Pasar al contenido principal
Escaparate Galego | Escaparate Gallego logo
  • Inicio
  • Tiendas
  • Alta de tienda
  • Servicios
  • ¿Cómo funciona?
  • Contacto
  • Iniciar sesión
Inicio

O Plan de Artesanía de Galicia 2014-2016 impulsará ao sector con 5 millóns de euros

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web102/web/sites/nueva.escaparategallego.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 803.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a posta en marcha do primeiro Plan de Artesanía de Galicia para o período 2014-2016, dotado con 5 millóns de euros, e que ten como obxectivo “concretar unha folla de ruta” para a artesanía en Galicia “que ten un oco na economía produtiva”, ao tratarse dun sector que emprega máis de 5.000 persoas na comunidade e do que forman parte máis de 2.500 empresas (o 86% de autónomos e o 14% pequena empresa).

Deste xeito, e ademais de consolidar e reforzar o apoio a un sector de importancia para Galicia e con moitas posibilidades de futuro, Feijóo afirmou que esta estratexia marca obxectivos moi ambiciosos como: “impulsar a creación de 100 novas empresas no sector artesán; incrementar un 50% os puntos de venda oficiais da marca Artesanía de Galicia; e conseguir aumentar un 30% as empresas que se inician en procesos de innovación no ámbito da artesanía”.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo referiuse ao plan como unha folla de ruta a longo prazo, “que non só fixemos para o sector, senón que o fixemos co sector da artesanía, concretando conxuntamente os obxectivos do sector e implementando eses obxectivos no plan que hoxe presentamos”.

“Imos dedicar 5 millóns de euros á artesanía de Galicia nos próximos tres anos, con tres liñas de actuación estratéxicas”, subliñou: maior competitividade, potenciación da marca Artesanía de Galicia e maior innovación.

No tocante á competitividade, o presidente da Xunta afirmou que esta estratexia aposta por potenciar o máximo posible o talento artesanal galego desenvolvendo unha política de apoio á creación de empresas artesás, que contarán co asesoramento a cargo de expertos; e avanzando na actualización da normativa, incidindo na regulación dos novos oficios artesanais e no recoñecemento honorífico da figura de Mestre Artesán. Así mesmo, traballarase na recuperación de oficios artesanais en extinción.

Co obxecto de potenciar a marca Artesanía de Galicia, “a única marca –dixo-, que conta cun selo destas características no conxunto das comunidades autónomas” promoverase a adhesión de establecementos comerciais a este distintivo, poñeranse en marcha novos puntos de venda propios e crearase unha tenda en liña para aproveitar as posibilidades da venda por internet.

Esta folla de ruta conta tamén con numerosas medidas encamiñadas a acadar unha maior innovación, entre as que destacan o desenvolvemento de programas piloto para a experimentación e a innovación con novos materiais; a busca da mellora dos procesos de produción, en colaboración cos centros tecnolóxicos especializados; e o impulso á cooperación coas universidades e Escolas de Arte e Superiores de Deseño, así como con deseñadores profesionais.

O presidente da Xunta destacou, ademais, a aposta pola colaboración con outros sectores, con especial atención ao do turismo, cun programa específico “para potenciar a colaboración entre as empresas artesás e as empresas do sector turístico” galego, explicou.

“Xa nos viñamos implicando nos últimos anos na artesanía”, dixo Feijóo poñendo como proba o Premio Nacional que recibiu o pasado ano a Fundación Centro Galego de Artesanía, e agora, incidiu, “xunto co sector, presentamos este programa e esta planificación para toda a lexislatura”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Buscar tiendas

No tiene JavaScript activado. Hover for more information! Pero no se preocupe: todavía puede usar este sitio web! Usted tiene dos opciones:
  • active Javascript en su navegador y después recargue esta página, para una experiencia mejorada.
  • pulse el botón Actualizar cada vez que quiera actualizar la selección.

Buscar productos y servicios

empresasdegalicia.es

websgalicia.com

Datos de la Empresa | LOPD | Aviso Legal

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información