Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

A IX Feira do Viño de Monterrei potencia o enoturismo e a cultura do viño de calidade en Galicia

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Verín, Juan Jiménez Morán, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes, presentaron no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” a IX Feira do Viño de Monterrei, un evento que se celebrará en Verín do 8 ao 10 de agosto e que converterá estes días á vila verinesa e á comarca de Monterrei “no gran escaparate dos viños desta denominación de orixe”, segundo afirmou o presidente provincial, engadindo que este evento “potencia a calidade e incrementa a promoción destes caldos grazas ao traballo que están a realizar o consello regulador, os adegueiros, os viticultores e o Concello de Verín coa difusión desta feira”.

Pola súa banda, Juan Jiménez dixo que a feira “pretende conxugar gastronomía, música e viño, nun evento que ten como obxectivo promover o desenvolvemento social e a cultura do viño, así como actividades deportivas e de enoturismo para fomentar o achegamento de visitantes e impulsar a imaxe da nosa comarca”. Antonio Ángel Méndez explicou que a D.O. Monterrei está a ter unha importante proxección nacional e internacional así como destacados recoñecementos, tanto en viños brancos como tintos. Detallou que o 15 % da produción expórtase ao exterior, concretamente a 22 países.

Na feira participan dez adegas e tamén dez restaurantes, que ofrecerán menús especiais durante estes días. Ademais, o programa, que se desenvolverá na Praza da Mercé, inclúe o acto de inauguración que terá lugar o día 8 de agosto, ás 20.00 horas, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, e o acto de imposición das medallas “Confraría dos Viños de Monterrei”, que se celebrará na Igrexa dos Mercedarios, unha distinción que se outorga a persoeiros que, polo seu labor, teñen contribuído ao impulso desta denominación de orixe. O programa complétase con actividades lúdicas e musicais, degustacións e xornadas enogastronómicas con propostas especiais en establecementos hostaleiros colaboradores.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información