Notas
-
O IX Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2019, que se celebrará do 6 ao 9 de xuño, desenvolverá unha vez máis a súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística, a cal converterá de novo ao certame nunha importante plataforma de negocio para a oferta turística. No seu marco reuniranse 48 operadores turísticos, catro máis que na pasada edición, de España e doutros dez países con gran interese como emisores de turismo. Así, proceden de Alemaña, Brasil, EE.UU, Finlandia, Italia, Irlanda, Portugal, Rusia, Suecia e Suíza.
-
Presentouse hoxe o proxecto Tutatis nZE – near Zero Emission, que pretende lograr a autosuficiencia enerxética nas Illas Cíes e Ons mediante a xeración de enerxía 100% renovable, co fin de que ambas illas avancen cara as cero emisións. O proxecto, impulsado polo Porto de Vigo, pretende crear un sistema sostible de aproveitamento dos recursos naturais, integrado na contorna e capaz de cubrir a demanda de enerxía e de auga de Cíes e de Ons.
-
A nova edición da Maker Faire Galicia ven con dúas novidades: celebrarase a principios do verán e, debido ao éxito das anteriores, pasará de 3 a 5 días de duración, ampliando as xornadas profesionais de unha a tres xornadas. A Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para tódolos públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.
-
A partir da análise dos datos bibliográficos de produción científica contidos en Web of Science, o ránking Leiden mantén un ano máis á USC entre as mil mellores universidades do mundo. A institución ascende á posición 446 da listaxe xeral, posicionándose como a 153 entre as mellores de Europa e a décimo terceira das españolas. A clasificación inclúe 963 universidades de 56 países que “teñen en común un alto grao de intensidade de investigación”.
-
Despois de ano e medio de traballo e coa participación de máis de 2.000 persoas, 'Compartimos Plan' ofrece unha diagnose para a detección de necesidades, unha guía de recursos existentes na materia nos distintos concellos, unha guía de boas prácticas e tamén o plan de acción pola igualdade de xénero. O proxecto desenvolveuse cunha metodoloxía participativa, dinámica e colaborativa que tivo tamén como obxectivo a sensibilización e concienciación.
-
A Feira Expovacaciones amosa alternativas innovadoras e as tendencias máis interesantes en rutas e destinos turísticos nacionais e internacionais, así como innovadoras alternativas de ocio e tempo libre. Este ano, como novidade a feira incorpora un novo concepto baseado no deporte, a gastronomía e a aventura para que os viaxeiros poidan elixir destinos segundo as actividades, excelencias gastronómicas do territorio ou nas vivencias descoñecidas.
-
A XVIII romaría etnográfica "Raigame" dedica esta edición ás feiras ao longo dos séculos XIX e XX e ao gando, e contará como novidade coa representación dunha feira de gando e coa mostra de exemplares das diferentes razas autóctonas gandeiras, así como demostracións dos traballos que realizaban. As rúas de Vilanova, un ano máis punto de encontro da etnografía galega, encheranse un ano máis de oficios tradicionais e cultura popular.
-
Presentouse en Santiago de Compostela a segunda edición da campaña Días azuis do comercio galego, que se celebrará do 13 ao 26 de maio co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade. Durante estas dúas semanas o obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade. Os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas dúas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante.
-
A Feira Nacional do Viño celebra a súa X edición coa previsión de acadar máis de 7.013 reunións. Este ano acreditáronse algo máis de 19.000 compradores, dos que case 14.000 son nacionais, uns 3.000 internacionais e 2.000 profesionais do viño en xeral. Ademais, rexistráronse algo máis de 3.000 expositores, aínda que no conxunto da feira estarán presentes máis de 25.500 persoas e preto de 2.000 adegas. Das 44 empresas, 25 pertencen á DO Rías Baixas, 9 ao Ribeiro, 6 á Ribeira Sacra e 4 á Valdeorras.
-
Nesta terceira edición, participarán doce pemes innovadoras das 4 provincias galegas: 5 da provincia da Coruña -Dairylac, Orballo Innovaciones Forestales, Software 4 Science Developments, NasasBiotech e Celtalga Extract-; 3 de Lugo -Laboratorio CIFGA, Applied Mass Spectrometry Laboratory (AMSlab) e TasteLab-; 1 de Ourense -Mosquera Villavidal-; e 3 de Pontevedra -Hifas da Terra, Horticultura Hidropónica e Ibérica de Esponjas Vegetales-.