade ambiental e a aposta por un sector comercial vinculado ao coidado do entorno.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, que sinalou que nos últimos seis anos a Xunta colaborou coa posta en marcha de máis de 4600 actuacións de dixitalización no pequeno comercio galego, fixo fincapé en que, no actual mercado global, cómpre converter os desafíos en oportunidades, e que o comercio de proximidade ten no trato coidado e na calidade a súa mellor carta de presentación.
R.

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.
No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información