Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

O programa Galicia Calidade en ruta achega produtos gastronómicos a profesionais e consumidores en Ourense

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, levou a Ourense a súa campaña “Galicia Calidade en ruta”, que está a percorrer as sete cidades galegas con demostracións, talleres e showcookings para achegar a profesionais e consumidores a excelencia dos seus produtos gastronómicos.

No acto de inauguración, no que estivo tamén presente o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, defendeu que esta marca é “o mellor pasaporte” das empresas galegas para acceder aos mercados internacionais, xa que representa o “ADN galego dos produtos e servizos e o compromiso coa calidade”.

Desde xeito, tal e como subliñou Alfonso Cabaleiro, a campaña Galicia Calidade en ruta aposta pola calidade como o mellor xeito de acceder aos mercados máis competitivos e esixentes, xa que a marca representa o compromiso das empresas galegas co esforzo por ofrecer os mellores produtos e servizos; e o uso das mellores prácticas para a produción, elaboración e comercialización dos produtos.

Pola súa banda, Rogelio Martínez apuntou que cada vez son máis os consumidores que buscan produtos amparados polo certificado de garantía galego xa que recoñecen nel “confianza, prestixio e calidade”

A acción está enfocada aos profesionais do sector da gastronomía (hostalaría, restauración e retail), consumidores e prescritores, co obxectivo de poñer en valor os produtos do sector alimentario certificados por Galicia Calidade.

Galicia Calidade en ruta consiste nun roadshow no interior dun camión adaptado que, ademais de en Ourense, estará en Pontevedra (6 de decembro), Lugo (9), Vigo (12 e 13), Ferrol (16) e A Coruña (19 e 20), e no que se realizarán diversos showcookings, catas de viños e degustacións de produtos amparados por Galicia Calidade. A iniciativa xa arrincou o pasado venres en Santiago de Compostela.

En Ourense, dentro do camión situado na Praza Maior, desenvólvense dúas accións diferentes. A primeira delas, denominada "Esencial", consiste nunha degustación de "bocados de Galicia Calidade", elaborados pola chef Marián Rodríguez, e que ofrece unha ampla mostra da versatilidade e excelencia dos produtos.

A segunda, denominada "De viños Galicia Calidade", consiste nunha maridaxe dos viños amparados por este selo con outros produtos como os xamóns, embutidos ou queixos, baixo a dirección da enóloga Cristina Murga.

A campaña Galicia Calidade en ruta, enmárcase na estratexia de reforzo de Galicia Calidade, que cumprirá 20 anos en 2015, e é unha marca recoñecida e valorada polos consumidores que conta con máis de 250 produtos certificados, de 51 empresas diferentes. Entre as empresas que contan con esta distinción figuran varias da provincia de Ourense como Coren, Aguas de Cabreiroá, Bodegas Nairoa, Bodegas Ruchel Gargalo, Patatas Conde ou Quinta do Buble.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información