Os premios galegos de arquitectura distinguen ao Campus da Auga de Ourense, a Edar de Vigo e as instalacións de Finsa en Santiago

Na categoría de Sustentabilidade o premio foi concedido ao proxecto das instalacións de Norvento no parque empresarial das Gándaras, en Lugo.
Premio de Arquitectura
Con respecto a estes tres proxectos que recibiron conxuntamente o premio na categoría de Arquitectura cabe sinalar que o edificio do Campus da Auga é un proxecto de Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias, o edificio está emprazado no campus de Ourense da Universidade de Vigo e está destinado aos laboratorios de investigación relacionados coa auga.
Con relación á Edar de Lagares, en Vigo, o galardón distingue o proxecto do realizado por Perfecto Cendón e Javier Suances.
Mentres que o proxecto das instalación de Finsa, redactado por Miguel Alonso Flamarique, Roberto Erviti Machain, Mamen Escorihuela Vitales e Antón Varela García, distingue a reforma integral dos dous edificios de oficinas existentes, a construción dun novo edificio de conexión entre ambos e a urbanización da súa entorno.
As mencións nesta categoría corresponden a casa unifamiliar en Cee, de Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López. E ao aparcamento na rúa Xuíz Falcone, en Noia, de Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xabier Liñarez Túñez
Premio de rehabilitación
Na categoría de rehabilitación premiase á Curtiduría, proxecto foi redactado por Víctor López Cotelo e Ángel Panero Pardo, consistente na recuperación da antiga fábrica de curtidos emprazada en Pontepedriña de Arriba, en Santiago, e ao que a Fundación Laboral de la Construcción dedicou, unha vez rehabilitada, ás instalacións do Centro de Referencia de Formación en Rehabilitación.
As dúas mencións neste apartado corresponden ao proxecto de Eva Castro Álvarez, de rehabilitación de vivendas na Ferrería, en Vigo e ao proxecto de acondicionamento do cuartel da Guardia Civil en Ferrol, do Estudio Anta Arquitectos, Sergio Beceiro Lodeiro e Rosa Vilas Ramalde.
Premio Sustentabilidade
O premio á sustentabilidade foi concedido ao proxecto das instalacións que a empresa Norvento construíu no parque empresarial das Gándaras (Lugo), e que se traduce nun edificio autónomo enerxética mente, non conectado á rede. Este proxecto foi redactado por Francisco Mangado e Idoia Alonso Barberena.
Traxectoria profesional
Finalmente, o arquitecto Javier Suances foi distinguido co premio especial à traxectoria profesional polo xurado dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia que este ano celebrou a súa segunda edición, deste premio de carácter bianual que convoca o departamento de Infraestruturas da Xunta.
R.